- - Rúa de Jaca nº 5 – 1º B - - 15703 Santiago de Compostela - - E.mail: o.camino.fontinas@gmail.com - - Esta asociación cesou a súa actividade e está disolta por acordo dos seu socios e socias
Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral
domingo, 22 de xuño de 2014
Éxito na sardiñada de San Xoán.
A pesar da treboada das 8 da tarde, onte xuntáronse máis de 150 veciños e veciñas para comer sardiñas, empanada, saltar a cacharela e votar as meigas fóra con un grolo de queimada.
martes, 27 de maio de 2014
xoves, 8 de maio de 2014
Información da ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA de maio 2014
Estimados socios e socias, remítese un resumo
do tratado na asemblea xeral extraordinaria, celebrada o 7 de maio de 2014, e
os acordo tomados.
Asistentes: 19 socios e socias.
Temas tratados:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 26 de febreiro de 2014
2. Aprobación da cota de 6€ para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
3. Aprobación da modificación do Regulamento de filiación de socios/as na que se regulan as cotas dos socios/as.
4. Información sobre a última entrevista mantida pola Asociación coa concelleira Dª María Pardo Valdés.
5. Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
1) A acta da asemblea xeral ordinaria do 26 de febreiro de 2014.
2) Manter unha cota de 12€ para os socios/as e establecer a cota de 6 € para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
3) A modificación do Regulamento de filiación de socios/as nos apartados no que se establecen as cotas coa seguinte redacción:
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio/a establécese en 12€ anuais, independentemente do mes do ano en que se inscriba. Co fin de favorecer a participación nas actividades da asociación das familias e incrementar o número de socios/as, establécese unha cota anual de 6€ para segundos ou sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar, que así o acrediten cando realicen a súa solicitude.
A cota resultante das unidades familiares abonarase nun recibo único e calcularase aplicando a seguinte formula: Cota anual familiar =12€+((S+M)*6€), sendo S o nº de sucesivos socios e M o nº de socios menores. As cotas familiares sempre terán un sumando de 12€ e outro de 6€*(S+M).
4) Esta modificación entra en vigor o día 8 de maio de 2014.
5) Aplicarase ás persoas que se fagan socios/as despois desta data.
6) Aos socios/as actuais, que xa abonaran a cota de 2014, se lles aplicará a redución da cota para segundos e sucesivos socios/as a partir de 2015, debendo comunicar á Asociación os datos das persoas que integran a unidade familiar e quedan vinculados entre si.
7) Os segundos e sucesivos socios/as de socios actuais que se dean de alta na Asociación a partir do 8 de maio abonarán unha cota de 6€, deberán indicar, ademais dos seus datos persoais, o socio/a ao que se vincularán. Poderán descargar o formulario na blog da Asociación.
8) Continuar demandando ás autoridades locais, grupo de goberno e grupos da oposición, a mellora das infraestruturas e servizos do barrio.
1) Constituír unha comisión para levar a cabo as festas do San Xoán, sardiñada e cacharela, o 21 de xuño de 2014.
2) Vaise a facer unha captación de novos socios mediante a venta de invitacións para a sardiñada de San Xoán.
É moi importante facer máis socios/as na nosa familia, agora é máis barato coa modificación aprobada para as persoas dunha unidade familiar, só 6€ por persoa ao ano.
Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan maiores, no que se refire á atención prestada polas autoridades e responsables de darnos servizos, e no que se refire á posibilidade de desenvolver actividades no barrio.
Este ano temos que ser máis de 100 socios/as, invita tamén aos teus amigos/as, veciños/as, a facerse socios/as e a participar para facer barrio.

Lembra:
O prazo para o pago da cota de 2014 rematou o día 31 de marzo. Se aínda non
estás ao día coa túa cota e, para que a asociación poida facer as actividades
previstas, debes facer o pago da mesma o antes posible na CC que ten a Asociación
en NovaGalicia Banco ES15-2080-0392-2430-4000-4227.É moi importante facer máis socios/as na nosa familia, agora é máis barato coa modificación aprobada para as persoas dunha unidade familiar, só 6€ por persoa ao ano.
Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan maiores, no que se refire á atención prestada polas autoridades e responsables de darnos servizos, e no que se refire á posibilidade de desenvolver actividades no barrio.
Este ano temos que ser máis de 100 socios/as, invita tamén aos teus amigos/as, veciños/as, a facerse socios/as e a participar para facer barrio.
A
presidenta Marina López Prieto
xoves, 1 de maio de 2014
Convocatoria de asemblea xeral extraordinaria
Data: Mércores 7 de maio de
2014.
Hora: ás 20:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:45 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
▪ Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 26 de febreiro de 2014
▪ Aprobación da cota de 6€ para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
▪ Aprobación da modificación do Regulamento filiación de socios/as na que se regulan as cotas dos socios/as.
▪ Información sobre a última entrevista mantida pola Asociación coa concelleira Dª María Pardo Valdés.
▪ Rogos e preguntas.
¡¡¡ Asiste e participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio adulto é de 12€ independentemente do mes do ano en que se inscriba. A baixa na asociación non da dereito a devolución da cota. Os menores abonarán unha cota anual de 6€ ata o ano no que acaden a maioría de idade.
· Nova redacción:
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio/a establécese en 12€ anuais, independentemente do mes do ano en que se inscriba. Co fin de favorecer a participación nas actividades da asociación das familias e incrementar o número de socios/as, establécese unha cota anual de 6€ para segundos ou sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar, que así o acrediten cando realicen a súa solicitude.
A cota resultante das unidades familiares abonarase nun recibo único e calcularase aplicando a seguinte formula: Cota anual familiar =12€+((S+M)*6€), sendo S o nº de sucesivos socios e M o nº de socios menores. As cotas familiares sempre terán un sumando de 12€ e outro de 6€*(S+M).
Hora: ás 20:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:45 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
▪ Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 26 de febreiro de 2014
▪ Aprobación da cota de 6€ para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
▪ Aprobación da modificación do Regulamento filiación de socios/as na que se regulan as cotas dos socios/as.
▪ Información sobre a última entrevista mantida pola Asociación coa concelleira Dª María Pardo Valdés.
▪ Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina López
Prieto
¡¡¡ Asiste e participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!
Proposta de reforma do Regulamento de filiación de socios/as.
Cota anual de socio/a:
·
Redacción en vigor:As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio adulto é de 12€ independentemente do mes do ano en que se inscriba. A baixa na asociación non da dereito a devolución da cota. Os menores abonarán unha cota anual de 6€ ata o ano no que acaden a maioría de idade.
· Nova redacción:
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio/a establécese en 12€ anuais, independentemente do mes do ano en que se inscriba. Co fin de favorecer a participación nas actividades da asociación das familias e incrementar o número de socios/as, establécese unha cota anual de 6€ para segundos ou sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar, que así o acrediten cando realicen a súa solicitude.
A cota resultante das unidades familiares abonarase nun recibo único e calcularase aplicando a seguinte formula: Cota anual familiar =12€+((S+M)*6€), sendo S o nº de sucesivos socios e M o nº de socios menores. As cotas familiares sempre terán un sumando de 12€ e outro de 6€*(S+M).
martes, 4 de marzo de 2014
Resumo da entrevista coa Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación...
Desde que se constituíu
a nosa asociación reclamouse, ao grupo de goberno e aos outros grupos
municipais, reiterada e insistentemente o arranxo das infraestruturas
deterioradas do barrio e unha mellora dos servizos públicos. Estas reclamacións recolléronse
nun informe da Xunta Directiva que foi presentado e aprobado na asemblea
extraordinaria do 27 de outubro de 2011.
Na xuntanza mantida o
día 3 de marzo de 2014 cos concelleiros do grupo de Goberno María Pardo Valdés, Luís
Meijide Rodríguez e José María Rosende Rico., a Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda... informounos do estado
en que se encontran a actuacións para dar resposta as nosas demandas, de xeito
resumido, a situación é a seguinte:
1. Actuación sobre a rúa Fonte dos
Concheiros, Fontiñas e Valiño. Xa está redactado o proxecto, aínda que está sen
superar as distintas fases previas a súa aprobación e execución. Esta actuación
será presentada aos veciños e o orzamento estimado é de 1.124.710€.
Esta actuación
ordenará os espazos, eliminará barreiras, humanizará o barrio, aumentará a
seguridade dos veciños e mellorará as infraestruturas das rúas afectadas.
2. No prazo de dous meses, a
asociación será informada sobre a posible actuación de urbanización da rúa
Altiboia.
3. Outras deficiencias, de menor
entidade, serán atendidas cos presupostos anuais que ten a de Concelleira
delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación, Cidade Histórica, Patrimonio,
Sostenibilidade, Sanidade e Cemiterios, tralo o requirimento da Asociación e despois da avaliación dos técnicos municipais.
4. Igualmente, o Concello reclamará a tres empresas, responsables de promocións de vivendas, que procedan a arranxar
os danos producidos no barrio durante a execución das obras, á eliminación de materiais de construción e á
recuperación de zonas verdes.
5. En relación o parque do Polígono
4 de Fontiñas – Cotaredo, a Asociación será recibida polo Sr. Alcalde para ser
informada e escoitada sobre todos os pormenores desta zona verde, antes da súa
inaguración.
6. Limpárase a fonte do “Cabezón”, na
rúa Fontiñas, e manteranse limpas de maleza as zonas sen urbanizar.
7. Colocaranse as placas de
identificación da rúa Cotaredo e da praza de Uruguay.
xoves, 27 de febreiro de 2014
Acordo da asemblea xeral ordinaria do 26 de febreiro de 2014
Acordos:
- Por unanimidade apróbanse a acta da asemblea xeral extraordinaria do 25 de outubro de 2013.
- Por unanimidade apróbase a memoria de actividade e memoria económica de 2013
- Por unanimidade apróbase a planificación de actividades e económica para o 2014 que será a seguinte:
- Sardiñada de San Xoán, 21 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 900 €)
- Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 800 €)
- Pincho de Nadal. (Custo estimado 300 €)
- Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
- Orzamento previsto para o ano 2014 é de 2.500 €.
- Por unanimidade apróbanse dar de baixa aos socios que, despois de comunicarlle a resolución da asemblea xeral, non abonen antes do 31 de marzo de 2014 as cotas correspondentes aos anos 2013 e 2014. O efecto da baixa terá data de 1 de abril de 2014. Faise unha excepción con un socio, que comunicou as súas dificultades económicas, prorrogándolle a súa condición de socio durante o ano 2014
- Continuar coa denuncia ante as autoridades municipais do estado lamentable dalgunhas beirarrúas do barrio e doutros servizos municipais, iluminación, contedores do lixo, rúa Altiboia, escaleiras Camiño Francés – rúa Valiño.
- Co fin de incrementar o nº de socios e socias acordouse redactar as instrucións necesarias, se non hai impedimento legal, para que as persoas que vivan nun mesmo domicilio teñan unha redución na cota das segundas e sucesivas altas de membros desa unidade familiar.
mércores, 12 de febreiro de 2014
Convocatoria asemblea xeral ordinaria 2014
Data: Mércores
26 de febreiro de 2014.
Hora: ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e
as 20:00 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de
Fontiñas.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de outubro de 2013.
- Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2013.
- Presentación e aprobación da memoria económica de 2013.
- Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2014.
- Presentación e aprobación da planificación económica para o 2014.
- Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
- Baixas de socios.
- Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina López Prieto
¡¡¡ Asiste e
participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para
mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!
Memoria
de actividade de 2013.
A asociación desenvolveu durante o ano 2013 as
seguintes actividades:
- Asemblea xeral ordinaria o 21 de febreiro de 2013.
- Asemblea xeral extraordinaria de 2 de abril de 2013.
- Asemblea xeral extraordinaria de 25 de outubro de 2013.
- 13 reunións da xunta directiva.
- Entrevistas cos Srs. concelleiros do grupo de goberno (D. Luís García Bello, Dª. María Pardo Valdés, D. Luís Meijide Rodríguez.). Do PSdeG (D. Francisco Reyes, D. Bernardino Rama e D. Gonzalo Muiños). Do BNG (D. Rubén Cela e Dª. Elvira Cienfuegos).
- Sardiñada de San Xoán.
- Magosto.
- Pincho do Nadal.
- Outras actividades (Charlas de saúde, curso de cociña)
Memoria
económica de 2013.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2013
é o que se presenta na seguinte táboa.
CC NOVAGALICIA BANCO
|
3.511,63 €
|
||
Subvencións Concello de Santiago
|
816,94 €
|
||
Tesourería
|
166,55 €
|
Efectivo
|
|
Camisetas
|
300,00 €
|
Especie 42€
|
|
SALDO a 31 de decembro
|
4.795,12 €
|
||
O balance económico do ano 2013 é o que se
presenta na seguinte táboa.
|
Conceptos
|
Ingresos
|
Gastos
|
|
|
Saldo da AV a 31 de decembro de
2012
|
4.544,94 €
|
||
|
Cotas de socios
|
864,00 €
|
|
|
|
Socio descoñecido
|
12,00 €
|
|
|
|
Financieiros (devolución 12)
|
4,80 €
|
|
|
|
Subvención 2013
|
816,94 €
|
|
|
|
Actividades (curso de cociña)
|
52,00 €
|
|
Devolución 14
|
|
Camisetas
|
300,00 €
|
272,25 €
|
|
|
Inversións
|
97,99 €
|
||
|
Administración
|
222,20 €
|
||
|
Actividades
|
1.154,32 €
|
||
|
Financeiros
|
52,80 €
|
||
|
Totais
|
6.594,68 €
|
1.799,56 €
|
|
|
SALDO a 31 de decembro
|
4.795,12 €
|
As contas están a
disposición de todos os socios e socias o día da asemblea ou cando se requira, solicitándoo
no teléfono 662 005 756.
Proposta/planificación
de actividades para o 2014.
A xunta directiva propón desenvolver en 2014
as actividades que se relacionan a continuación:
- Sardiñada de San Xoán, 21 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 900 €)
- Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 800 €)
- Pincho de Nadal. (300 €)
- Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
Proposta/planificación
económica para o 2014.
A xunta directiva propón para o ano 2014 un
orzamento de 2.500 €, segundo se especifica na táboa.
|
Concepto
|
Ingresos
|
Gastos
|
|
Cotas socios (75)
|
900,00 €
|
|
|
Subvencións
|
1.600,00 €
|
|
|
Inversións
|
|
214,00 €
|
|
Administración
|
|
250,00 €
|
|
Actividades
|
|
2.000,00 €
|
|
Financeiros
|
|
36,00 €
|
|
Totais
|
2.500,00 €
|
2.500,00 €
|
|
|
|
|
xoves, 19 de decembro de 2013
Visita ao barrio do BNG
Hoxe visitaron As Fontiñas os representantes do grupo municipal BNG, Rubén Cela e Elvira Cienfuegos, para comprobar o estado de deterioro das infraestruturas e servizos do barrio. Comprometéronse cos representantes da Asociación en apoiar as reivindicacións realizadas polos veciños e veciñas e que foron achegadas a todos os grupos políticos do Concello de Santiago hai dous anos.
mércores, 18 de decembro de 2013
Visita o barrio o grupo municipal PS de G
Hoxe visitaron As Fontiñas os representantes do grupo municipal PS de G, Francisco Reyes, Bernardino Rama e Gonzalo Muiños, para comprobar o estado de deterioro das infraestruturas e servizos do barrio. Comprometéronse cos representantes da Asociación en apoiar as reivindicacións realizadas polos veciños e veciñas e que foron achegadas a todos os grupos políticos do Concello de Santiago hai dous anos.
xoves, 12 de decembro de 2013
xoves, 7 de novembro de 2013
Magosto 2013
A Asociación,
se o tempo o permite, vai a organizar un magosto popular o próximo sábado 9 de
novembro, desde ás 18:00 horas.
Haberá unha piñata
para os nenos e nenas que veñan cos seus pais ao magosto.
LUGAR:
Parque do Cotaredo – Rúa Coto
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)