A asociación de veciños organiza o
sábado 17 de outubro, na rúa Coto, a Festa do Outono coas seguintes
actividades:
Desde as 17:00 H.
INCHABLES
(Cedidos polo Concello de Santiago)
Os nen@s deben
vir acompañados por unha persoa adulta e
respectarán as normas da organización.
Desde as 18:00 h.
2º CONCURSO DE
TORTILLAS
Haberá un agasallo para os participantes.
Premiaranse as mellores tortillas. Ver as bases ao pé da páxina.
Desde as 19:00 h.
ACTUACIÓN DA ASOCIACIÓN MUSICAL ALFAIA
Desde as 20:00 h.
MAGOSTO POPULAR E DEGUSTACIÓN DE TORTILLAS
Bases do 2º concurso de tortillas
Camiño das Fontiñas
1. Poden participar todos/as veciños/as de
Santiago, sexan socios/as ou non da asociación veciñal “O Camiño das Fontiñas”,
agás os membros do tribunal.
2. As tortillas presentadas pasan a ser
propiedade da organización para a súa degustación polos asistentes.
3. Cada participante presentará unha sola
tortilla a concurso. A tortilla terá un diámetro mínimo de 24 cm., e deberá ter
os seguintes ingredientes mínimos: ovos, patacas, cebola, sal e aceite.
4. Traerase a tortilla xa preparada da casa o
día 17 de outubro e presentarase, entre as 18:00 e as 19:15 horas, na carpa da
festa. Cada tortilla será identificada con un número e será exposta aos asistentes
ata que o tribunal faga público o seu veredicto.
5. As tortillas presentadas serán catadas e
valoradas polo xurado do concurso entre as 19:15 e as 19:45 horas. O fallo do
xurado será inapelable. Ao finalizar a cata e anunciadas as tortillas
gañadoras, todas tortillas serán cortadas en tacos para a degustación polas
persoas asistentes.
6. Os elementos a valorar polo xurado serán:
·
A presentación xeral (ata 2 ptos.), Puntúase o seu aspecto externo.
·
O sabor (ata 5 ptos.) Terase en conta os
ingredientes empregados e o punto de sal.
·
A elaboración (3 ptos.). Valorase o grado cocción dos
ingredientes.
A puntuación máxima son 10 puntos.
7. Haberá un total de 3 premios: 1º Premio:
30 €. 2º Premio: 20 €. 3º Premio: 10 €.
8. O concurso será declarado deserto no caso
que a concorrencia non acade 10 tortillas.
9. Tortillas de exhibición. Os veciños/as que
desexen participar nesta opción poden presentar cantas tortillas como queiran e
sen límites no tamaño nin nos ingredientes.
10. A participación no concurso implica a
aceptación destas bases e a cesión das tortillas á organización para su degustación
pública, aínda que o concurso se declare deserto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario