Estimados socios e socias,
A asociación de veciños organiza o
sábado 18 de outubro, na rúa Coto, a festa do outono coas seguintes
actividades:
De 16 a 19 H.
XOGOS POPULARES
INFANTÍS
Carreiras de sacos. Tiro de corda. O pano.
A culler. Piñata. Inchables. Os nen@s deben vir acompañados dos seus pais ou persoa adulta e respectarán
as normas da organización.
De 18 a 19:30 h.
1º CONCURSO DE
TORTILLAS
Premiaranse as mellores tortillas. Ver as bases ao pé
Desde as 18 h.
MAGOSTO POPULAR
ACTUACIÓN MÚSICAL
DEGUSTACIÓN de tapas de tortillas feitas polos veciñ@s,
empanada e castañas.
As bebidas
envasadas terán un custo de 1€ e as bebidas non envasadas serán de balde.
Bases do lº concurso de tortillas
Camiño das Fontiñas
1. Poden participar todos/as veciños/as de
Santiago, sexan socios/as ou non da asociación veciñal “O Camiño das Fontiñas”,
agás os membros do tribunal.
2. As tortillas presentadas pasan a ser
propiedade da organización para a súa degustación polos asistentes.
3. Cada participante presentará unha sola
tortilla a concurso. A tortilla terá un diámetro mínimo de 24 cm., e deberá ter
os seguintes ingredientes mínimos: ovos, patacas, cebola, sal e aceite.
4. Traerase a tortilla xa preparada da casa o
día 18 de outubro e presentarase, entre as 17:00 e as 18:00 horas, na carpa da
festa. Cada tortilla será identificada con un número e será exposta aos
asistentes ata que o tribunal faga publico o seu veredicto.
5. As tortillas presentadas serán catadas e
valoradas polo xurado do concurso entre as 18:30 e as 19:00 horas. O fallo do
xurado será inapelable.
6. Os elementos a valorar polo xurado serán:
·
A presentación xeral (ata 2 ptos.), Puntúase o seu aspecto externo.
·
O sabor (ata 5 ptos.) Terase en conta os
ingredientes empregados e o punto de sal.
·
A elaboración (3 ptos.). Valorase o grado cocción dos
ingredientes.
A puntuación máxima son 10 puntos.
7. Haberá un total de 3 premios: 1º Premio:
30 €. 2º Premio: 20 €. 3º Premio: 10 €.
8. O concurso será declarado deserto no caso
que a concorrencia non acade 10 tortillas.
9. Ao finalizar a cata e anunciadas as
tortillas gañadoras, todas tortillas presentadas serán cortadas en tacos para a
degustación polas persoas asistentes.
10. Tortillas de
exhibición. Os veciños/as que desexen participar nesta opción poden presentar
cantas tortillas como queiran e sen límites no tamaño nin nos ingredientes. As
tortillas que reciban máis votos do público será premiadas con un libro de
cociña (as dúas máis votadas).
11. A participación no concurso implica a
aceptación destas bases e a cesión das tortillas á organización para su degustación
pública, aínda que o concurso se declare deserto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario