Desde que se constituíu a
nosa asociación reclamouse ao grupo de goberno e aos outros grupos municipais,
reiterada e insistentemente, o arranxo das infraestruturas deterioradas do
barrio e unha mellora dos servizos públicos. Estas reclamacións recolléronse
nun informe da Xunta Directiva que foi presentado e aprobado na asemblea
extraordinaria do 27 de outubro de 2011.
Na xuntanza mantida o
día 4 de setembro de 2014 co Sr. Alcalde D. Agustín Hernández Fernández de
Rojas e os concelleiros do grupo de Goberno Luís Meijide Rodríguez e José María Rosende Rico, a xunta directiva
informou do estado en que se encontran as infraestruturas e servizos do barrio
e solicítase as actuacións para dar resposta a estas demandas, de xeito
resumido, os puntos tratados foron:
- Actuación sobre a rúa Fonte dos Concheiros, Fontiñas e Valiño. Preguntouse polo estado de esta actuación que xa ten o proxecto redactado con un orzamento de 1.124.710€. que foi presentado aos representantes da nosa Asociación por Dª María Pardo Valdés o 3 de marzo de 3014. O alcalde indicou que esta actuación executarase, pero non se sabe cando e non se comprometeu con prazos. Esta actuación ordenará os espazos, eliminará barreiras arquitectónicas, humanizará o barrio, aumentará a seguridade dos veciños e mellorará as infraestruturas das rúas afectadas.
- A urbanización da rúa Altiboia non está prevista e o Concello descoñece cal é a situación desta rúa e non está prevista ningunha actuación sobre ela a pesar do seu lamentable estado.
- Outras deficiencias de menor entidade, que foron expostos a concelleiro D. José María Rosende Rico na xuntanza mantida o 22 de agosto, (Limpeza da maleza de varios espazos verdes, limpeza e reparación da fonte do “Cabezón”, reparación de varias farolas, colocar placas de identificación das rúas Coto e Cotaredo, eliminación de barreiras arquitectónicas nun paso de peóns) serán atendidas cos presupostos anuais que ten o Concello.
- A reparación dos sendeiros do parque do Cotaredo, a ampliación das pista de chave e petanca, a mellora do chan no que están instalados os aparellos de ximnasia serán tamén acometidos polo Concello. Estudarase a posibilidade colocar unha fonte con auga potable na zona das mesas de das pistas de xogos.
- A actuación de mellora do pavimento dalgún tramo das beirarrúas e do pavimento da estrada da rúa Monte dos Postes non pode ser atendida con estes fondos polo seu custo, non existe compromiso do Concello para darlle solución nin prazos.
- A actuación sobre un tramo da beirarrúa na Rúa Valiño e escaleiras co Camiño Francés vai a ser estudada e queda pendente de confirmar a súa realización e prazos.
- A posta en marcha dos contedores soterrados das rúas Fontiñas e Coto está a espera dun informe da empresa responsable para coñecer o porque da súa fóra de servizo.
- Vaise a estudar a posibilidade de reparar a zona das beirarrúas rúa Fonte dos Concheiros onde ai buratos de 20 cm. de profundidade. Parece ser que o problema e que é o Camiño de Santiago e isto dificulta o seu arranxo.