- - Rúa de Jaca nº 5 – 1º B - - 15703 Santiago de Compostela - - E.mail: o.camino.fontinas@gmail.com - - Esta asociación cesou a súa actividade e está disolta por acordo dos seu socios e socias
Asociación

Este blog permanecerá aberto para o interese xeral
xoves, 19 de decembro de 2013
Visita ao barrio do BNG
Hoxe visitaron As Fontiñas os representantes do grupo municipal BNG, Rubén Cela e Elvira Cienfuegos, para comprobar o estado de deterioro das infraestruturas e servizos do barrio. Comprometéronse cos representantes da Asociación en apoiar as reivindicacións realizadas polos veciños e veciñas e que foron achegadas a todos os grupos políticos do Concello de Santiago hai dous anos.
mércores, 18 de decembro de 2013
Visita o barrio o grupo municipal PS de G
Hoxe visitaron As Fontiñas os representantes do grupo municipal PS de G, Francisco Reyes, Bernardino Rama e Gonzalo Muiños, para comprobar o estado de deterioro das infraestruturas e servizos do barrio. Comprometéronse cos representantes da Asociación en apoiar as reivindicacións realizadas polos veciños e veciñas e que foron achegadas a todos os grupos políticos do Concello de Santiago hai dous anos.
xoves, 12 de decembro de 2013
xoves, 7 de novembro de 2013
Magosto 2013
A Asociación,
se o tempo o permite, vai a organizar un magosto popular o próximo sábado 9 de
novembro, desde ás 18:00 horas.
Haberá unha piñata
para os nenos e nenas que veñan cos seus pais ao magosto.
LUGAR:
Parque do Cotaredo – Rúa Coto
domingo, 27 de outubro de 2013
Asemblea xeral extraordinaria de 25 de outubro de 2013
Temas tratados:
1. Lectura e aprobación da
acta da asemblea xeral extraordinaria do 2 de abril de 2013.
2. Eleccións a Xunta
Directiva.
3. Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
1. A acta da asemblea xeral
extraordinaria do 2 de abril de 2013.
2. Elíxese a única
candidatura presentada a xunta directiva.
A nova xunta directiva está constituída por:
- - Presidenta: Dª. Marina López Prieto
- - Secretario: D. Jesús Manuel Castro Iglesias
- - Tesoreiro: D. Carlos Emilio Martínez Martíns
- - Vocal: D. Antonio Liste López
- - Vocal: D. Manuel Fernando Quintás Ares
- - Vocal: D. Nicanor Ramón Fuentes Laiño
Rogos e preguntas:
Infórmase que a Asociación dispón dun local no CSC de Fontiñas para
reunirse e para recibir aos socios e socias os mércores a partir das 19:30.
Tamén se dispón de correo electrónico e de teléfono para achegar as suxestións
dos veciños e veciñas.
Infórmase a todos os socios e socias deben achegar as súas propostas de
actividades antes do 31 de decembro, para poder ser estudadas pola xunta
directiva e ser presentada para a súa aprobación na asemblea xeral ordinaria
prevista para o mes de febreiro. Para desenvolver as actividades procederase a
constituír comisións ou grupos de traballo, se así o considera a xunta
directiva.
A proposta de varios socios e socias asistente e da propia xunta directiva,
a asociación retomará a roda de contactos coas autoridades locais e grupos
políticos para presentar as deficiencias nos servizos e infraestruturas do
barrio e solicitar as oportunas solucións.
Nota importante
Lémbrase a todos/as que é moi importante facer máis socios/as. Unha masa
social numerosa permite que os logros da Asociación sexan maiores. Este ano
temos que acadar 100 socios/as, fai socio/a ao teu veciño/a, verás como vai a
quedar satisfeito. Prégase aos socios que non abonaron a cota do 2013 (12€) o
fagan o antes posible na CC da Asociación en NovaGalicia Banco (2080-0392-24-3040004227).
venres, 18 de outubro de 2013
Suspéndese a festa do Outono 2013
Por mor do mal tempo, previsto para o sábado día 19, a xunta directiva decidiu suspender a festa e o magosto.
xoves, 10 de outubro de 2013
Festa do Outono 2013
Estimado socio/a:
A xunta directiva convídalle a participar na festa do outono 2013
que se celebrará, no novo parque do barrio preto do espazo de xogos infantís da
rúa das Fontiñas, o día 19 de outubro.
A festa consistirá nunha serie de xogos para nenos e nenas e a degustación
dunhas tapas e castañas, ao coincidir esta data co tempo dos magostos
populares. Os nen@s deberán vir acompañados polos seus pais ou persoa adulta
para participar nas actividades.
Programa da festa.
De 12 a 14 h.
XOGOS POPULARES INFANTÍS: Carreiras de sacos. Tiro de corda. O pano. A culler.
Haberá “chuches” para os nenos e nenas que
participen.
De 14 a 16 h.
DEGUSTACIÓN PRATOS
POPULARES: Os asistentes poderán gozar da degustación de pratos feitos polos
veciñ@s, tortillas, empanadas, etc. As bebidas non envasadas serán gratis para
todos os asistentes, as bebidas de lata custarán un 1€. As persoas que
colaboren cos seus pratos terán todas as bebidas gratis.
Haberá premios para os mellores pratos dos veciñ@s.
De 16 a 20 h.
XOGOS POPULARES INFANTÍS:
Continúan os xogos da mañá con unha Piñata e os inchables, cedidos polo
Concello de Santiago.
A partir das 18 h.
MAGOSTO POPULAR. Castañas e bebidas non envasadas
gratis. As latas custarán un 1€.
luns, 7 de outubro de 2013
Melloras nas beirarrúas do barrio
Xa empezaron as obras de sustitución do pavimento das beirarrúas da Rúa Coto e Cotaredo.
As xestións da Asociación Veciñal está empezado a dar os seus froitos.
As xestións da Asociación Veciñal está empezado a dar os seus froitos.
Camiseta da asociación
Estimados socios-as e simpatizantes da AV "O Camiño das Fontiñas"
Estamos confeccionando unhas camisetas que sirvan para identificarnos coa nosa asociación e que axunden a publicitala. Son de algodón 100%, cor celeste e o seu prezo é 6€. Todos os que estén interesados en adquirir algunha, deberán remitir a súa solicitude, o antes posible, ao correo electrónico o.camino.fontinas@gmail.com, indicando o nº de camisetas, a talla e o modelo.
As tallas son: S, M, L, XL, XXL.
Modelo A Modelo B
Estamos confeccionando unhas camisetas que sirvan para identificarnos coa nosa asociación e que axunden a publicitala. Son de algodón 100%, cor celeste e o seu prezo é 6€. Todos os que estén interesados en adquirir algunha, deberán remitir a súa solicitude, o antes posible, ao correo electrónico o.camino.fontinas@gmail.com, indicando o nº de camisetas, a talla e o modelo.
As tallas son: S, M, L, XL, XXL.
Modelo A Modelo B
Contestarase a todas as solicitudes segundo disponibilidade.
mércores, 25 de setembro de 2013
Convocatoria de eleccións xunta directiva
ELECCCIÓN DA XUNTA DIRECTIVA 2013
Estimados
socios/as:
Convócanse,
para o 25 de outubro, as eleccións da Xunta Directiva da AV “O Camiño das
Fontiñas”.
Este
proceso celebrarase de acordo ao establecido nos estatutos e desenvolverase de
acordo ao Regulamento para a elección da xunta directiva, aprobado o 23 de
febreiro de 2012 . Ambos reformados na asemblea xeral extraordinaria o 2 de
abril do 2013.
O
proceso electoral comeza o día 25 de setembro e termina o día 25 de outubro coa
asemblea xeral extraordinaria na que se elixe aos membros da Xunta Directiva.
Desde o 25 de setembro ata as 24h. do 10 de outubro, todos os socios e socias
poden presentar ante a Xunta Directiva actual, por correo certificado (Rúa de
Jaca nº 5 – 1º B 15703 Santiago de Compostela) ou correo electrónico (o.camino.fontinas@gmail.com), a súa candidatura para formar parte da xunta
directiva, segundo formulario que se xunta.
As
candidaturas que se presenten poden ser:
- Abertas (os socios presentan individualmente a súa candidatura para membro da xunta directiva).
- Pechadas (grupo de 6 persoas que presentan a súa candidatura para todos os cargos da xunta).
A
presentación dos candidatos, votación e promulgación dos candidatos electos
realizarase de acordo ao establecido nos artigos 31, 32, 33 e no Regulamento
para a elección da xunta directiva.
A
presidenta da Asociación. Marina López Prieto
"- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Formulario de
candidatura aberta:
D./Dª. Con
DNI: Socio
nº:
Veciño/a da rúa: Nº Piso Porta CP: Localidade.
E-mail: Teléfono
fixo Móbil
Presenta a súa candidatura para formar parte da Xunta Directiva da
Asociación e declara que cumpre cos requisitos esixidos nos estatutos para
participar no proceso electoral da AV “O Camiño das Fontiñas”.
Santiago de Compostela a de de 20
Sinatura
"- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Formulario de candidatura pechada:
As persoas que se relacionan presentan a súa candidatura ao distintos
cargos da Xunta Directiva da Asociación e declaran que cumpren cos requisitos
esixidos nos estatutos para participar no proceso electoral da AV “O Camiño das
Fontiñas”.
- Cargo de presidente:
Veciño/a da rúa: Nº Piso Porta CP:
Localidade:
E-mail: Teléfono fixo Móbil.
- Cargo de secretario:
Veciño/a da rúa: Nº Piso Porta CP:
Localidade.
E-mail: Teléfono fixo Móbil
- Cargo de tesoureiro:
Veciño/a da rúa: Nº Piso Porta CP:
Localidade.
E-mail: Teléfono fixo Móbil
- Cargo de vocal 1:
Veciño/a da rúa: Nº Piso Porta CP:
Localidade.
E-mail: Teléfono fixo Móbil
- Cargo de vocal 2:
Veciño/a da rúa: Nº Piso Porta CP:
Localidade.
E-mail: Teléfono fixo Móbil
- Cargo de vocal 3:
Veciño/a da rúa: Nº Piso Porta CP:
Localidade.
E-mail: Teléfono fixo Móbil
Santiago de Compostela a de de 20
Sinaturas dos candidatos
xoves, 15 de agosto de 2013
Melloras no pavimento das rúas do barrio
O luns presentouse o paquete de obras que se executarán en sete barrios da cidade.
O presupuesto é de 485.645 euros repartidos en varios proxectos nos barrios de San Juan de Afora-Romaño, Viso, Amio, Fontiñas, Vite-San Juan (Guadalupe), San Paio-Casas Novas, Pontepedriña, Casa Agraria-Meixonfrío e Laraño.
O presupuesto é de 485.645 euros repartidos en varios proxectos nos barrios de San Juan de Afora-Romaño, Viso, Amio, Fontiñas, Vite-San Juan (Guadalupe), San Paio-Casas Novas, Pontepedriña, Casa Agraria-Meixonfrío e Laraño.
Nas Fontiñas, onde actualmente está traballando a brigada municipal para reparar beirarrúas, invertiranse 66.904 euros na rúa Jaca, onde se rebaixará un paso de peóns, e a reparación da pavimento das beirarrúas das rúas Cotaredo e Coto e oaglomerado da rúa Monte dos Postes.
Estas obras corresponden á petición realizada pola nosa asociación.
Noticia en La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/08/15/ocho-barrios-repartiran-medio-millon-euros-obras-mejora-calles/0003_201308S15C3997.htm
Noticia en El Correo Gallego.
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/proxectos-mellora-multiples-vias-da-cidade/idEdicion-2013-08-15/idNoticia-821917/
Noticia en La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/08/15/ocho-barrios-repartiran-medio-millon-euros-obras-mejora-calles/0003_201308S15C3997.htm
Noticia en El Correo Gallego.
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/proxectos-mellora-multiples-vias-da-cidade/idEdicion-2013-08-15/idNoticia-821917/
sábado, 27 de xullo de 2013
Homenaxe ás vítimas e á xenerosidade
ACCIDENTE EN SANTIAGO
Santiago dedicará un parque a las víctimas y a la generosidad de la ciudad
ROSA MARTÍNEZ
Santiago / La Voz 26 de julio de 2013 16:51
La ciudad de Santiago dedicará un parque a las víctimas del accidente ferroviario de Angrois. Será posiblemente el último que se ha construido, localizado en Fontiñas y todavía sin nombre. Es la ubicación que planteará el alcalde, Ángel Currás, a la oposición.
Ese homenaje a las víctimas irá acompañado también del reconocimiento a la «xenerosidade e solidariedade» de la ciudad, cuya reacción elogió de nuevo el regidor esta mañana en una comparecencia pública posterior a los cinco minutos de silencio que numerosos ciudadanos guardaron en la plaza del Obradoiro en homenaje y demostración de duelo por las víctimas.
xoves, 25 de xullo de 2013
Solidarios coas víctimas
Os veciños e veciñas do barrio de Fontiñas estamos consternados
co accidente do tren en Agrois. Queremos transmitirlles ás vítimas e aos seus
familiares as nosas condolencias.
domingo, 23 de xuño de 2013
domingo, 16 de xuño de 2013
Cacharela de San Xoán 2013
Estimados socios e socias, a Asociación vai a organizar este ano a sardiñada e a cacharela de San Xoán o próximo venres 21 de xuño, ás 21:00 horas.
Esta festa é gratis para todos aqueles socios e socias que teñan abonada a cota do ano en curso.
Co fin de estimar as sardiñas, o pan e as bebidas que se necesitan é necesario que todos os socios e socias se apunten chamando por teléfono ou escribindo un correo electrónico, antes do día 18 de xuño, indicando o número de persoas que van a asistir.
A sardiñada e a cacharela desenvolverase na rúa Cotaredo, á altura do Inem. As sardiñas empezaranse a asar ás 21:00 horas ata terminalas.
Co fin de estimar as sardiñas, o pan e as bebidas que se necesitan é necesario que todos os socios e socias se apunten chamando por teléfono ou escribindo un correo electrónico, antes do día 18 de xuño, indicando o número de persoas que van a asistir.
A sardiñada e a cacharela desenvolverase na rúa Cotaredo, á altura do Inem. As sardiñas empezaranse a asar ás 21:00 horas ata terminalas.
mércores, 5 de xuño de 2013
Parque de Fontiñas (noticia Correo Gallego)
El parque compostelano de Fontiñas, como la obra del Escorial
Pese a que los vecinos ya lo han estrenado, aún se están dando los últimos retoques
ELVA OTERO. SANTIAGO
Pese a que los vecinos lo estrenaron hace meses, el nuevo parque de Fontiñas aún no está listo. Faltan pequeños retoques como reasfaltar el núcleo de Cotaredo, colocar unas barandillas o inutilizar las salidas de luces de la zona de juegos, explica la concelleira del ramo, María Pardo. Aunque el espacio tendría que estar inaugurado desde hace un año, Raxoi todavía no ha recibido la obra debido a un rifirrafe con la junta de compensación del polígono 4. "La urbanización carece de garantías porque el anterior equipo de gobierno no lo exigió", advierte la edil. El depósito tendría que haber llegado a las arcas municipales coincidiendo con la aprobación definitiva del plan parcial, algo que no sucedió. "Al no existir tal garantía no podemos amenazar con la ejecución subsidiaria", continúa Pardo.
sábado, 25 de maio de 2013
Sardiñada de San Xoán
Estimados socios e socias:
A Asociación ten previsto organizar a tradicional sardiñada de San Xoán. Ao cadrar este ano en domingo o día 23 e ser festivo autonómico o 24, esta actividade pode ter pouco éxito por estar moitos veciños fóra de Santiago nesta datas.
Por este motivo proponse outras datas alternativas co fin de poder reunir maior número de socios/as e veciños/as do barrio. As datas son o venres 14 e o 21 de xuño e non se faría cacharela.
Se tes pensado vir este ano á sardiñada indícanos, antes do 1 de xuño e por correo electrónico, que data prefires e cantas persoas van acompañarte.
Venres 14 de xuño
|
Venres 21 de xuño
|
Domingo 23 de xuño
| |
Nº de persoas
|
Igualmente, solicítanse voluntarios/as para facer os distintos traballos desta actividade, lembrade que esta actividade está feita por socios/as para socios/as e requírese a colaboración e participación de todos/as. As persoas que desexen axudar indíqueno tamén por correo electrónico.
O día 3 de xuño comunicarase a todos os socios/as o resultado da enquisa e a data da sardiñada.
luns, 25 de marzo de 2013
Convocatoria Asemblea xeral extraordinaria
Data: Martes, 2 de abril ás 20:30 h. en convocatoria única
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 21 de febreiro de 2013
- Presentación e aprobación da reforma dos artigos 21, 25, 26, 27 e 33 dos Estatutos da Asociación e o regulamento para a elección da xunta directiva
- Lectura e aprobación da nota de prensa sobre o estado do barrio.
- Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina
López Prieto
Proposta de reforma dos
estatutos (nova redacción)
Artigo 21º. Xunta directiva
1. A xunta directiva estará formada polo
presidente da asociación, un secretario, un tesoureiro e tres vocais.
Artigo 25º. O presidente
O presidente da asociación será designado na asemblea xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos ata un máximo de 6. Será asistido nas súas funcións polo primeiro vocal que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
O presidente da asociación será designado na asemblea xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos ata un máximo de 6. Será asistido nas súas funcións polo primeiro vocal
Artigo 26º.- O secretario.
4. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade
do secretario este será substituído por un vocal. O presidente designará entre
os vocais a unha persoa que desenvolva esta función.
Artigo 27º.- O tesoureiro.
3. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade
do tesoureiro este será substituído por un vocal. O presidente designará entre
os vocais a unha persoa que desenvolva esta función.
Artigo 33º.- Proclamación dos candidatos.
Finalizada a votación e efectuado o reconto, o presidente da asemblea proclamará os candidatos e candidatas electos. Os candidatos electos constituirán a nova xunta directiva una vez remate o mandato da actual.
Finalizada a votación e efectuado o reconto, o presidente da asemblea proclamará os candidatos e candidatas electos. Os candidatos electos constituirán a nova xunta directiva una vez remate o mandato da actual.
luns, 18 de marzo de 2013
Ciclo de charlas divulgativas de saúde
A diabetes
Relator: Dr. Manuel Quintas Ares
Datas: 2, 16 y 30 de abril
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas
Hora: 19:30
Entrada libre
Relator: Dr. Manuel Quintas Ares
Datas: 2, 16 y 30 de abril
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas
Hora: 19:30
Entrada libre
Información da ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2013
Resumo
do tratado na asemblea xeral ordinaria, celebrada o 21 de febreiro de 2013, e
os acordo tomados.
Temas tratados:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 23 de febreiro de 2012.
- Información sobre as entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
- Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2012.
- Presentación e aprobación da memoria económica de 2012.
- Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2013.
- Presentación e aprobación da planificación económica para o 2013.
- Baixas de socios e socias.
- Proposta de reforma dos estatutos e do Regulamento para a elección da xunta directiva.
- Proposta de explotación da horta da Asociación.
- Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
- A memoria de actividade, memoria económica e contas de 2012.
- A planificación de actividades a planificación económica para o 2013.
- Comunicar a baixa aos socios que non abonaron a cota de 2012.
- Requirir ao Concello para que arranxe as deficiencias no barrio relacionadas coas beirarrúas, pasos de peóns, rúas, alumeado, parques, etc.
- Informar aos grupos municipais sobre estas deficiencias e do esquecemento a que está sometido o barrio por parte do Goberno Municipal
- Denunciar a saída de augas fecais detrás do Mesón Os Concheiros.
- Convocar unha asemblea extraordinaria para a aprobación:
- Do escrito de reclamación de deficiencias do barrio.
- Da reforma dos estatutos no que re refire á composición da xunta directiva e o regulamento da súa elección.
Nota importante
Para facilitar o normal funcionamento da asociación e
desenvolvemento de actividades, todos os socios/as debemos abonar a cota anual
(12€) antes do 31 de marzo na CC que ten a Asociación en NovaGalicia Banco (2080-0392-24-3040004227).
Lémbrase a todos/as que é moi importante facer máis
socios/as. Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan
maiores, no que se refire á atención prestada polas autoridades e responsables
de darnos servizos, e no que se refire á posibilidade de desenvolver actividades
no barrio. Este ano temos que ser 100 socios/as, fai socio/a ao teu veciño/a,
verás como vai a quedar satisfeito.
A
presidenta Marina López Prieto
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)