Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

xoves, 3 de maio de 2012

Festa da primavera

A Festa da Primavera suspendeuse para outra data, aínda por determinar, por mor da choiva. Avisarase da nova data.

Actividades para o mes de maio e xuño


1. Festa da primavera. Con motivo do día da nai e coa colaboración do Concello a nosa Asociación organiza a Festa da Primavera. Esta de actividade desenvólvese o día 5 de maio entre as 17:00 e as 20:00 horas e está destinada aos máis pequenos do barrio. Haberá inchables, facilitados polo Concello e xogos tradicionais infantis. Non é necesario ser socio da Asociación para participar nesta actividade.
2.  Excursión á Ribeira Sacra. Esta excursión ten como principal actractivo a viaxe en catamarán polos cañóns do río Sil, visita a unha bodega da zona e ao castelo de Castro Caldelas. A duración e dun día e o custo aproximado por persoa é de 40 €, incluído o xantar. Está actividade desenvolverase se o número de persoas interesadas permite facer un grupo. Os interesados deberán apuntarse, por correo electrónico ou teléfono[1], antes do 14 de maio e pagar a excusión, de levarse a cabo, antes do 18 de maio. No caso de que a demanda sexa moi alta seguirase a orde de inscripción para a reserva da praza.
3.  Excusións a pé. A 1ª o sábado 19 de maio excursión ao Pedroso, saída ás 17:30, merenda e xogos para nenos na Finca do Sexto e volta. A 2ª o sábado 16 de xuño, excursión desde Arca a Santiago percorrendo o camiño de Santiago e xantando no camiño. Desplazarémonos en autobus ata Arca a media mañá e chegaremos ao noso barrio pola tarde. Os interesados deberán apuntarse ata dos días antes, por correo electrónico ou teléfono1, para poder establecer todo o necesario para o desprazamento e o xantar, que será con cargo a cada participante.
4. Sardiñada de San Xoan. A xunta directiva, ao non presententarse socios e socias voluntarios para participar no desenvolvemento desta actividade, está buscando alternativas que permitan levar a cabo a sardiñada e a cacharela. Pregamos a todas as persoas, que queiran arrimar o seu ombro para desenvolver esta actividade, comunique á xunta directiva a súa dispoñibilidade.