Temas tratados:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 23 de febreiro de 2012.
- Información sobre as entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
- Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2012.
- Presentación e aprobación da memoria económica de 2012.
- Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2013.
- Presentación e aprobación da planificación económica para o 2013.
- Baixas de socios e socias.
- Proposta de reforma dos estatutos e do Regulamento para a elección da xunta directiva.
- Proposta de explotación da horta da Asociación.
- Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
- A memoria de actividade, memoria económica e contas de 2012.
- A planificación de actividades a planificación económica para o 2013.
- Comunicar a baixa aos socios que non abonaron a cota de 2012.
- Requirir ao Concello para que arranxe as deficiencias no barrio relacionadas coas beirarrúas, pasos de peóns, rúas, alumeado, parques, etc.
- Informar aos grupos municipais sobre estas deficiencias e do esquecemento a que está sometido o barrio por parte do Goberno Municipal
- Denunciar a saída de augas fecais detrás do Mesón Os Concheiros.
- Convocar unha asemblea extraordinaria para a aprobación:
- Do escrito de reclamación de deficiencias do barrio.
- Da reforma dos estatutos no que re refire á composición da xunta directiva e o regulamento da súa elección.
Nota importante
Para facilitar o normal funcionamento da asociación e
desenvolvemento de actividades, todos os socios/as debemos abonar a cota anual
(12€) antes do 31 de marzo na CC que ten a Asociación en NovaGalicia Banco (2080-0392-24-3040004227).
Lémbrase a todos/as que é moi importante facer máis
socios/as. Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan
maiores, no que se refire á atención prestada polas autoridades e responsables
de darnos servizos, e no que se refire á posibilidade de desenvolver actividades
no barrio. Este ano temos que ser 100 socios/as, fai socio/a ao teu veciño/a,
verás como vai a quedar satisfeito.
A
presidenta Marina López Prieto
Ningún comentario:
Publicar un comentario