O
pasado día 21 de outubro celebrouse a asemblea xeral extraordinaria para
elección de xunta directiva cos seguintes acordos:
- Aprobación da acta da asemblea xeral ordinaria do 25 de febreiro de 2015.
- Informar a todos os socios e socias do desenvolvemento desta asemblea na que asistiron 13 persoas.
- Convocar no prazo aproximado dun mes unha asemblea extraordinaria para elixir novamente xunta directiva ou, no caso de non haber candidatos, acordar cal será o futuro da Asociación.
- Declarar a xunta actual en funcións ata que se celebre a próxima asemblea extraordinaria.
INFORME DA ASEMBLEA:
Ás 20:30
e en 2ª convocatoria e coa presenza de 13 socios e socias iniciase a asemblea
coa seguinte orde do día:
•
Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de febreiro de
2015.
•
Eleccións a Xunta Directiva.
•
Rogos e preguntas.
Lese e
apróbase por unanimidade a acta da asemblea xeral ordinaria do 25 de febreiro
de 2015.
O
secretario da Asociación informa que non se recibiron candidaturas para formar
a xunta directiva. Pregúntanse se algún dos presentes quería ser candidato para
formar unha nova xunta directiva e continuar co proceso de elección.
Ao non
haber candidatos informase que os compoñentes da actual xunta directiva non
teñen a intención de seguir. A non elección de xunta directiva xera un problema
para a continuidade da Asociación xa que é un requisito legal.
Proponse,
ante esta situación, informar a todos os socios e socias do acontecido nesta
asemblea.
Proponse
abrir un novo prazo, ata a próxima asemblea xeral extraordinaria, para a
presentación de candidatos para constitución dunha nova xunta directiva, que
releve a actual, xa en funcións desde esta asemblea.
Informase
que a Asociación non pode continuar con unha xunta directiva en funcións
indefinidamente, polo que, no caso de que na próxima asemblea xeral
extraordinaria non se elixa unha xunta directiva, os socios e socias asistentes
a esa asemblea terán que tomar unha decisión sobre o futuro da asociación, que
pasa pola súa disolución.
No caso
de chegar a este extremo, seguirase o establecido nos Estatutos da Asociación[1], os
asistentes á asemblea terán que tomar o acordo de disolución voluntaria, nomear
tres persoas liquidadoras e decidir sobre o destino dos recursos e haberes da
Asociación.
A asociación
disolverase voluntariamente por acordo da asemblea xeral extraordinaria
convocada para tal efecto, adoptado por maioría cualificada dos asociados
asistentes.
Artigo 44º.- Nomeamento de liquidadores.
Acordada a disolución,
a asemblea xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que
xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectuar a liquidación
dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido
resultante.
Artigo 45º.- Destinos dos haberes
O haber resultante,
unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e
inscrita no concello de Santiago de Compostela que teña iguais ou similares
fins que os desta asociación.
O xustificante da
doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder
á inscrición da disolución da asociación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario