Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

Actas da AV O Camiño das Fontiñas


Data: 24/06/2011
Asemblea nº 1
Asemblea extraordinaria informativa
Xunta directiva asistente:
·    Dª Marina López Prieto
·    D. Manuel Fernando Quintás Ares
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    Dª María del Carmen Rey García
·    D. Pablo Suárez Méndez
·    D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño
·    Dª. Concepción Tojo Viqueira
·    D. Antonio Liste López
Orde do día:
·    Presentación aos veciños e veciñas da AV “O Camiño das Fontiñas”
·    Xestións e realizacións da AV.
·    Presentación dos seus estatutos.
·    Próximas xestións e proxectos da AV.
·    Rogos e preguntas.
Temas tratados:
  1. A presidenta abre a asemblea extraordinaria informativa ás 20:15, coa asistencia de 25 veciños e veciñas, socios/as e non socio/as.
  2. A presidenta explica as razóns que xustifican a creación da AV “O Camiño das Fontiñas”.
  3. O vicepresidente expón os pasos dados ata o momento e as xestións realizadas: acta de constitución, estatutos, blog, correo electrónico, etc.
  4. O secretario presenta brevemente os estatutos da asociación, subliñado os seus fins.
  5. A vicesecretaria explica o que teñen que facer os veciños/as para ser socios/as e a planificación e pasos que vai a dar a AV ata a convocatoria da asemblea de setembro. Na asemblea de setembro está previsto a constitución da primeira xunta directiva elixida polos socios dados de alta ata 15 de setembro.
  6. Exponse aos asistentes a importancia das asociacións veciñais para o desenvolvemento do barrio e o significado da participación veciñal.
  7. Pídeselle aos veciños que se fagan socios/as para que na asemblea de setembro poidan elixir e ser elixidos como membros da primeira xunta directiva da AV “O Camiño das Fontiñas.
  8. Na quenda de rogos e preguntas algúns veciños e veciñas reflicten o seu malestar coa antiga asociación e insisten sobre a necesidade do traspaso dos fondos desta a nova asociación. Algúns veciños comentan a preocupación pola actuación urbanística dos accesos ao centro comercial das Cancelas e a súa repercusión sobre o barrio, principalmente sobre a rúa do Camiño Francés.
Acordos:
  1. Convocar unha asemblea extraordinaria para despois do verán co obxecto de elixir e constituír a primeira xunta directiva entre os socios dados de alta na data que se estableza pola la xunta constituinte da asociación de veciños.
Sen máis temas que tratar, remata a reunión ás 21:45 do día 24 de xuño de 2011
O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias             A presidenta Dª Marina López Prieto


Data: 27/10/2011
Asemblea nº 2
Asemblea extraordinaria
Xunta directiva asistente:
·    Dª Marina López Prieto
·    D. Manuel Fernando Quintás Ares
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Pablo Suárez Méndez
·    D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño
·    Dª. Concepción Tojo Viqueira
·    D. Antonio Liste López
Orde do día:
·    Elección da xunta directiva.
·    Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 15
Temas tratados:
  1. Ás 20:30, en segunda convocatoria, a presidenta abre a asemblea extraordinaria coa lectura da orde do día.
  2. De seguido explícase como vai a ser o proceso de elección. Debido a que só existe unha única candidatura se celebrará por votación a man alzada.
  3. Relaciónanse e preséntanse ás persoas que van a formar parte da xunta directiva.
  4. Realízase a votación e proclamación da nova xunta directiva.
  5. En rogos e preguntas preséntase aos socios asistentes a memoria sobre o estado das rúas do barrio, unha enquisa de actividades e tres propostas de actividades.
Acordos:
  1. Por unanimidade apróbase a candidatura a xunta directiva presentada en prazo e forma de acordo ao establecido nos estatutos da asociación. A nova xunta directiva está formada polas persoas que se relacionan deseguido xunto co cargo que desempeñarán:
­       Dª Marina López Prieto. PRESIDENTA.
­       D. Manuel Fernando Quintás Ares. VICEPRESIDENTE
­       D. Jesús Manuel Castro Iglesias. SECRETARIO
­       D. Antonio Liste López. VICESECRETARIO
­       D. Pablo Suárez Méndez. TESOUREIRO
­       D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño. VOCAL
­       Dª. Concepción Tojo Viqueira. VOCAL
­       D. Manuel Jesús Valle Ortiz. VOCAL
­       Dª. María José Mosquera Rodríguez. VOCAL
  1. No apartado de rogos e preguntas:
  • Preséntase e explicase o documento ”Memoria do barrio das Fontiñas” no que se fai un breve recorrido polas rúas, mostrando a súa situación e relacionando as deficiencias nas infraestruturas e nos servizos públicos.
  • Acordase solicitar entrevista coas autoridades locais e os grupos municipais para darlle a coñecer este documento e requirir unha intervención sobre as infraestruturas e servizos do barrio.
  • Preséntanse tres propostas de actividades socioculturais (“Pincho de Nadal”, “Comparsa de carnaval” e “Ciclo de cine”). Aprobase por maioría a celebración do “Pincho de Nadal” o día 17 de decembro e a distribución a todos os socios e socias dúas invitacións para esta actividade. Igualmente, deuse o visto bo a que a AV promovera e facilitara, na medida do posible, a realización dunha comparsa de carnaval e dun ciclo de cine. Ambos proxectos non supoñerán custo algún para a asociación.
Sen máis temas que tratar, remata a reunión ás 21:40 do día 27 de outubro de 2011
O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias             A presidenta Dª Marina López Prieto



Data: 23/02/2012
Asemblea nº 3
Asemblea xeral ordinaria
Xunta directiva asistente:
·    Dª Marina López Prieto
·    D. Manuel Fernando Quintás Ares
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Pablo Suárez Méndez
·    D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño
·    Dª. Concepción Tojo Viqueira
·    D. Antonio Liste López
Orde do día:
·    Lectura e aprobación das actas das asembleas xerais extraordinarias do 24 de xuño e do 27 de outubro de 2011.
·    Presentación memoria de actividade de 2011.
·    Presentación memoria económica de 2011.
·    Presentación da planificación de actividades para o 2012.
·    Presentación da planificación económica para o 2012.
·    Lectura e aprobación do regulamento de filiación de socios e socias.
·    Lectura e aprobación do regulamento para a elección da xunta directiva.
·    Información sobre as entrevistas cos grupos políticos municipais.
·    Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 15
Temas tratados:
  1. Ás 20:00, en segunda convocatoria, a presidenta abre a asemblea coa lectura da orde do día e informa aos asistentes sobre as entrevistas cos grupos municipais. Subliña que o Alcalde adquiriu o compromiso de facer unha actuación urxente sobre o barrio para corrixir as deficiencias máis graves e desenvolver unha actuación posterior máis ampla dentro de un plan integral. Os partidos da oposición reiteraron o seu apoio as demandas realizadas pola asociación. 
  2. Preséntase a memoria de actividade e económica correspondente ao ano 2011.
  3. Preséntase a planificación de actividades e económica para o ano 2012.
  4. Preséntanse para a súa aprobación os regulamentos de filiación de socios e socias e elección da xunta directiva.
  5. No apartado de rogos e preguntas, tratase do desenvolvemento das obras do parque do Polígono 4 de Fontiñas e a súa repercusión sobre as rúas do barrio; solicítase aos socios a súa colaboración para constituír unha comisión para facer a sardiñada de San Xoán; proponse solicitar ao concello un ou varios espazos para colocar taboleiros de anuncios da asociación.
Acordos:
  1. Por unanimidade apróbanse as actas das asembleas xerais extraordinarias do 24 de xuño e do 27 de outubro de 2011.
  2. Por unanimidade apróbase a memoria de actividade e memoria económica de 2011.
  3. Por unanimidade apróbase a planificación de actividades a planificación económica para o 2012.
  4. Por unanimidade apróbanse os regulamentos de filiación de socios e socias e elección da xunta directiva.
  5. Solicitar información ao Concello sobre a actuación do parque do Polígono 4, e informar con posterioridade aos veciños.
  6. Solicitar ao Concello espazos na rúa para a colocación de taboleiros da asociación de veciños.
  7. Requirir socios e socias voluntarios para constituír unha comisión para desenvolver a sardiñada de San Xoán.
  8. Comunicar a todos os socios e socias os acordos desta asemblea e sobre o pago das cotas da asociación segundo o establecido no regulamento de filiación de socios e socias.
Sen máis temas que tratar, remata a reunión ás 21:50 do día 23 de febreiro de 2012
O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias             A presidenta Dª Marina López Prieto


Data: 21/02/2013
Asemblea nº 4
Asemblea xeral ordinaria
Xunta directiva asistente:
·    Dª Marina López Prieto
·    D. Manuel Fernando Quintás Ares
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Pablo Suárez Méndez
·    D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño
·    Dª. Concepción Tojo Viqueira
Orde do día:
·    Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 23 de febreiro de 2012
·    Información sobre as entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
·    Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2012.
·    Presentación e aprobación da memoria económica de 2012.
·    Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2013.
·    Presentación e aprobación da planificación económica para o 2013.
·    Baixas de socios e socias.
·    Proposta de reforma dos estatutos e do Regulamento para a elección da xunta directiva.
·    Proposta de explotación da horta da Asociación.
·    Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 13
Temas tratados:
  1. Ás 20:00, en segunda convocatoria, a presidenta abre a asemblea xeral ordinaria.
  2. O secretario le a orde do día e o acta da asemblea xeral ordinaria de 2013.
  3. A sra. Presidenta informa sobre as entrevistas cos grupos municipais e as actuacións realizadas polo concello no barrio.
  4. Preséntase a memoria de actividade e económica correspondente ao ano 2012.
  5. Preséntase a planificación de actividades e económica para o ano 2013.
  6. Relaciónanse os socios e socias que causan baixa por non estar ao día no pago da cota anual.
  7. Infórmase sobre a necesidade de modificar os estatutos da asociación no que se refire á súa composición e número de compoñentes.
  8. Ofértase aos socios e socias a posibilidade de traballar a horta da Asociación.
Acordos:
  1. Por unanimidade apróbanse a acta da asemblea xeral do 23 de febreiro de 2012.
  2. Por unanimidade apróbase a memoria de actividade e memoria económica de 2012 segundo a seguinte táboa.
O balance económico do ano 2012
Conceptos
Ingresos
Gastos
Saldo da AV a 31 de decembro de 2011
4.605,50 €
Cotas de socios
637,00 €


Subvención Concello
952,42 €


Inversións
474,29 €
Administración
120,79 €
Actividades
1.019,10 €
Financeiros
35,80 €
Totais
6.194,92
1.649,98
SALDO a 31 de decembro
4.544,94

  1. Por unanimidade apróbase a planificación de actividades a planificación económica para o 2013.
Actividades a desenvolver en 2013:
          Sardiñada de San Xoán, 23 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 450 €)
          Festa da primavera, 4 ou 18 de maio no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos, de chave para adultos, concurso de tortillas de patacas. (Custo estimado 275 €)
          Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos, de chave para adultos, magosto. (Custo estimado 275 €)
          Pincho de Nadal. (200 €)
       Ciclo de charlas sanitarias. Periodicidade trimestral sobre temas de saúde pública e comunitaria. (Sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que se imputarán ao capítulo de administración)
Orzamento para o ano 2013 é de 1.920 €, segundo se especifica a continuación.
Concepto
Ingresos
Gastos
Cotas socios (60)
720,00 €
Subvencións
1.200,00 €

Inversións

400,00 €
Administración

284,00 €
Actividades

1.200,00 €
Financeiros

36,00 €
Totais
1.920,00
1.920,00








  1. Por unanimidade apróbanse dar de baixa aos socios que, despois de comunicarlle a resolución da asemblea xeral, non abonen antes do 1 de abril de 2013 as cotas correspondentes aos anos 2012 e 2013. O efecto da baixa terá data de 1 de abril de 2013.
  2. Convocar unha asemblea xeral ordinaria para aprobar a reforma dos artigos dos estatutos da Asociación referentes á composición da xunta directiva.
  3. Elaborar unha nota de prensa sobre a situación do barrio e que sería presentada e aprobada na próxima asemblea xeral.
  4. Denunciar ante as autoridades municipais o vertido de augas residuais procedentes do Bodegón “Os Concheiros”.
  5. Convocar unha asemblea xeral extraordinaria para tratar os puntos anteriores.
  6. Informar a todos os socios e socias os acordos desta asemblea e remitir a documentación sobre a reforma dos estatutos.
Sen máis temas que tratar, remata a reunión ás 21:45 do día 21 de febreiro de 2013
O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias             A presidenta Dª Marina López Prieto





Data: 2/04/2013
Asemblea nº 5
Asemblea extraordinaria
Xunta directiva asistente:
·    Dª Marina López Prieto
·    D. Manuel Fernando Quintás Ares
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Pablo Suárez Méndez
·    D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño
·    Dª. Concepción Tojo Viqueira
·    D. Antonio Liste López
Orde do día:
·    Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 21 de febreiro de 2013
·    Presentación e aprobación da reforma dos artigos 17, 21, 23, 25, 26, 27 e 33 dos Estatutos da Asociación e o regulamento para a elección da xunta directiva.
·    Lectura e aprobación da nota de prensa sobre o estado do barrio.
·    Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 9
Temas tratados:
  1. Modificación de varios artigos dos estatutos que se refiren ao número de compoñentes da xunta directiva.
  2. Preséntase nota de prensa sobre o estado do barrio.
Acordos:
  1. Por unanimidade apróbanse a acta da asemblea xeral do 21 de febreiro de 2013.
  2. Por unanimidade apróbase a modificación dos artigos 17, 21, 23, 25, 26, 27 e 33 dos Estatutos da Asociación e o regulamento para a elección da xunta directiva.
  3. Por unanimidade apróbase enviar aos diferente medios de comunicación local o comunicado lido en público.
Sen máis temas que tratar, remata a reunión ás 21:40 do día 2 de abril de 2013
O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias             A presidenta Dª Marina López Prieto



Data: 25/10/2013
Asemblea nº 6
Asemblea extraordinaria
Xunta directiva asistente:
·    Dª Marina López Prieto
·    D. Manuel Fernando Quintás Ares
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño
·    Dª. Concepción Tojo Viqueira
·    D. Antonio Liste López
Orde do día:
· Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 2 de abril de 2013
·     Elección de Xunta Directiva
·     Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 15
Temas tratados:
  1. Presentación dos candidatos á Xunta Directiva.
  2. Votación da candidatura presentada.
Acordos:
  1. Por unanimidade apróbanse a acta da asemblea xeral extraordinaria do 2 de abril 2013.
  2. Por unanimidade apróbase a candidatura a xunta directiva presentada en prazo e forma de acordo ao establecido nos estatutos da asociación. A nova xunta directiva está formada por seis persoas que segundo se establece nos estatutos da AV e que se relacionan deseguido, xunto co cargo que desempeñarán:
­       Dª Marina López Prieto. PRESIDENTA.
­       D. Jesús Manuel Castro Iglesias. SECRETARIO
­       D. Carlos Emilio Martínez Martíns. TESOUREIRO
­       D. Manuel Fernando Quintás Ares. VOCAL
­       D. Antonio Liste López. VOCAL
­       D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño. VOCAL
Sen máis temas que tratar, remata a reunión ás 21:30 do día 25 de outubro de 2013
O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias             A presidenta Dª Marina López Prieto


Data: 26/02/2014
Asemblea nº 7
Asemblea xeral ordinaria
Xunta directiva asistente:
·    Dª Marina López Prieto
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Carlos Emilio Martínez Martíns
·    D. Manuel Fernando Quintás Ares
·    D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño
Orde do día:
· Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de outubro de 2013.
·   Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2013.
·   Presentación e aprobación da memoria económica de 2013.
· Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2014.
· Presentación e aprobación da planificación económica para o 2014.
·   Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
·    Baixas de socios.
·    Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 14
Temas tratados:
  1. Ás 20:00, en segunda convocatoria, a presidenta abre a asemblea xeral ordinaria.
  2. O secretario le a orde do día e o acta da asemblea xeral extraordinaria do 25 de outubro 2013.
  3. Preséntase a memoria de actividade e económica correspondente ao ano 2013.
  4. Preséntase a planificación de actividades e económica para o ano 2014.
  5. A Xunta Directiva informa sobre as entrevistas cos grupos municipais e as actuacións realizadas polo concello no barrio.
  6. Informase sobre os socios e socias que causan baixa por non estar ao día no pago da cota anual.
Acordos:
  1. Por unanimidade apróbanse a acta da asemblea xeral extraordinaria do 25 de outubro de 2013.
  2. Por unanimidade apróbase a memoria de actividade e memoria económica de 2013 segundo a seguinte táboa.
O balance económico do ano 2013
Conceptos
Ingresos
Gastos
Saldo da AV a 31 de decembro de 2012
4.544,94 €
Cotas de socios
864,00 €


Socio descoñecido
12,00 €


Financeiros (devolución 12)
4,80 €


Subvención 2013
816,94 €


Actividades (curso de cociña)
52,00 €


Camisetas
300,00 €
272,25 €

Inversións
97,99 €
Administración
222,20 €
Actividades
1.154,32 €
Financeiros
52,80 €
Totais
6.594,68 €
1.799,56 €
SALDO a 31 de decembro
4.795,12 €

  1. Por unanimidade apróbase a planificación de actividades e económica para o 2014.
Actividades a desenvolver en 2014:
          Sardiñada de San Xoán, 21 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 900 €)
          Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 800 €)
          Pincho de Nadal. (300 €)
          Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
Orzamento para o ano 2014 é de 2.500 €, segundo se especifica na táboa.
Concepto
Ingresos
Gastos
Cotas socios (75)
900,00 €
Subvencións
1.600,00 €

Inversións

214,00 €
Administración

250,00 €
Actividades

2.000,00 €
Financeiros

36,00 €
Totais
2.500,00
2.500,00



  1. Por unanimidade apróbanse dar de baixa aos socios que, despois de comunicarlle a resolución da asemblea xeral, non abonen antes do 31 de marzo de 2013 as cotas correspondentes aos anos 2013 e 2014. O efecto da baixa terá data de 1 de abril de 2014. Faise unha excepción con D. Pablo Suárez Méndez, que comunicou as súas dificultades económicas, prorrogándolle a súa condición de socio durante o ano 2014
  2. Continuar coa denuncia ante as autoridades municipais do estado lamentable dalgunhas beirarrúas do barrio e doutros servizos municipais, iluminación, contedores do lixo, rúa Altiboia, escaleiras Camiño Francés – rúa Valiño.
  3. Co fin de incrementar o nº de socios e socias acordouse redactar as instrucións necesarias, se non hai impedimento legal, para que as persoas que vivan nun mesmo domicilio teñan unha redución na cota das segundas e sucesivas altas de membros desa unidade familiar.
Sen máis temas que tratar, remata a reunión ás 21:55 do día 26 de febreiro de 2014
O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias       A presidenta Dª Marina López Prieto



Data: 7/05/2014
Asemblea nº 8
Asemblea xeral extraordinaria
Xunta directiva asistente:
·    Dª Marina López Prieto
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Carlos Emilio Martínez Martíns
·    D. Manuel Fernando Quintás Ares
·    D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño
Orde do día:
·  Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 26 de febreiro de 2014
·  Aprobación da cota de 6€ para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
·  Aprobación da modificación do Regulamento filiación de socios/as na que se regulan as cotas dos socios/as.
·  Información sobre a última entrevista mantida pola Asociación coa concelleira Dª María Pardo Valdés.
·    Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 14
Temas tratados:
  1. Ás 20:45, en segunda convocatoria, a presidenta abre a asemblea xeral extraordinaria.
  2. O secretario le a orde do día e o acta da asemblea xeral ordinaria do 26 de febreiro de 2014.
  3. Presentación da modificación do Regulamento de filiación de socio/as.
  4. Información sobre a entrevista mantida o 3 de marzo cos concelleiros María Pardo Valdés, Luís Meijide Rodríguez e José María Rosende Rico.
Acordos:
  1. Por unanimidade apróbanse a acta da asemblea xeral ordinaria do 26 de febreiro de 2014.
  2. Por unanimidade a modificación do Regulamento de filiación de socios/as no apartado que regula o importe das cotas, quedando a redacción como segue: “As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio/a establécese en 12€ anuais, independentemente do mes do ano en que se inscriba. Co fin de favorecer a participación nas actividades da asociación das familias e incrementar o número de socios/as, establécese unha cota anual de 6€ para segundos ou sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar, que así o acrediten cando realicen a súa solicitude.
A cota resultante das unidades familiares abonarase nun recibo único e calcularase aplicando a seguinte formula: Cota anual familiar =12€+((S+M)*6€), sendo S o nº de sucesivos socios adultos e M o nº de sucesivos socios menores. As cotas familiares sempre terán un sumando de 12€ e outro de 6€*(S+M).

Sen máis temas que tratar, remata a reunión ás 21:55 do día 7 de maio de 2014
O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias       A presidenta Dª Marina López Prieto






Data: 25/02/2015
Asemblea nº 9
Asemblea xeral ordinaria
Xunta directiva asistente:
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Carlos Emilio Martínez Martíns
·    D. Antonio Liste López
·    D. Nicanor Ramón Fuentes Laíño
Orde do día:
·         Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio de 2014.
·         Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2014.
·         Presentación e aprobación da memoria económica de 2014.
·         Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2015.
·         Presentación e aprobación da planificación económica para o 2015.
·         Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
·         Baixas de socios.
·         Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 10
Temas tratados:
  1. Ás 20:05, en segunda convocatoria, o secretario, por ausencia da presidenta, abre a asemblea xeral ordinaria.
  2. O secretario le a orde do día e o acta da asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio 2014.
  3. Presentación da memoria de actividade e económica de 2014.
  4. Presentación da planificación de actividades y económica de 2015.
  5. Información sobre as entrevistas mantidas coa corporación municipal.
  6. Baixas e altas de socios e socias.
Acordos:
  1. Por unanimidade apróbase a acta da asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio de 2014.
  2. Por unanimidade apróbase a memoria de actividade e memoria económica de 2014 segundo a seguinte táboa.
O balance económico do ano 2014
Conceptos
Ingresos
Gastos
Saldo da AV a 31 de decembro de 2013
4.795,12 €
Cotas de socios
993,00 €


Financeiros (devolucións 2014)
40,20 €


Subvención 2014
1.520,00 €


Bebidas
138,00 €


Cuncas de barro
200,00 €
140,36 €

Camisetas
300,00 €
248,05 €

Camisetas socios menores

18,00 €
Administración

271,95 €
Actividades

2.147,03 €
Financeiros

71,50 €

Seguro actividades

204,85 €
Totais
7.986,32 €
3.101,74 €
SALDO a 31 de decembro


4.884,58 €

  1. Por unanimidade apróbase a planificación de actividades e económica para o 2015.
Actividades a desenvolver en 2015:
          Sardiñada de San Xoán, 20 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 1.500 €)
          Festa do outono, 17 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 1.500 €)
          Pincho de Nadal. (300 €)
          Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
Orzamento para o ano 2015 é de 3586,00 €, segundo se especifica na táboa.
Concepto
Ingresos
Gastos
Cotas socios
1.000,00 €
Subvencións
1.600,00 €

Inversións

300,00 €
Administración

250,00 €
Actividades
986,00 €
3.000,00 €
Financeiros

36,00 €
Totais
3.586,00
3.586,00



  1. Autorizar á xunta directiva para valorar a posibilidade de contratación de servizos de hostalería para as actividades previstas para este ano.
  2. Dar de baixa aos socios e socias que non ingresaron as cotas de 2014 despois de ser comunicada esta obriga legal varias veces.
Rogos e preguntas:
  1. Solicitan varios veciños e veciñas que se pida ao Concello unha actuación para ordenar o tráfico e o aparcamento nas rúas Cotaredo, Coto e Jaca.
  2. Proponse redactar un documento para a recollida de sinaturas dos veciños e veciñas no que se denuncie, ante o Concello de Santiago, a situación do tráfico e do aparcamento nas rúas Cotaredo, Coto e Jaca e se solicite unha zona de aparcamento para residentes.
  3. Pídese que se reitere ao Concello a posta en marcha dos contedores de lixo soterrados das rúas Coto e Lisboa.
  4. Solicítase que se lle reitere ao Concello a solicitude de finalizar a urbanización dun tramo da rúa Coto e a súa apertura ao tráfico.
Non habendo máis temas a tratar remata a asemblea xeral ordinaria ás 21:35 horas do 25 de febreiro de 2015.
O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias       A presidenta Dª Marina López Prieto


Data: 21/10/2015
Asemblea nº 10
Asemblea xeral extraordinaria
Xunta directiva asistente:
·    Dª. Marina López Prieto
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Carlos Emilio Martínez Martíns
·    D. Antonio Liste López
·    D. Manuel Quintas
Orde do día:
·    Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de febreiro de 2015.
·    Eleccións a Xunta Directiva.
·    Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 13
Temas tratados:
Ás 20:30 e en 2ª convocatoria e coa presenza de 13 socios e socias iniciase a asemblea coa seguinte orde do día:
          Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de febreiro de 2015.
          Eleccións a Xunta Directiva.
          Rogos e preguntas.
1.    Lese e apróbase por unanimidade a acta da asemblea xeral ordinaria do 25 de febreiro de 2015.
2.    O secretario da Asociación informa que non se recibiron candidaturas para formar a xunta directiva. Pregúntanse se algún dos presentes quería ser candidato para formar unha nova xunta directiva e continuar co proceso de elección.
3.    Ao non haber candidatos informase que os compoñentes da actual xunta directiva non teñen a intención de seguir. A non elección de xunta directiva xera un problema para a continuidade da Asociación xa que é un requisito legal.
4.    Proponse, ante esta situación, informar a todos os socios e socias do acontecido nesta asemblea.
5.    Proponse abrir un novo prazo, ata a próxima asemblea xeral extraordinaria, para a presentación de candidatos para constitución dunha nova xunta directiva, que releve a actual, xa en funcións desde esta asemblea.
6.    Informase que a Asociación non pode continuar con unha xunta directiva en funcións indefinidamente, polo que, no caso de que na próxima asemblea xeral extraordinaria non se elixa unha xunta directiva, os socios e socias asistentes a esa asemblea terán que tomar unha decisión sobre o futuro da asociación, que pasa pola súa disolución.
7.    No caso de chegar a este extremo, seguirase o establecido nos Estatutos da Asociación, os asistentes á asemblea terán que tomar o acordo de disolución voluntaria, nomear tres persoas liquidadoras e decidir sobre o destino dos recursos e haberes da Asociación.
Acordos:
1.    Por unanimidade apróbase a acta da asemblea xeral ordinaria do 25 de febreiro de 2015.
2.    Informar a todos os socios e socias do desenvolvemento desta asemblea na que asistiron 13 persoas.
3.    Convocar no prazo aproximado dun mes unha asemblea extraordinaria para elixir novamente xunta directiva ou, no caso de non haber candidatos, acordar cal será o futuro da Asociación.
4.    Declarar a xunta actual en funcións ata que se celebre a próxima asemblea extraordinaria.
Non habendo máis temas a tratar remata a asemblea xeral ordinaria ás 21:45 horas do 21 de outubro de 2015.

O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias       A presidenta Dª Marina López Prieto




Data: 2/12/2015
Asemblea nº 11
Asemblea xeral extraordinaria
Xunta directiva asistente:
·    Dª. Marina López Prieto
·    D. Jesús Manuel Castro Iglesias
·    D. Carlos Emilio Martínez Martíns
·    D. Antonio Liste López
·    D. Manuel Quintas
Orde do día:
·   Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
·   Elección de Xunta Directiva.
·  No caso de non ser elixida nova xunta acordar:
·     A disolución da Asociación.
·     Nomeamento de liquidadores.
·     O destino dos recursos.
·     A data de cese de actividade.
·         Rogos e preguntas.
Socios asistentes: 19
Temas tratados:
Ás 20:30 e en 2ª convocatoria e coa presenza de 19 socios e socias iniciase a asemblea coa seguinte orde do día:
·         Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
·         Elección de Xunta Directiva.
·         No caso de non ser elixida nova xunta acordar:
·       A disolución da Asociación.
·       Nomeamento de liquidadores.
·       O destino dos recursos.
·       A data de cese de actividade.
·         Rogos e preguntas.
1.    Lese e apróbase por unanimidade a acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
2.    O secretario da Asociación informa que non se recibiron candidaturas para formar a xunta directiva.
3.    Pregúntanse se algún dos presentes quere ser candidato para formar unha nova xunta directiva e continuar co proceso de elección.
4.    Ao non haber candidatos e por a imposibilidade de formar unha nova xunta directiva que represente á Asociación e tras valorar outras posibles opcións, coma a de declarar a asociación sen actividade, procedese a votar o destino da Asociación.
5.    O resultado da votación foi o seguinte: a favor da disolución 14 socios/as, en contra 1 socio/a e abstencións 4 socios/as. 
Acordos:
1.    Por unanimidade apróbase a acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
2.    Con 14 socios/as a favor, 1 en contra 1 socio/a e 4 abstencións acordase iniciar o proceso de disolución da Asociación.
3.    Son elixidos como responsables do proceso a liquidación de dos trámites de disolución da Asociación os membros a última xunta directiva.
4.    Os recursos materiais e económicos da Asociación serán liquidados de acordo aos seguintes criterios:
·       Os medios materiais, polo seu escaso valor económico, parrilla, máquina de coser, impresora, camisetas e cuncas, serán repartidos entre os socios/as que mostraron interese por eles na asemblea.
·    Os fondos da Asociación serán repartidos, por partes iguais, entre tres organizacións sen ánimo de lucro da cidade. As tres organización elixidas polos asistentes foron a Cociña Económica, o Albergue de San Francisco e a Parroquia.
5.    A Asociación desde o mesmo día 2 de decembro, ao entrar en fase liquidadora e de disolución, non realizará ningunha actividade, agás das xestións para a liquidación económica e a baixa definitiva no rexistro de Asociacións da Xunta e do Concello.
6.    Todos os socios/as quedan eximidos das obrigas (cotas) coa Asociación desde a celebración desta asemblea extraordinaria.
Non habendo máis temas a tratar remata a asemblea xeral ordinaria ás 21:30 horas do 2 de decembro de 2015.

O secretario D. Jesús M. Castro Iglesias       A presidenta Dª Marina López Prieto


Ningún comentario:

Publicar un comentario