Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

mércores, 28 de outubro de 2015

Resumo asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro

O pasado día 21 de outubro celebrouse a asemblea xeral extraordinaria para elección de xunta directiva cos seguintes acordos:
  •  Aprobación da acta da asemblea xeral ordinaria do 25 de febreiro de 2015.
  • Informar a todos os socios e socias do desenvolvemento desta asemblea na que asistiron 13 persoas.
  • Convocar no prazo aproximado dun mes unha asemblea extraordinaria para elixir novamente xunta directiva ou, no caso de non haber candidatos, acordar cal será o futuro da Asociación.
  •  Declarar a xunta actual en funcións ata que se celebre a próxima asemblea extraordinaria.

INFORME DA ASEMBLEA:
Ás 20:30 e en 2ª convocatoria e coa presenza de 13 socios e socias iniciase a asemblea coa seguinte orde do día:
          Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de febreiro de 2015.
          Eleccións a Xunta Directiva.
          Rogos e preguntas.
Lese e apróbase por unanimidade a acta da asemblea xeral ordinaria do 25 de febreiro de 2015.
O secretario da Asociación informa que non se recibiron candidaturas para formar a xunta directiva. Pregúntanse se algún dos presentes quería ser candidato para formar unha nova xunta directiva e continuar co proceso de elección.
Ao non haber candidatos informase que os compoñentes da actual xunta directiva non teñen a intención de seguir. A non elección de xunta directiva xera un problema para a continuidade da Asociación xa que é un requisito legal.
Proponse, ante esta situación, informar a todos os socios e socias do acontecido nesta asemblea.
Proponse abrir un novo prazo, ata a próxima asemblea xeral extraordinaria, para a presentación de candidatos para constitución dunha nova xunta directiva, que releve a actual, xa en funcións desde esta asemblea.
Informase que a Asociación non pode continuar con unha xunta directiva en funcións indefinidamente, polo que, no caso de que na próxima asemblea xeral extraordinaria non se elixa unha xunta directiva, os socios e socias asistentes a esa asemblea terán que tomar unha decisión sobre o futuro da asociación, que pasa pola súa disolución.
No caso de chegar a este extremo, seguirase o establecido nos Estatutos da Asociación[1], os asistentes á asemblea terán que tomar o acordo de disolución voluntaria, nomear tres persoas liquidadoras e decidir sobre o destino dos recursos e haberes da Asociación.

[1][1] Artigo 43º.- Disolución da asociación.
A asociación disolverase voluntariamente por acordo da asemblea xeral extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado por maioría cualificada dos asociados asistentes.
Artigo 44º.- Nomeamento de liquidadores.
Acordada a disolución, a asemblea xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 45º.- Destinos dos haberes
O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita no concello de Santiago de Compostela que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.