Desde que se constituíu
a nosa asociación reclamouse, ao grupo de goberno e aos outros grupos
municipais, reiterada e insistentemente o arranxo das infraestruturas
deterioradas do barrio e unha mellora dos servizos públicos. Estas reclamacións recolléronse
nun informe da Xunta Directiva que foi presentado e aprobado na asemblea
extraordinaria do 27 de outubro de 2011.
Na xuntanza mantida o
día 3 de marzo de 2014 cos concelleiros do grupo de Goberno María Pardo Valdés, Luís
Meijide Rodríguez e José María Rosende Rico., a Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda... informounos do estado
en que se encontran a actuacións para dar resposta as nosas demandas, de xeito
resumido, a situación é a seguinte:
1. Actuación sobre a rúa Fonte dos
Concheiros, Fontiñas e Valiño. Xa está redactado o proxecto, aínda que está sen
superar as distintas fases previas a súa aprobación e execución. Esta actuación
será presentada aos veciños e o orzamento estimado é de 1.124.710€.
Esta actuación
ordenará os espazos, eliminará barreiras, humanizará o barrio, aumentará a
seguridade dos veciños e mellorará as infraestruturas das rúas afectadas.
2. No prazo de dous meses, a
asociación será informada sobre a posible actuación de urbanización da rúa
Altiboia.
3. Outras deficiencias, de menor
entidade, serán atendidas cos presupostos anuais que ten a de Concelleira
delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación, Cidade Histórica, Patrimonio,
Sostenibilidade, Sanidade e Cemiterios, tralo o requirimento da Asociación e despois da avaliación dos técnicos municipais.
4. Igualmente, o Concello reclamará a tres empresas, responsables de promocións de vivendas, que procedan a arranxar
os danos producidos no barrio durante a execución das obras, á eliminación de materiais de construción e á
recuperación de zonas verdes.
5. En relación o parque do Polígono
4 de Fontiñas – Cotaredo, a Asociación será recibida polo Sr. Alcalde para ser
informada e escoitada sobre todos os pormenores desta zona verde, antes da súa
inaguración.
6. Limpárase a fonte do “Cabezón”, na
rúa Fontiñas, e manteranse limpas de maleza as zonas sen urbanizar.
7. Colocaranse as placas de
identificación da rúa Cotaredo e da praza de Uruguay.
Ningún comentario:
Publicar un comentario