Acordos:
- Por unanimidade apróbanse a acta da asemblea xeral extraordinaria do 25 de outubro de 2013.
- Por unanimidade apróbase a memoria de actividade e memoria económica de 2013
- Por unanimidade apróbase a planificación de actividades e económica para o 2014 que será a seguinte:
- Sardiñada de San Xoán, 21 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 900 €)
- Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 800 €)
- Pincho de Nadal. (Custo estimado 300 €)
- Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
- Orzamento previsto para o ano 2014 é de 2.500 €.
- Por unanimidade apróbanse dar de baixa aos socios que, despois de comunicarlle a resolución da asemblea xeral, non abonen antes do 31 de marzo de 2014 as cotas correspondentes aos anos 2013 e 2014. O efecto da baixa terá data de 1 de abril de 2014. Faise unha excepción con un socio, que comunicou as súas dificultades económicas, prorrogándolle a súa condición de socio durante o ano 2014
- Continuar coa denuncia ante as autoridades municipais do estado lamentable dalgunhas beirarrúas do barrio e doutros servizos municipais, iluminación, contedores do lixo, rúa Altiboia, escaleiras Camiño Francés – rúa Valiño.
- Co fin de incrementar o nº de socios e socias acordouse redactar as instrucións necesarias, se non hai impedimento legal, para que as persoas que vivan nun mesmo domicilio teñan unha redución na cota das segundas e sucesivas altas de membros desa unidade familiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario