Data: Mércores
26 de febreiro de 2014.
Hora: ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e
as 20:00 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de
Fontiñas.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de outubro de 2013.
- Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2013.
- Presentación e aprobación da memoria económica de 2013.
- Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2014.
- Presentación e aprobación da planificación económica para o 2014.
- Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
- Baixas de socios.
- Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina López Prieto
¡¡¡ Asiste e
participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para
mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!
Memoria
de actividade de 2013.
A asociación desenvolveu durante o ano 2013 as
seguintes actividades:
- Asemblea xeral ordinaria o 21 de febreiro de 2013.
- Asemblea xeral extraordinaria de 2 de abril de 2013.
- Asemblea xeral extraordinaria de 25 de outubro de 2013.
- 13 reunións da xunta directiva.
- Entrevistas cos Srs. concelleiros do grupo de goberno (D. Luís García Bello, Dª. María Pardo Valdés, D. Luís Meijide Rodríguez.). Do PSdeG (D. Francisco Reyes, D. Bernardino Rama e D. Gonzalo Muiños). Do BNG (D. Rubén Cela e Dª. Elvira Cienfuegos).
- Sardiñada de San Xoán.
- Magosto.
- Pincho do Nadal.
- Outras actividades (Charlas de saúde, curso de cociña)
Memoria
económica de 2013.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2013
é o que se presenta na seguinte táboa.
CC NOVAGALICIA BANCO
|
3.511,63 €
|
||
Subvencións Concello de Santiago
|
816,94 €
|
||
Tesourería
|
166,55 €
|
Efectivo
|
|
Camisetas
|
300,00 €
|
Especie 42€
|
|
SALDO a 31 de decembro
|
4.795,12 €
|
O balance económico do ano 2013 é o que se
presenta na seguinte táboa.
Conceptos
|
Ingresos
|
Gastos
|
|
Saldo da AV a 31 de decembro de
2012
|
4.544,94 €
|
||
Cotas de socios
|
864,00 €
|
|
|
Socio descoñecido
|
12,00 €
|
|
|
Financieiros (devolución 12)
|
4,80 €
|
|
|
Subvención 2013
|
816,94 €
|
|
|
Actividades (curso de cociña)
|
52,00 €
|
|
Devolución 14
|
Camisetas
|
300,00 €
|
272,25 €
|
|
Inversións
|
97,99 €
|
||
Administración
|
222,20 €
|
||
Actividades
|
1.154,32 €
|
||
Financeiros
|
52,80 €
|
||
Totais
|
6.594,68 €
|
1.799,56 €
|
|
SALDO a 31 de decembro
|
4.795,12 €
|
As contas están a
disposición de todos os socios e socias o día da asemblea ou cando se requira, solicitándoo
no teléfono 662 005 756.
Proposta/planificación
de actividades para o 2014.
A xunta directiva propón desenvolver en 2014
as actividades que se relacionan a continuación:
- Sardiñada de San Xoán, 21 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 900 €)
- Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 800 €)
- Pincho de Nadal. (300 €)
- Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
Proposta/planificación
económica para o 2014.
A xunta directiva propón para o ano 2014 un
orzamento de 2.500 €, segundo se especifica na táboa.
Concepto
|
Ingresos
|
Gastos
|
Cotas socios (75)
|
900,00 €
|
|
Subvencións
|
1.600,00 €
|
|
Inversións
|
|
214,00 €
|
Administración
|
|
250,00 €
|
Actividades
|
|
2.000,00 €
|
Financeiros
|
|
36,00 €
|
Totais
|
2.500,00 €
|
2.500,00 €
|
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario