Estimados socios e socias, xúntase un
resumo do tratado na asemblea xeral ordinaria, celebrada o 25 de febreiro
de 2015, e os acordo tomados.
Asistentes: 10 personas.
Temas tratados:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio de 2014.
- Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2014.
- Presentación e aprobación da memoria económica de 2014.
- Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2015.
- Presentación e aprobación da planificación económica para o 2015.
- Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
- Baixas de socios.
- Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
- A acta da asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio de 2014.
- A memoria de actividade e económica do 2014.
- A planificación de actividades e económica para 2015.
- Autorizar á xunta directiva para valorar a posibilidade de contratación de servizos de hostalería para as actividades previstas para este ano.
- Dar de baixa aos socios e socias que non ingresaron as cotas de 2014 despois de ser comunicada esta obriga legal varias veces.
Rogos e preguntas:
- Solicitan varios veciños e veciñas que se solicite ao Concello unha actuación para ordenar o tráfico e o aparcamento nas rúas Cotaredo, Coto e Jaca.
- Proponse redactar un documento para a recollida de sinaturas dos veciños e veciñas no que se denuncie, ante o Concello de Santiago, a situación do tráfico e dos aparcamentos nas rúas Cotaredo, Coto e Jaca.
- Pídese que se reitere ao Concello a posta en marcha dos contedores de lixo soterrados das rúas Coto e Lisboa.
- Pídese que se lle reitere ao Concello a solicitude de finalizar a urbanización dun tramo da rúa Coto e a súa apertura ao tráfico.
Non habendo máis temas a tratar remata a
asemblea xeral ordinaria ás 21:35 horas do 25 de febreiro de 2015.