Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

mércores, 30 de novembro de 2011

Pincho de Nadal

PINCHO DO NADAL 2011
Máis de 50 persoas estivemos celebrando a chegada do Nadal. Compartimos uns momentos entrañables e brindamos por un 2012 cheo de bos desexos e felicidad.
Boas festas a tod@s @s veciñ@s do barrio.

martes, 1 de novembro de 2011

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2011
Estimados veciños e veciñas:
O pasado día 27 de outubro de 2011 celebrouse a asemblea xeral extraordinaria para elexir a primeira xunta directiva da asociación. As persoas elexidas para formar esta primeira xunta son:
  • PRESIDENTA: Dª Marina López Prieto.
  • VICEPRESIDENTE: D. Manuel F. Quintás Ares
  • SECRETARIO: D. Jesús Manuel Castro Iglesias.
  • VICESECRETARIO: D. Antonio Liste López.
  • TESOUREIRO: D. Pablo Suárez Méndez.
  • VOCAIS: Dª. Concepción Tojo Viqueira, D. Nicanor Ramón Fuentes Laiño, D. Manuel Jesús Valle Ortiz e Dª. María José Mosquera Rodríguez.
No apartado de rogos e preguntas:
  • Preséntase e explicase o documento ”Memoria do barrio das Fontiñas” no que se fai un breve recorrido polas rúas, mostrando a súa situación e relacionando as deficiencias nas infraestructuras e nos servizos públicos.
  • Acordase solicitar entrevista coas autoridades locais e os grupos municipais para darlle a coñecer este documento e requirir unha intervención sobre as infraestructuras e servizos do barrio.
  • Aprobase por maioría, con cargo aos presupostos da AV, a celebración do “Pincho de Nadal” o día 17 de decembro e a distribución a todos os socios/as de dúas invitacións para esta actividade. Igualmente, douse o visto bo a que a AV promovera e facilitara, na medida do posible, a realización dunha comparsa de carnaval e dun ciclo de cine. Ambos proxectos non terán coste algún para a asociación.
  • Faise unha enquisa sobre a preferencia das actividades.

sábado, 25 de xuño de 2011

Asemblea extraordinaria informativa (24 de xuño de 2011)

Temas tratados:
1. A presidenta abre a asemblea ás 20:15.
2. A presidenta explica as razóns que xustifican a creación da AV.
3. O vicepresidente expón os pasos dados ata o momento e as principais realizacións: acta de constitución, estatutos, blog, correo electrónico, etc.
4. O secretario presenta brevemente os estatutos da asociación, subliñado os seus fins.
5. A vicesecretaria explica o que teñen que facer os veciños para ser socios e a planificación e pasos que vai a dar a AV ata a convocatoria da asemblea de setembro. Na asemblea de setembro está previsto a constitución da primeira xunta directiva elixida polos socios dados de alta ata 15 de setembro.
6. Exponse o significado da participación veciñal e a importancia das asociacións veciñais.
7. Pídeselle aos veciños que se fagan socios e socias para que na asemblea de setembro poidan elixir e ser elixidos como membros da primeira xunta directiva da AV “O Camiño das Fontiñas".
8. Na quenda de rogos e preguntas algúns veciños e veciñas reflicten o seu malestar coa antiga asociación e insisten sobre a necesidade do traspaso dos fondos desta a nova asociación. Algúns veciños/as comentan a preocupación pola actuación urbanística das Cancelas e a súa repercusión sobre o barrio e os veciños da rúa do Camiño Francés.
9. Ás 21:45 remata a asemblea.

venres, 10 de xuño de 2011

Rexistro da asociación na Xunta de Galicia.

Xa se presentou na Xunta de Galicia a documentación requerida para dar de alta a A.V. "O Camiño das Fontiñas". Con este trámite a asociación constitúese como tal e aparecerá no rexistro de asociación da Consellería de Presidencia e Administracións Públicas da Xunta de Galicia.
Xa temos asociación de veciños, agora xa podemos traballar todos os veciños e veciñas para mellorar o noso barrio.

mércores, 1 de xuño de 2011

Xa se constituiu a asociación veciñal "O Camiño das Fontiñas"

Xa está constituida a NOVA asociación de veciños do barrio das Fontiñas, Santiago de Compostela.
O día 31 de maio aprobáronse os estatutos e levantouse o acta de constitución.
Xa se iniciaron os trámites administrativos de alta da asociación e próximamente realizarase un asamblea para presentar a asociación a todos os veciños e momear a súa xunta directiva.

mércores, 4 de maio de 2011

Redacción dos estatutos

Hoxe varias persoas estiveron traballando na redacción dos estatutos da AV. Nova Fontiñas.
O borrador de estatutos está moi avanzado e neste mes de maio quedará rematada a súa redacción.
A próxima semana estes veciños e veciñas volverán a reunirse para continuar traballando no estatuto e na constitución desta asociación, a AV do barrio das Fontiñas.

luns, 2 de maio de 2011

A xestación dunha nova asociación

Os veciños e veciñas das Fontiñas necesitamos asociarnos para desenvolvernos e medrar como grupo social. 
Unhas poucas persoas con inquietudes estamos intentado arrancar a asociación co fin de que canalice os intereses xerais de todos os veciños e veciñas. 
A asociación nace coa idea de fomentar a vida social e cultural entre a vecindade e de promover as melloras nos servizos públicos e de infraestructuras do barrio.
Estas persoas van a formalizar a asociación nunha acta constitucional, redactarán os estatutos para o seu funcionamento e rexistrarán, na delegación provincial da Xefatura Territorial da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a nova asociación.
Posteriormente convocarán unha asemblea para dar a conocer a asociación, os seus fins e os seus estatutos.
Esperamos que os asociedes todos e todas e que particepedes activamente no desenvolvemento desta nova asociación, que é o proxecto dun barrio moi vivo.

luns, 25 de abril de 2011

Nace unha nova asociación veciñal

Na reunión mantida hoxe por uns veciñ@s acordouse iniciar os traballos para crear unha nova AV que intentará iniciar as súas actividades o antes posible. Esta decisión foi tomada cómo consecuencia das dificultades encontradas para a recuperación da actividade da AV das Fontiñas. 
Os pasos a dar son: constituír a asociación mediante acordo tomado polos socios fundadores que se formalizará mediante unha acta constitucional; dotar de estatutos para o seu funcionamento; solicitar o seu rexistro na delegación provincial da Xefatura Territorial da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
Formalizada a AV convocarase unha asamblea extraordinaria para dar a coñecer a tod@s @s veciñ@s a asociación e os seus estatutos.

martes, 19 de abril de 2011

Traballos para recuperar a actividade da AV

As persoas que están intentado recuperar a actidade da AV encóntrase con numerosas dificultades.
Todavía non se dispón de toda a documentación da AV. Falta o libro de actas, descoñecese o censo de socios e non existe unha contabilidade. Estes son os principias problemas que dificultan a recuperación da AV respectando a legislación vixente.
Neste momento estase valorando outras alternativas metres se está á espera de ter o libro de actas. Este grupo de persoas volverá a xuntarse o luns 25 para continuar coa analise dos documentos da AV e do libro de actas se por fin aperece.

luns, 21 de marzo de 2011

Xuntanza do 21 de marzo. O que se falou.

Hoxe xuntámonos unhas 30 persoas para tratar de recuperar a AV As Fontiñas.
Acordouse, despois de distintas intervencións dos asistentes, que se constituíra una xunta xestora co fin de traballar para recuperar a actividade da AV e para que presentara nunha nova asamblea veciñal un proxecto de viabilidade e un equipo de dirección.
Esta xunta xestora deberá analizar a situación actual, propoñer os obxectivos da AV, revisar ou elaborar un borrador de estatutos e perfilar un equipo de personas que representen a AV e defendan os intereses de todos.
Para ilo, reunirase esta xunta xestora o próximo día 4 de abril ás 8 da tarde no Restaurante Monterrey.
Espero que engadades os vosos comentarios.

venres, 18 de marzo de 2011

Convocatoria 21 de marzo de 2011

A asociación de veciños "As Fontes" convoca á reunión de veciños que terá lugar no Restaurante Monterrey o luns 21 de marzo ás 20:30 horas;  en convocatoria única para tratar da seguinte orde do día:
Punto 1º: presentación de candidaturas á presidencia.
Punto 2º: elección de presidente "se procede"
Punto 3º: disolución da asociación "se procede"

sábado, 12 de marzo de 2011

Ámbito de influenza da AV as Fontiñas

Pertencen a esta AV as rúas Fonte dos Concheiros, Fontiñas e Valiño e as situadas ás súas beiras, entre o cruce dos Concheiros e o cruce da rúa do Valiño coa rúa París.
As rúas incluídas son: Rúa Fonte dos Concheiros, Rúa das Fontiñas, Rúa Valiño, Rúa Altiboia, Rúa Jaca, Rúa Cotaredo, Rúa Coto, Rúa Belgrado, Rúa Monte dos Postes, Rúa Mónaco e Camiño Francés.

sábado, 26 de febreiro de 2011

O que non ten o barrio.

  • Rúas e beirarúas adecudas e ben conservadas.
  • Actividades para os veciños.
  • Local social, parques infantis e zonas de lecer.
  • O tráfico ordeado e señalización adecuada.
  • Contedores do lixo soterrados.

O que ten o barrio.

  • As beirarúas estreitas, destrozadas en moitos sitios e ocupadas polos coches.
  • Suciedade na rúa e silvas nas súas beiras, contedores do lixo en mal estado.
  • Zonas peligrosas para os veciños e barreiras arquitectónicas.
  • Desmadre de tráfico, obras sen sinalizar, coches abandoados.

xoves, 24 de febreiro de 2011

Calendario de eventos de AV as Fontiñas

O día 18 de febreiro celebrouse no Restaurante Monterrey unha xuntanza de veciños da AV as Fontiñas.
O obxecto desta xuntanza foi o intentar recuperar a actividade da AV, para elo é necesario elixir unha nova xunta directiva que recupere e impulse as actividades da asociación.
O día 21 de marzo, nunha nova xuntanza, elixirase a nova xunta directiva da AV.

domingo, 20 de febreiro de 2011

As Fontiñas

A asociación de veciños "As Fontiñas" está intentando recuperar a súa actividade despois de anos en coma.
Para que se produza está recuperación algúns veciños reuníronse dúas veces no domicilio social da asociación.
Aínda que os asistentes mostraron interese por recuperar a asociación, esta decisión quedou á espera de que un grupo de persoas, con máis ou menos interese, queiran asumir esta responsabilidade.
Co fin de facilitar a participación e comunicación entre os veciños do barrio créase este blog. 
Nel todos poderemos ler as novas sobre que se vaian producindo na asociación e nel todos poderemos facer os nosos comentarios sobre o desenvolvemento da asociación.
A única condición esixible é a de ser respectuosos coas opinións e coas persoas que participan neste blog.