Xuntanza mantida o
día 22 de agosto de 2014 co concelleiro adscrito á Área de Participación Cidadá.
Departamento de Relacións Veciñais e Relacións co Medio Rural D. José María
Rosende Rico e a xunta directiva.
Informouse do estado no que se encontran distintos espazos do barrio e servizos
públicos, que relacionamos de seguido:
- Beirarrúa na Rúa Valiño e escaleiras co Camiño Francés. Requírese unha actuación que está pendente desde que se executaron as promocións de vivendas colindantes.
- Rúa Monte dos Postes. Varios tramos requiren a renovación do asfalto. Varios tramos de beirarrúa requiren reparar o pavimento.
- Rúa Camiño Francés, Valiño e Altiboia. Varios espazos verdes destas rúas requiren a limpeza da maleza.
- Rúa Fontiñas, fonte do “Cabezón”. A fonte require a súa limpeza e reparación.
- Iluminación na rúa Valiño. Reparar a farola e revisar as outras.
- Rúa Fonte dos Concheiros. Buratos de 20 cm. de profundidade que requiren unha actuación para evitar caídas e accidentes dos peóns.
- Solicítase a posta en marcha dos contedores soterrados das rúas Fontiñas e Coto.
- Rúas Cotaredo e Coto sen identificar. Requírese as correspondentes placas nestas dúas rúas.
- Novo parque do Cotaredo. Require reparar o firme dos sendeiros e ampliar un metro as pistas da chave.
- Eliminación de barreiras no paso de peóns da confluencia da rúa Fontiñas coa rúa Jaca.