CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Estimado socio-a, tal e como se acordou na asemblea xeral extraordinaria de 21 de outubro, convócase a asemblea xeral extraordinaria o mércores 2 de decembro de 2015 ás 20:00 hs en 1ª convocatoria, e as 20:30 hs en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día:
· Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
· Elección de Xunta Directiva.
· No caso de non ser elixida nova xunta acordar:
• A disolución da Asociación.
• Nomeamento de liquidadores
• O destino dos recursos.
• A data de cese de actividade.
· Rogos e preguntas.
Lugar: Salón de actos do Centro Socio-Cultural de Fontiñas.