Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

luns, 7 de decembro de 2015

Información sobre a asemblea xeral extraordinaria de 2 de decembro

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2015

Estimados socios e socias:

O pasado día 2 de decembro celebrouse a asemblea xeral extraordinaria coa seguinte orde do día:
·       Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
·             Elección de Xunta Directiva.
·             No caso de non ser elixida nova xunta acordar:
          A disolución da Asociación.
          Nomeamento de liquidadores
          O destino dos recursos.
          A data de cese de actividade.
·             Rogos e preguntas.

INFORME DA ASEMBLEA:
Ás 20:30 e en 2ª convocatoria e coa presenza de 19 socios e socias iniciase a asemblea.
Apróbase por unanimidade a acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
O secretario da Asociación informa que non se recibiron candidaturas para formar a xunta directiva. Pregúntanse se algún dos presentes quería ser candidato para formar unha nova xunta directiva e continuar co proceso de elección.
Ao non haber candidatos e por a imposibilidade de formar unha nova xunta directiva que represente á Asociación e tras valorar outras posibles opcións, coma a de declarar a asociación sen actividade, que permitiran a continuidade procedese a votar o destino da Asociación.
O resultado da votación foi o seguinte: a favor da disolución 14 socios/as, en contra 1 socio/a e abstencións 4 socios/as. 
Quedan como responsables do proceso a liquidación os membros a última xunta directiva.
Os recursos materiais e económicos da Asociación serán liquidados de acordo aos seguintes criterios:
·      Os medios materiais, parrilla, máquina de coser, impresora, camisetas e cuncas, serán repartidos entre os socios/as que mostraron interese por eles na asemblea.
·     Os fondos da Asociación serán repartidos, por partes iguais, entre tres organizacións sen ánimo de lucro da cidade. As tres organización elixidas polos asistentes foron a Cociña Económica, o Albergue de San Francisco e a Parroquia.
A Asociación desde o día 2 de decembro, ao entrar en fase liquidadora e de disolución, non realizará ningunha actividade, agás das xestións para a liquidación económica e a baixa definitiva no rexistro de Asociacións da Xunta e do Concello.
Todos os socios/as quedan eximidos das obrigas (cotas) coa Asociación desde a celebración desta asemblea extraordinaria.
Ás 21:30 horas remata esta asemblea extraordinaria.
Nota: Toda a información do proceso de liquidación e de baixa definitiva será remitida a todos os socios/as unha vez rematado o proceso. Igualmente, toda a documentación da Asociación quedará a disposición de todas as persoas que lles poida interesar no blog: http://barriofontinas.blogspot.com.es/


Felices festas.