Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

sábado, 25 de maio de 2013

Sardiñada de San Xoán


Estimados socios e socias:
A Asociación ten previsto organizar a tradicional sardiñada de San Xoán. Ao cadrar este ano en domingo o día 23 e ser festivo autonómico o 24, esta actividade pode ter pouco éxito por estar moitos veciños fóra de Santiago nesta datas.
Por este motivo proponse outras datas alternativas co fin de poder reunir maior número de socios/as e veciños/as do barrio. As datas son o venres 14 e o 21 de xuño e non se faría cacharela.
Se tes pensado vir este ano á sardiñada indícanos, antes do 1 de xuño e por correo electrónico, que data prefires e cantas persoas van acompañarte.

Venres 14 de xuño
Venres 21 de xuño
Domingo 23 de xuño
Nº de persoas




Igualmente, solicítanse voluntarios/as para facer os distintos traballos desta actividade, lembrade que esta actividade está feita por socios/as para socios/as e requírese a colaboración e participación de todos/as. As persoas que desexen axudar indíqueno tamén por correo electrónico.
O día 3 de xuño comunicarase a todos os socios/as o resultado da enquisa e a data da sardiñada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario