Data: Martes, 2 de abril ás 20:30 h. en convocatoria única
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 21 de febreiro de 2013
- Presentación e aprobación da reforma dos artigos 21, 25, 26, 27 e 33 dos Estatutos da Asociación e o regulamento para a elección da xunta directiva
- Lectura e aprobación da nota de prensa sobre o estado do barrio.
- Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina
López Prieto
Proposta de reforma dos
estatutos (nova redacción)
Artigo 21º. Xunta directiva
1. A xunta directiva estará formada polo
presidente da asociación, un secretario, un tesoureiro e tres vocais.
Artigo 25º. O presidente
O presidente da asociación será designado na asemblea xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos ata un máximo de 6. Será asistido nas súas funcións polo primeiro vocal que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
O presidente da asociación será designado na asemblea xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos ata un máximo de 6. Será asistido nas súas funcións polo primeiro vocal
Artigo 26º.- O secretario.
4. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade
do secretario este será substituído por un vocal. O presidente designará entre
os vocais a unha persoa que desenvolva esta función.
Artigo 27º.- O tesoureiro.
3. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade
do tesoureiro este será substituído por un vocal. O presidente designará entre
os vocais a unha persoa que desenvolva esta función.
Artigo 33º.- Proclamación dos candidatos.
Finalizada a votación e efectuado o reconto, o presidente da asemblea proclamará os candidatos e candidatas electos. Os candidatos electos constituirán a nova xunta directiva una vez remate o mandato da actual.
Finalizada a votación e efectuado o reconto, o presidente da asemblea proclamará os candidatos e candidatas electos. Os candidatos electos constituirán a nova xunta directiva una vez remate o mandato da actual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario