Hoxe varias persoas estiveron traballando na redacción dos estatutos da AV. Nova Fontiñas.
O borrador de estatutos está moi avanzado e neste mes de maio quedará rematada a súa redacción.
A próxima semana estes veciños e veciñas volverán a reunirse para continuar traballando no estatuto e na constitución desta asociación, a AV do barrio das Fontiñas.
- - Rúa de Jaca nº 5 – 1º B - - 15703 Santiago de Compostela - - E.mail: o.camino.fontinas@gmail.com - - Esta asociación cesou a súa actividade e está disolta por acordo dos seu socios e socias
Asociación
mércores, 4 de maio de 2011
luns, 2 de maio de 2011
A xestación dunha nova asociación
Os veciños e veciñas das Fontiñas necesitamos asociarnos para desenvolvernos e medrar como grupo social.
Unhas poucas persoas con inquietudes estamos intentado arrancar a asociación co fin de que canalice os intereses xerais de todos os veciños e veciñas.
A asociación nace coa idea de fomentar a vida social e cultural entre a vecindade e de promover as melloras nos servizos públicos e de infraestructuras do barrio.
Estas persoas van a formalizar a asociación nunha acta constitucional, redactarán os estatutos para o seu funcionamento e rexistrarán, na delegación provincial da Xefatura Territorial da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a nova asociación.
Posteriormente convocarán unha asemblea para dar a conocer a asociación, os seus fins e os seus estatutos.
Esperamos que os asociedes todos e todas e que particepedes activamente no desenvolvemento desta nova asociación, que é o proxecto dun barrio moi vivo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)