Temas tratados:
1. Lectura e aprobación da
acta da asemblea xeral extraordinaria do 2 de abril de 2013.
2. Eleccións a Xunta
Directiva.
3. Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
1. A acta da asemblea xeral
extraordinaria do 2 de abril de 2013.
2. Elíxese a única
candidatura presentada a xunta directiva.
A nova xunta directiva está constituída por:
- - Presidenta: Dª. Marina López Prieto
- - Secretario: D. Jesús Manuel Castro Iglesias
- - Tesoreiro: D. Carlos Emilio Martínez Martíns
- - Vocal: D. Antonio Liste López
- - Vocal: D. Manuel Fernando Quintás Ares
- - Vocal: D. Nicanor Ramón Fuentes Laiño
Rogos e preguntas:
Infórmase que a Asociación dispón dun local no CSC de Fontiñas para
reunirse e para recibir aos socios e socias os mércores a partir das 19:30.
Tamén se dispón de correo electrónico e de teléfono para achegar as suxestións
dos veciños e veciñas.
Infórmase a todos os socios e socias deben achegar as súas propostas de
actividades antes do 31 de decembro, para poder ser estudadas pola xunta
directiva e ser presentada para a súa aprobación na asemblea xeral ordinaria
prevista para o mes de febreiro. Para desenvolver as actividades procederase a
constituír comisións ou grupos de traballo, se así o considera a xunta
directiva.
A proposta de varios socios e socias asistente e da propia xunta directiva,
a asociación retomará a roda de contactos coas autoridades locais e grupos
políticos para presentar as deficiencias nos servizos e infraestruturas do
barrio e solicitar as oportunas solucións.
Nota importante
Lémbrase a todos/as que é moi importante facer máis socios/as. Unha masa
social numerosa permite que os logros da Asociación sexan maiores. Este ano
temos que acadar 100 socios/as, fai socio/a ao teu veciño/a, verás como vai a
quedar satisfeito. Prégase aos socios que non abonaron a cota do 2013 (12€) o
fagan o antes posible na CC da Asociación en NovaGalicia Banco (2080-0392-24-3040004227).
Ningún comentario:
Publicar un comentario