Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

martes, 4 de marzo de 2014

Resumo da entrevista coa Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación...

Desde que se constituíu a nosa asociación reclamouse, ao grupo de goberno e aos outros grupos municipais, reiterada e insistentemente o arranxo das infraestruturas deterioradas do barrio e unha mellora dos servizos públicos. Estas reclamacións recolléronse nun informe da Xunta Directiva que foi presentado e aprobado na asemblea extraordinaria do 27 de outubro de 2011.
Na xuntanza mantida o día 3 de marzo de 2014 cos concelleiros do grupo de Goberno María Pardo Valdés, Luís Meijide Rodríguez e José María Rosende Rico., a Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda... informounos do estado en que se encontran a actuacións para dar resposta as nosas demandas, de xeito resumido, a situación é a seguinte:
1.    Actuación sobre a rúa Fonte dos Concheiros, Fontiñas e Valiño. Xa está redactado o proxecto, aínda que está sen superar as distintas fases previas a súa aprobación e execución. Esta actuación será presentada aos veciños e o orzamento estimado é de 1.124.710€.
Esta actuación ordenará os espazos, eliminará barreiras, humanizará o barrio, aumentará a seguridade dos veciños e mellorará as infraestruturas das rúas afectadas.
2.    No prazo de dous meses, a asociación será informada sobre a posible actuación de urbanización da rúa Altiboia.
3.    Outras deficiencias, de menor entidade, serán atendidas cos presupostos anuais que ten a de Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación, Cidade Histórica, Patrimonio, Sostenibilidade, Sanidade e Cemiterios, tralo o requirimento da Asociación e despois da avaliación dos técnicos municipais.
4.    Igualmente, o Concello reclamará a tres empresas, responsables de promocións de vivendas, que procedan a arranxar os danos producidos no barrio durante a execución das obras, á eliminación de materiais de construción e á recuperación de zonas verdes.
5.    En relación o parque do Polígono 4 de Fontiñas – Cotaredo, a Asociación será recibida polo Sr. Alcalde para ser informada e escoitada sobre todos os pormenores desta zona verde, antes da súa inaguración.
6.    Limpárase a fonte do “Cabezón”, na rúa Fontiñas, e manteranse limpas de maleza as zonas sen urbanizar.
7.    Colocaranse as placas de identificación da rúa Cotaredo e da praza de Uruguay.