Estimado socio/a:
A xunta directiva convídalle a participar na festa do outono 2013
que se celebrará, no novo parque do barrio preto do espazo de xogos infantís da
rúa das Fontiñas, o día 19 de outubro.
A festa consistirá nunha serie de xogos para nenos e nenas e a degustación
dunhas tapas e castañas, ao coincidir esta data co tempo dos magostos
populares. Os nen@s deberán vir acompañados polos seus pais ou persoa adulta
para participar nas actividades.
Programa da festa.
De 12 a 14 h.
XOGOS POPULARES INFANTÍS: Carreiras de sacos. Tiro de corda. O pano. A culler.
Haberá “chuches” para os nenos e nenas que
participen.
De 14 a 16 h.
DEGUSTACIÓN PRATOS
POPULARES: Os asistentes poderán gozar da degustación de pratos feitos polos
veciñ@s, tortillas, empanadas, etc. As bebidas non envasadas serán gratis para
todos os asistentes, as bebidas de lata custarán un 1€. As persoas que
colaboren cos seus pratos terán todas as bebidas gratis.
Haberá premios para os mellores pratos dos veciñ@s.
De 16 a 20 h.
XOGOS POPULARES INFANTÍS:
Continúan os xogos da mañá con unha Piñata e os inchables, cedidos polo
Concello de Santiago.
A partir das 18 h.
MAGOSTO POPULAR. Castañas e bebidas non envasadas
gratis. As latas custarán un 1€.
Ningún comentario:
Publicar un comentario