1. Festa da primavera. Con motivo do día da
nai e coa colaboración do Concello a nosa Asociación organiza a 1ª Festa
da Primavera. Esta de actividade desenvólvese o día 5 de maio entre
as 17:00 e as 20:00 horas e está destinada aos máis pequenos do barrio. Haberá
inchables, facilitados polo Concello e xogos tradicionais infantis. Non é
necesario ser socio da Asociación para participar nesta actividade.
2. Excursión á Ribeira
Sacra. Esta excursión ten como principal actractivo a viaxe en catamarán polos
cañóns do río Sil, visita a unha bodega da zona e ao castelo de Castro
Caldelas. A duración e dun día e o custo aproximado por persoa é de 40 €,
incluído o xantar. Está actividade desenvolverase se o número de persoas
interesadas permite facer un grupo. Os interesados deberán apuntarse, por
correo electrónico ou teléfono[1],
antes do 14 de maio e pagar a excusión, de levarse a cabo, antes do 18 de maio.
No caso de que a demanda sexa moi alta seguirase a orde de inscripción para a
reserva da praza.
3. Excusións a pé. A 1ª o sábado 19 de
maio excursión ao Pedroso, saída ás 17:30, merenda e xogos para nenos na Finca
do Sexto e volta. A 2ª o sábado 16 de xuño, excursión desde Arca a Santiago
percorrendo o camiño de Santiago e xantando no camiño. Desplazarémonos en autobus
ata Arca a media mañá e chegaremos ao noso barrio pola tarde. Os interesados
deberán apuntarse ata dos días antes, por correo electrónico ou teléfono1,
para poder establecer todo o necesario para o desprazamento e o xantar, que
será con cargo a cada participante.
4. Sardiñada de San Xoan. A xunta directiva, ao
non presententarse socios e socias voluntarios para participar no desenvolvemento
desta actividade, está buscando alternativas que permitan levar a cabo a
sardiñada e a cacharela. Pregamos a todas as persoas, que queiran arrimar o seu
ombro para desenvolver esta actividade, comunique á xunta directiva a súa dispoñibilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario