Hora: ás 20:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:45 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
▪ Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 26 de febreiro de 2014
▪ Aprobación da cota de 6€ para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
▪ Aprobación da modificación do Regulamento filiación de socios/as na que se regulan as cotas dos socios/as.
▪ Información sobre a última entrevista mantida pola Asociación coa concelleira Dª María Pardo Valdés.
▪ Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina López
Prieto
¡¡¡ Asiste e participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!
Proposta de reforma do Regulamento de filiación de socios/as.
Cota anual de socio/a:
·
Redacción en vigor:As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio adulto é de 12€ independentemente do mes do ano en que se inscriba. A baixa na asociación non da dereito a devolución da cota. Os menores abonarán unha cota anual de 6€ ata o ano no que acaden a maioría de idade.
· Nova redacción:
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio/a establécese en 12€ anuais, independentemente do mes do ano en que se inscriba. Co fin de favorecer a participación nas actividades da asociación das familias e incrementar o número de socios/as, establécese unha cota anual de 6€ para segundos ou sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar, que así o acrediten cando realicen a súa solicitude.
A cota resultante das unidades familiares abonarase nun recibo único e calcularase aplicando a seguinte formula: Cota anual familiar =12€+((S+M)*6€), sendo S o nº de sucesivos socios e M o nº de socios menores. As cotas familiares sempre terán un sumando de 12€ e outro de 6€*(S+M).
Ningún comentario:
Publicar un comentario