Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2015
Estimados socios e socias:
O
pasado día 2 de decembro celebrouse a asemblea xeral extraordinaria coa
seguinte orde do día:
· Lectura e
aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
·
Elección de Xunta Directiva.
·
No caso de non ser elixida nova xunta acordar:
•
A disolución da Asociación.
•
Nomeamento de liquidadores
•
O destino dos recursos.
•
A data de cese de actividade.
·
Rogos e preguntas.
INFORME DA ASEMBLEA:
Ás 20:30
e en 2ª convocatoria e coa presenza de 19 socios e socias iniciase a asemblea.
Apróbase
por unanimidade a acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de
2015.
O
secretario da Asociación informa que non se recibiron candidaturas para formar
a xunta directiva. Pregúntanse se algún dos presentes quería ser candidato para
formar unha nova xunta directiva e continuar co proceso de elección.
Ao non
haber candidatos e por a imposibilidade de formar unha nova xunta directiva que
represente á Asociación e tras valorar outras posibles opcións, coma a de
declarar a asociación sen actividade, que permitiran a continuidade procedese a
votar o destino da Asociación.
O
resultado da votación foi o seguinte: a favor da disolución 14 socios/as, en
contra 1 socio/a e abstencións 4 socios/as.
Quedan
como responsables do proceso a liquidación os membros a última xunta directiva.
Os
recursos materiais e económicos da Asociación serán liquidados de acordo aos
seguintes criterios:
· Os medios materiais, parrilla, máquina de coser, impresora, camisetas e
cuncas, serán repartidos entre os socios/as que mostraron interese por eles na
asemblea.
· Os fondos da Asociación serán repartidos, por partes iguais, entre tres
organizacións sen ánimo de lucro da cidade. As tres organización elixidas polos
asistentes foron a Cociña Económica, o Albergue de San Francisco e a Parroquia.
A
Asociación desde o día 2 de decembro, ao entrar en fase liquidadora e de disolución,
non realizará ningunha actividade, agás das xestións para a liquidación
económica e a baixa definitiva no rexistro de Asociacións da Xunta e do
Concello.
Todos
os socios/as quedan eximidos das obrigas (cotas) coa Asociación desde a
celebración desta asemblea extraordinaria.
Ás
21:30 horas remata esta asemblea extraordinaria.
Nota: Toda a información do proceso de liquidación e de baixa
definitiva será remitida a todos os socios/as unha vez rematado o proceso.
Igualmente, toda a documentación da Asociación quedará a disposición de todas
as persoas que lles poida interesar no blog: http://barriofontinas.blogspot.com.es/
Felices festas.