Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

xoves, 15 de agosto de 2013

Obras no barrio, comunicado do Concello

http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=10161

Melloras no pavimento das rúas do barrio

O luns presentouse o paquete de obras que se executarán en sete barrios da cidade. 
O presupuesto é de 485.645 euros repartidos en varios proxectos nos barrios de San Juan de Afora-Romaño, Viso, Amio, Fontiñas, Vite-San Juan (Guadalupe), San Paio-Casas Novas, Pontepedriña, Casa Agraria-Meixonfrío e Laraño.
Nas Fontiñas, onde actualmente está traballando a brigada municipal para reparar beirarrúas, invertiranse 66.904 euros na rúa Jaca, onde se rebaixará un paso de peóns, e a reparación da pavimento das beirarrúas das rúas Cotaredo e Coto e oaglomerado da rúa Monte dos Postes. 

sábado, 27 de xullo de 2013

Homenaxe ás vítimas e á xenerosidade

ACCIDENTE EN SANTIAGO

Santiago dedicará un parque a las víctimas y a la generosidad de la ciudad

ROSA MARTÍNEZ

La ciudad de Santiago dedicará un parque a las víctimas del accidente ferroviario de Angrois. Será posiblemente el último que se ha construido, localizado en Fontiñas y todavía sin nombre. Es la ubicación que planteará el alcalde, Ángel Currás, a la oposición.
Ese homenaje a las víctimas irá acompañado también del reconocimiento a la «xenerosidade e solidariedade» de la ciudad, cuya reacción elogió de nuevo el regidor esta mañana en una comparecencia pública posterior a los cinco minutos de silencio que numerosos ciudadanos guardaron en la plaza del Obradoiro en homenaje y demostración de duelo por las víctimas.

xoves, 25 de xullo de 2013

Solidarios coas víctimas

Os veciños e veciñas do barrio de Fontiñas estamos consternados co accidente do tren en Agrois. Queremos transmitirlles ás vítimas e aos seus familiares as nosas condolencias.

domingo, 16 de xuño de 2013

Cacharela de San Xoán 2013

Estimados socios e socias, a Asociación vai a organizar este ano a sardiñada e a cacharela de San Xoán o próximo venres 21 de xuño, ás 21:00 horas.
Esta festa é gratis para todos aqueles socios e socias que teñan abonada a cota do ano en curso.
Co fin de estimar as sardiñas, o pan e as bebidas que se necesitan é necesario que todos os socios e socias se apunten chamando por teléfono ou escribindo un correo electrónico, antes do día 18 de xuño, indicando o número de persoas que van a asistir.
A sardiñada e a cacharela desenvolverase na rúa Cotaredo, á altura do Inem. As sardiñas empezaranse a asar ás 21:00 horas ata terminalas.

mércores, 5 de xuño de 2013

Parque de Fontiñas (noticia Correo Gallego)

El parque compostelano de Fontiñas, como la obra del Escorial

Pese a que los vecinos ya lo han estrenado, aún se están dando los últimos retoques

ELVA OTERO. SANTIAGO
A- A+

Pese a que los vecinos lo estrenaron hace meses, el nuevo parque de Fontiñas aún no está listo. Faltan pequeños retoques como reasfaltar el núcleo de Cotaredo, colocar unas barandillas o inutilizar las salidas de luces de la zona de juegos, explica la concelleira del ramo, María Pardo. Aunque el espacio tendría que estar inaugurado desde hace un año, Raxoi todavía no ha recibido la obra debido a un rifirrafe con la junta de compensación del polígono 4. "La urbanización carece de garantías porque el anterior equipo de gobierno no lo exigió", advierte la edil. El depósito tendría que haber llegado a las arcas municipales coincidiendo con la aprobación definitiva del plan parcial, algo que no sucedió. "Al no existir tal garantía no podemos amenazar con la ejecución subsidiaria", continúa Pardo.

sábado, 25 de maio de 2013

Sardiñada de San Xoán


Estimados socios e socias:
A Asociación ten previsto organizar a tradicional sardiñada de San Xoán. Ao cadrar este ano en domingo o día 23 e ser festivo autonómico o 24, esta actividade pode ter pouco éxito por estar moitos veciños fóra de Santiago nesta datas.
Por este motivo proponse outras datas alternativas co fin de poder reunir maior número de socios/as e veciños/as do barrio. As datas son o venres 14 e o 21 de xuño e non se faría cacharela.
Se tes pensado vir este ano á sardiñada indícanos, antes do 1 de xuño e por correo electrónico, que data prefires e cantas persoas van acompañarte.

Venres 14 de xuño
Venres 21 de xuño
Domingo 23 de xuño
Nº de persoas




Igualmente, solicítanse voluntarios/as para facer os distintos traballos desta actividade, lembrade que esta actividade está feita por socios/as para socios/as e requírese a colaboración e participación de todos/as. As persoas que desexen axudar indíqueno tamén por correo electrónico.
O día 3 de xuño comunicarase a todos os socios/as o resultado da enquisa e a data da sardiñada.

luns, 25 de marzo de 2013

Convocatoria Asemblea xeral extraordinaria


Data: Martes, 2 de abril ás 20:30 h. en convocatoria única
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:

  •  Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 21 de febreiro de 2013 
  • Presentación e aprobación da reforma dos artigos 21, 25, 26, 27 e 33 dos Estatutos da Asociación e o regulamento para a elección da xunta directiva
  • Lectura e aprobación da nota de prensa sobre o estado do barrio. 
  • Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina López Prieto

Proposta de reforma dos estatutos (nova redacción)
Artigo 21º. Xunta directiva
1.    A xunta directiva estará formada polo presidente da asociación, un secretario, un tesoureiro e tres vocais.
Artigo 25º. O presidente
O presidente da asociación será designado na asemblea xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos ata un máximo de 6. Será asistido nas súas funcións polo primeiro vocal que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 26º.- O secretario.
4.    Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario este será substituído por un vocal. O presidente designará entre os vocais a unha persoa que desenvolva esta función.
Artigo 27º.- O tesoureiro.
3.    Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do tesoureiro este será substituído por un vocal. O presidente designará entre os vocais a unha persoa que desenvolva esta función.
Artigo 33º.- Proclamación dos candidatos.
Finalizada a votación e efectuado o reconto, o presidente da asemblea proclamará os candidatos e candidatas electos. Os candidatos electos constituirán a nova xunta directiva una vez remate o mandato da actual.

luns, 18 de marzo de 2013

Ciclo de charlas divulgativas de saúde

A diabetes
Relator: Dr. Manuel Quintas Ares

Datas: 2, 16 y 30 de abril
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas
Hora: 19:30

Entrada libre

Información da ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2013

Resumo do tratado na asemblea xeral ordinaria, celebrada o 21 de febreiro de 2013, e os acordo tomados.

Temas tratados:
  1.   Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 23 de febreiro de 2012.
  2.   Información sobre as entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
  3.  Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2012.
  4.  Presentación e aprobación da memoria económica de 2012.
  5. Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2013.
  6. Presentación e aprobación da planificación económica para o 2013.
  7.  Baixas de socios e socias.
  8.  Proposta de reforma dos estatutos e do Regulamento para a elección da xunta directiva.
  9. Proposta de explotación da horta da Asociación.
  10. Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
  1.  A memoria de actividade, memoria económica e contas de 2012.
  2.  A planificación de actividades a planificación económica para o 2013.
  3.  Comunicar a baixa aos socios que non abonaron a cota de 2012.
  4.  Requirir ao Concello para que arranxe as deficiencias no barrio relacionadas coas beirarrúas, pasos de peóns, rúas, alumeado, parques, etc.
  5.  Informar aos grupos municipais sobre estas deficiencias e do esquecemento a que está sometido o barrio por parte do Goberno Municipal
  6.  Denunciar a saída de augas fecais detrás do Mesón Os Concheiros.
  7.  Convocar unha asemblea extraordinaria para a aprobación:

  • Do escrito de reclamación de deficiencias do barrio.
  • Da reforma dos estatutos no que re refire á composición da xunta directiva e o regulamento da súa elección.
Nota importante
Para facilitar o normal funcionamento da asociación e desenvolvemento de actividades, todos os socios/as debemos abonar a cota anual (12€) antes do 31 de marzo na CC que ten a Asociación en NovaGalicia Banco (2080-0392-24-3040004227).
Lémbrase a todos/as que é moi importante facer máis socios/as. Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan maiores, no que se refire á atención prestada polas autoridades e responsables de darnos servizos, e no que se refire á posibilidade de desenvolver actividades no barrio. Este ano temos que ser 100 socios/as, fai socio/a ao teu veciño/a, verás como vai a quedar satisfeito.
A presidenta Marina López Prieto

sábado, 16 de febreiro de 2013

Convocatoria asemblea xeral ordinaria 2013

Data: Xoves, 21 de febreiro  de 2013 ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:00 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
  • Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 23 de febreiro de 2012
  • Información sobre as entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
  • Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2012.
  • Presentación e aprobación da memoria económica de 2012.
  • Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2013.
  • Presentación e aprobación da planificación económica para o 2013.
  • Baixas de socios e socias.
  • Proposta de reforma dos estatutos e do Regulamento para a elección da xunta directiva.
  • Proposta de explotación da horta da Asociación.
  • Rogos e preguntas.

A Presidenta: Marina López Prieto

Memoria de actividade de 2012.
A asociación desenvolveu durante o ano 2012 as seguintes actividades:
  • Asemblea xeral ordinaria o 23 de febreiro de 2012.
  • Entrevistas co Sr. Alcalde e con distintos concelleiros.
  • Sardiñada de San Xoán.
  • Magosto.
  • Pincho do Nadal.
  • Outras actividades (Colaboración co Centro Sociocultural de Fontiñas na Festa gastronómica do Entroido, excursións Vive, Vivamos, Vivenzas)


Memoria económica de 2012.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2012 é o que se presenta na seguinte táboa.
CC NOVACAIXAGALICIA BANCO
3.486,68 €
Subvencións Concello de Santiago
952,42 €

Caixa da Presidenta
105,84 €
SALDO a 31 de decembro
4.544,94

O balance económico do ano 2012 é o que se presenta na seguinte táboa.
Conceptos
Ingresos
Gastos
Saldo da AV a 31 de decembro de 2011
4.605,50 €
Cotas de socios
637,00 €


Subvención Concello
952,42 €


Inversións
474,29 €
Administración
120,79 €
Actividades
1.019,10 €
Financeiros
35,80 €
Totais
6.194,92
1.649,98
SALDO a 31 de decembro
4.544,94
As contas están a disposición de todos os socios e socias o día da asemblea ou cando se requira, solicitándoo no teléfono 609617566.

Proposta/planificación de actividades para o 2013.
A xunta directiva propón desenvolver en 2013 as actividades que se relacionan a continuación:
  • Sardiñada de San Xoán, 23 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 450 €)
  • Festa da primavera, 4 ou 18 de maio no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos, de chave para adultos, concurso de tortillas de patacas. (Custo estimado 275 €)
  • Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos, de chave para adultos, magosto. (Custo estimado 275 €)
  • Pincho de Nadal. (200 €)
  • Ciclo de charlas sanitarias. Periodicidade trimestral sobre temas de saúde pública e comunitaria. (Sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que se imputarán ao capítulo de administración)

O custos do desenvolvemento destas actividades serán atendidos cos fondos propios da asociación e con subvencións. Os custos doutras actividades deberán ser asumidos polos seus promotores.

Proposta/planificación económica para o 2013.
A xunta directiva propón e prevé un orzamento para o ano 2013 de 1.920 €, segundo se especifica a continuación.
Concepto
Ingresos
Gastos
Cotas socios (60)
720,00 €
Subvencións
1.200,00 €

Inversións

400,00 €
Administración

284,00 €
Actividades

1.200,00 €
Financeiros

36,00 €
Totais
1.920,00
1.920,00