Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

xoves, 8 de maio de 2014

Información da ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA de maio 2014

Estimados socios e socias, remítese un resumo do tratado na asemblea xeral extraordinaria, celebrada o 7 de maio de 2014, e os acordo tomados.

Asistentes: 19 socios e socias.

Temas tratados:
1.    Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 26 de febreiro de 2014
2.    Aprobación da cota de 6€ para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
3.    Aprobación da modificación do Regulamento de filiación de socios/as na que se regulan as cotas dos socios/as.
4.    Información sobre a última entrevista mantida pola Asociación coa concelleira Dª María Pardo Valdés.
5.    Rogos e preguntas.

Acordos:
Por unanimidade apróbase:
1)    A acta da asemblea xeral ordinaria do 26 de febreiro de 2014.
2)    Manter unha cota de 12€ para os socios/as e establecer a cota de 6 € para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
3)    A modificación do Regulamento de filiación de socios/as nos apartados no que se establecen as cotas coa seguinte redacción:
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio/a establécese en 12€ anuais, independentemente do mes do ano en que se inscriba. Co fin de favorecer a participación nas actividades da asociación das familias e incrementar o número de socios/as, establécese unha cota anual de 6€ para segundos ou sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar, que así o acrediten cando realicen a súa solicitude.
A cota resultante das unidades familiares abonarase nun recibo único e calcularase aplicando a seguinte formula: Cota anual familiar =12€+((S+M)*6€), sendo S o nº de sucesivos socios e M o nº de socios menores. As cotas familiares sempre terán un sumando de 12€ e outro de 6€*(S+M).
4)    Esta modificación entra en vigor o día 8 de maio de 2014.
5)    Aplicarase ás persoas que se fagan socios/as despois desta data.
6)    Aos socios/as actuais, que xa abonaran a cota de 2014, se lles aplicará a redución da cota para segundos e sucesivos socios/as a partir de 2015, debendo comunicar á Asociación os datos das persoas que integran a unidade familiar e quedan vinculados entre si.
7)    Os segundos e sucesivos socios/as de socios actuais que se dean de alta na Asociación a partir do 8 de maio abonarán unha cota de 6€, deberán indicar, ademais dos seus datos persoais, o socio/a ao que se vincularán. Poderán descargar o formulario na blog da Asociación.
8)    Continuar demandando ás autoridades locais, grupo de goberno e grupos da oposición, a mellora das infraestruturas e servizos do barrio.

Rogos e preguntas:
 
1)    Constituír unha comisión para levar a cabo as festas do San Xoán, sardiñada e cacharela, o 21 de xuño de 2014.
2)    Vaise a facer unha captación de novos socios mediante a venta de invitacións para a sardiñada de San Xoán.

Lembra:
O prazo para o pago da cota de 2014 rematou o día 31 de marzo. Se aínda non estás ao día coa túa cota e, para que a asociación poida facer as actividades previstas, debes facer o pago da mesma o antes posible na CC que ten a Asociación en NovaGalicia Banco ES15-2080-0392-2430-4000-4227.
É moi importante facer máis socios/as na nosa familia, agora é máis barato coa modificación aprobada para as persoas dunha unidade familiar, só 6€ por persoa ao ano.
Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan maiores, no que se refire á atención prestada polas autoridades e responsables de darnos servizos, e no que se refire á posibilidade de desenvolver actividades no barrio.
Este ano temos que ser máis de 100 socios/as, invita tamén aos teus amigos/as, veciños/as, a facerse socios/as e a participar para facer barrio.

A presidenta Marina López Prieto

xoves, 1 de maio de 2014

Convocatoria de asemblea xeral extraordinaria

Data: Mércores 7 de maio de 2014.
Hora: ás 20:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:45 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
          Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 26 de febreiro de 2014
          Aprobación da cota de 6€ para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
          Aprobación da modificación do Regulamento filiación de socios/as na que se regulan as cotas dos socios/as.
          Información sobre a última entrevista mantida pola Asociación coa concelleira Dª María Pardo Valdés.
          Rogos e preguntas.

A Presidenta: Marina López Prieto

¡¡¡ Asiste e participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!

Proposta de reforma do Regulamento de filiación de socios/as.

Cota anual de socio/a:
·         Redacción en vigor:
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio adulto é de 12€ independentemente do mes do ano en que se inscriba. A baixa na asociación non da dereito a devolución da cota. Os menores abonarán unha cota anual de 6€ ata o ano no que acaden a maioría de idade.

·         Nova redacción:
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio/a establécese en 12€ anuais, independentemente do mes do ano en que se inscriba. Co fin de favorecer a participación nas actividades da asociación das familias e incrementar o número de socios/as, establécese unha cota anual de 6€ para segundos ou sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar, que así o acrediten cando realicen a súa solicitude.

A cota resultante das unidades familiares abonarase nun recibo único e calcularase aplicando a seguinte formula: Cota anual familiar =12€+((S+M)*6€), sendo S o nº de sucesivos socios e M o nº de socios menores. As cotas familiares sempre terán un sumando de 12€ e outro de 6€*(S+M).

martes, 4 de marzo de 2014

Resumo da entrevista coa Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación...

Desde que se constituíu a nosa asociación reclamouse, ao grupo de goberno e aos outros grupos municipais, reiterada e insistentemente o arranxo das infraestruturas deterioradas do barrio e unha mellora dos servizos públicos. Estas reclamacións recolléronse nun informe da Xunta Directiva que foi presentado e aprobado na asemblea extraordinaria do 27 de outubro de 2011.
Na xuntanza mantida o día 3 de marzo de 2014 cos concelleiros do grupo de Goberno María Pardo Valdés, Luís Meijide Rodríguez e José María Rosende Rico., a Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda... informounos do estado en que se encontran a actuacións para dar resposta as nosas demandas, de xeito resumido, a situación é a seguinte:
1.    Actuación sobre a rúa Fonte dos Concheiros, Fontiñas e Valiño. Xa está redactado o proxecto, aínda que está sen superar as distintas fases previas a súa aprobación e execución. Esta actuación será presentada aos veciños e o orzamento estimado é de 1.124.710€.
Esta actuación ordenará os espazos, eliminará barreiras, humanizará o barrio, aumentará a seguridade dos veciños e mellorará as infraestruturas das rúas afectadas.
2.    No prazo de dous meses, a asociación será informada sobre a posible actuación de urbanización da rúa Altiboia.
3.    Outras deficiencias, de menor entidade, serán atendidas cos presupostos anuais que ten a de Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación, Cidade Histórica, Patrimonio, Sostenibilidade, Sanidade e Cemiterios, tralo o requirimento da Asociación e despois da avaliación dos técnicos municipais.
4.    Igualmente, o Concello reclamará a tres empresas, responsables de promocións de vivendas, que procedan a arranxar os danos producidos no barrio durante a execución das obras, á eliminación de materiais de construción e á recuperación de zonas verdes.
5.    En relación o parque do Polígono 4 de Fontiñas – Cotaredo, a Asociación será recibida polo Sr. Alcalde para ser informada e escoitada sobre todos os pormenores desta zona verde, antes da súa inaguración.
6.    Limpárase a fonte do “Cabezón”, na rúa Fontiñas, e manteranse limpas de maleza as zonas sen urbanizar.
7.    Colocaranse as placas de identificación da rúa Cotaredo e da praza de Uruguay.

xoves, 27 de febreiro de 2014

Acordo da asemblea xeral ordinaria do 26 de febreiro de 2014

Acordos:
  1. Por unanimidade apróbanse a acta da asemblea xeral extraordinaria do 25 de outubro de 2013.
  2. Por unanimidade apróbase a memoria de actividade e memoria económica de 2013
  3. Por unanimidade apróbase a planificación de actividades e económica para o 2014 que será a seguinte:
  • Sardiñada de San Xoán, 21 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 900 €)
  •  Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 800 €)
  •  Pincho de Nadal. (Custo estimado 300 €)
  •  Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
  • Orzamento previsto para o ano 2014 é de 2.500 €.

  1. Por unanimidade apróbanse dar de baixa aos socios que, despois de comunicarlle a resolución da asemblea xeral, non abonen antes do 31 de marzo de 2014 as cotas correspondentes aos anos 2013 e 2014. O efecto da baixa terá data de 1 de abril de 2014. Faise unha excepción con un socio, que comunicou as súas dificultades económicas, prorrogándolle a súa condición de socio durante o ano 2014
  2. Continuar coa denuncia ante as autoridades municipais do estado lamentable dalgunhas beirarrúas do barrio e doutros servizos municipais, iluminación, contedores do lixo, rúa Altiboia, escaleiras Camiño Francés – rúa Valiño.
  3. Co fin de incrementar o nº de socios e socias acordouse redactar as instrucións necesarias, se non hai impedimento legal, para que as persoas que vivan nun mesmo domicilio teñan unha redución na cota das segundas e sucesivas altas de membros desa unidade familiar. 

mércores, 12 de febreiro de 2014

Convocatoria asemblea xeral ordinaria 2014

Data: Mércores 26 de febreiro de 2014.
Hora: ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:00 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
  • Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de outubro de 2013.
  • Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2013.
  • Presentación e aprobación da memoria económica de 2013.
  • Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2014.
  • Presentación e aprobación da planificación económica para o 2014.
  • Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
  • Baixas de socios.
  • Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina López Prieto
¡¡¡ Asiste e participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!

Memoria de actividade de 2013.
A asociación desenvolveu durante o ano 2013 as seguintes actividades:
  • Asemblea xeral ordinaria o 21 de febreiro de 2013.
  • Asemblea xeral extraordinaria de 2 de abril de 2013.
  •  Asemblea xeral extraordinaria de 25 de outubro de 2013.
  • 13 reunións da xunta directiva.
  • Entrevistas cos Srs. concelleiros do grupo de goberno (D. Luís García Bello, Dª. María Pardo Valdés, D. Luís Meijide Rodríguez.). Do PSdeG (D. Francisco Reyes, D. Bernardino Rama e D. Gonzalo Muiños). Do BNG (D. Rubén Cela e Dª. Elvira Cienfuegos).
  • Sardiñada de San Xoán.
  • Magosto.
  • Pincho do Nadal.
  • Outras actividades (Charlas de saúde, curso de cociña)

Memoria económica de 2013.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2013 é o que se presenta na seguinte táboa.
CC NOVAGALICIA BANCO
3.511,63 €
Subvencións Concello de Santiago
816,94 €

Tesourería
166,55 €
Efectivo
Camisetas
300,00 €

Especie 42€
SALDO a 31 de decembro
4.795,12 €
 O balance económico do ano 2013 é o que se presenta na seguinte táboa.
Conceptos
Ingresos
Gastos
Saldo da AV a 31 de decembro de 2012
4.544,94 €
Cotas de socios
864,00 €


Socio descoñecido
12,00 €


Financieiros (devolución 12)
4,80 €


Subvención 2013
816,94 €


Actividades (curso de cociña)
52,00 €

Devolución 14
Camisetas
300,00 €
272,25 €

Inversións
97,99 €
Administración
222,20 €
Actividades
1.154,32 €
Financeiros
52,80 €
Totais
6.594,68 €
1.799,56 €
SALDO a 31 de decembro
4.795,12 €
As contas están a disposición de todos os socios e socias o día da asemblea ou cando se requira, solicitándoo no teléfono 662 005 756.

Proposta/planificación de actividades para o 2014.
A xunta directiva propón desenvolver en 2014 as actividades que se relacionan a continuación:
  • Sardiñada de San Xoán, 21 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 900 €)
  • Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 800 €)
  • Pincho de Nadal. (300 €)
  • Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
O custos do desenvolvemento destas actividades serán atendidos cos fondos propios da asociación e con subvencións. Os custos doutras actividades deberán ser asumidos polos seus promotores.

Proposta/planificación económica para o 2014.
A xunta directiva propón para o ano 2014 un orzamento de 2.500 €, segundo se especifica na táboa.
Concepto
Ingresos
Gastos
Cotas socios (75)
900,00 €
Subvencións
1.600,00 €

Inversións

214,00 €
Administración

250,00 €
Actividades

2.000,00 €
Financeiros

36,00 €
Totais
2.500,00
2.500,00



xoves, 19 de decembro de 2013

Visita ao barrio do BNG

Hoxe visitaron As Fontiñas os representantes do grupo municipal BNG, Rubén Cela e Elvira Cienfuegos, para comprobar o estado de deterioro das infraestruturas e servizos do barrio. Comprometéronse cos representantes da Asociación en apoiar as reivindicacións realizadas polos veciños e veciñas e que foron achegadas a todos os grupos políticos do Concello de Santiago hai dous anos.

mércores, 18 de decembro de 2013

Visita o barrio o grupo municipal PS de G

Hoxe visitaron As Fontiñas os representantes do grupo municipal PS de G, Francisco Reyes, Bernardino Rama e Gonzalo Muiños, para comprobar o estado de deterioro das infraestruturas e servizos do barrio. Comprometéronse cos representantes da Asociación en apoiar as reivindicacións realizadas polos veciños e veciñas e que foron achegadas a todos os grupos políticos do Concello de Santiago hai dous anos.

xoves, 12 de decembro de 2013

xoves, 7 de novembro de 2013

Magosto 2013

A Asociación, se o tempo o permite, vai a organizar un magosto popular o próximo sábado 9 de novembro, desde ás 18:00 horas.
Haberá unha piñata para os nenos e nenas que veñan cos seus pais ao magosto.
LUGAR: Parque do Cotaredo – Rúa Coto

domingo, 27 de outubro de 2013

Asemblea xeral extraordinaria de 25 de outubro de 2013

Temas tratados:
1.    Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 2 de abril de 2013.
2.    Eleccións a Xunta Directiva.
3.    Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
1.    A acta da asemblea xeral extraordinaria do 2 de abril de 2013.
2.    Elíxese a única candidatura presentada a xunta directiva.
A nova xunta directiva está constituída por:
  • -       Presidenta: Dª. Marina López Prieto
  • -       Secretario: D. Jesús Manuel Castro Iglesias
  • -       Tesoreiro: D. Carlos Emilio Martínez Martíns
  • -       Vocal: D. Antonio Liste López
  • -       Vocal: D. Manuel Fernando Quintás Ares
  • -       Vocal: D. Nicanor Ramón Fuentes Laiño

Rogos e preguntas:
Infórmase que a Asociación dispón dun local no CSC de Fontiñas para reunirse e para recibir aos socios e socias os mércores a partir das 19:30. Tamén se dispón de correo electrónico e de teléfono para achegar as suxestións dos veciños e veciñas.
Infórmase a todos os socios e socias deben achegar as súas propostas de actividades antes do 31 de decembro, para poder ser estudadas pola xunta directiva e ser presentada para a súa aprobación na asemblea xeral ordinaria prevista para o mes de febreiro. Para desenvolver as actividades procederase a constituír comisións ou grupos de traballo, se así o considera a xunta directiva.
A proposta de varios socios e socias asistente e da propia xunta directiva, a asociación retomará a roda de contactos coas autoridades locais e grupos políticos para presentar as deficiencias nos servizos e infraestruturas do barrio e solicitar as oportunas solucións.
Nota importante

Lémbrase a todos/as que é moi importante facer máis socios/as. Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan maiores. Este ano temos que acadar 100 socios/as, fai socio/a ao teu veciño/a, verás como vai a quedar satisfeito. Prégase aos socios que non abonaron a cota do 2013 (12€) o fagan o antes posible na CC da Asociación en NovaGalicia Banco (2080-0392-24-3040004227).