- - Rúa de Jaca nº 5 – 1º B - - 15703 Santiago de Compostela - - E.mail: o.camino.fontinas@gmail.com - - Esta asociación cesou a súa actividade e está disolta por acordo dos seu socios e socias
Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral
venres, 2 de marzo de 2012
martes, 21 de febreiro de 2012
Recepción no Concello
mércores, 8 de febreiro de 2012
Entroido gastronómico
xoves, 2 de febreiro de 2012
Convocatoria asemblea xeral ordinaria
- Lectura e aprobación das actas das asembleas xerais extraordinarias do 24 de xuño e do 27 de outubro de 2011.
- Presentación memoria de actividade de 2011.
- Presentación memoria económica de 2011.
- Presentación da planificación de actividades para o 2012.
- Presentación da planificación económica para o 2012.
- Lectura e aprobación do regulamento de filiación de socios e socias.
- Lectura e aprobación do regulamento para a elección da xunta directiva.
- Información sobre as entrevistas cos grupos políticos municipais.
- Rogos e preguntas.
A Presidenta Marina López Prieto
Memoria de actividade de 2011.
A asociación desenvolveu durante o ano 2011 as seguintes actividades:
- Constitución da asociación “O Camiño das Fontiñas”: Acta de constitución e redacción dos estatutos de acordo á normativa vixente.
- Alta no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia e solicitude do NIF.
- Asemblea extraordinaria informativa en xuño.
- Campaña de captación de socios. Carteis e buzoneo de carta informativa en todas as rúas do ámbito de actuación da asociación.
- Elaboración do informe sobre o estado do barrio coas deficiencias das infraestruturas e nos servizos.
- Redacción dos regulamentos de elección da xunta directiva e da filiación de socios e socias.
- Solicitude de entrevistas aos grupos políticos municipais.
- Pincho do Nadal.
Memoria económica de 2011.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2011 é o que se presenta na seguinte táboa.
| CC NOVACAIXAGALICIA BANCO | 4.485,48 € | ||
| Caixa da Presidenta | 120,02 € | ||
| SALDO a 31 de decembro | 4.605,50 € |
O balance económico do ano 2011 é o que se presenta na seguinte táboa.
| Conceptos | Ingresos | Gastos | |
| Cotas de socios | 624,00 € | ||
| Traspaso conta antiga asociación | 4.345,88 € | ||
| Taxas inscrición Xunta + Facenda | 39,68 € | ||
| Papelería, imprenta e lotería | 134,68 € | ||
| Pinchos de Nadal | 180,00 € | ||
| Comisións + intereses da CC. | 10,02 € | ||
| Totais | 4.969,88 € | 364,38 € | |
| SALDO a 31 de decembro | 4.605,50 € |
As contas están a disposición de todos os socios e socias, para ilo debe chamar ao teléfono 609617566.
Proposta/planificación de actividades para o 2012.
A xunta directiva propón e ten a intención de desenvolver en 2012 as actividades que se relacionan a continuación:
- Sardiñada de San Xoan.
- Magosto.
- Excursións a pé, un fin de semana ao mes, na primavera e no outono.
- Xogos de nenos, unha edición na primavera e outra no outono.
- Campionatos de dominó e xadrez, (na primavera e no outono respectivamente)
- Pincho de Nadal.
O custos que se poidan derivar do desenvolvemento destas actividades serán atendidos coas subvencións que reciba a asociación das institucións públicas, os patrocinios de entidades privadas e si fóra preciso cos fondos propios da asociación.
Estas actividades serán desenvoltas de acordo ás suxestións que realicen os socios e socias e dependerán tamén do grao de implicación destes.
Proposta/planificación económica para o 2012.
A xunta directiva propón e prevé un orzamento para o ano 2012 de 2700€, segundo se especifica a continuación.
Ingresos:
- Cotas socios 900€
- Patrocinios e subvencións 1800€
Gastos:
- Actividades 2100€
- Administración e financeiros 600€
mércores, 30 de novembro de 2011
martes, 1 de novembro de 2011
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
- PRESIDENTA: Dª Marina López Prieto.
- VICEPRESIDENTE: D. Manuel F. Quintás Ares
- SECRETARIO: D. Jesús Manuel Castro Iglesias.
- VICESECRETARIO: D. Antonio Liste López.
- TESOUREIRO: D. Pablo Suárez Méndez.
- VOCAIS: Dª. Concepción Tojo Viqueira, D. Nicanor Ramón Fuentes Laiño, D. Manuel Jesús Valle Ortiz e Dª. María José Mosquera Rodríguez.
- Preséntase e explicase o documento ”Memoria do barrio das Fontiñas” no que se fai un breve recorrido polas rúas, mostrando a súa situación e relacionando as deficiencias nas infraestructuras e nos servizos públicos.
- Acordase solicitar entrevista coas autoridades locais e os grupos municipais para darlle a coñecer este documento e requirir unha intervención sobre as infraestructuras e servizos do barrio.
- Aprobase por maioría, con cargo aos presupostos da AV, a celebración do “Pincho de Nadal” o día 17 de decembro e a distribución a todos os socios/as de dúas invitacións para esta actividade. Igualmente, douse o visto bo a que a AV promovera e facilitara, na medida do posible, a realización dunha comparsa de carnaval e dun ciclo de cine. Ambos proxectos non terán coste algún para a asociación.
- Faise unha enquisa sobre a preferencia das actividades.
sábado, 25 de xuño de 2011
Asemblea extraordinaria informativa (24 de xuño de 2011)
1. A presidenta abre a asemblea ás 20:15.
4. O secretario presenta brevemente os estatutos da asociación, subliñado os seus fins.
5. A vicesecretaria explica o que teñen que facer os veciños para ser socios e a planificación e pasos que vai a dar a AV ata a convocatoria da asemblea de setembro. Na asemblea de setembro está previsto a constitución da primeira xunta directiva elixida polos socios dados de alta ata 15 de setembro.
6. Exponse o significado da participación veciñal e a importancia das asociacións veciñais.
7. Pídeselle aos veciños que se fagan socios e socias para que na asemblea de setembro poidan elixir e ser elixidos como membros da primeira xunta directiva da AV “O Camiño das Fontiñas".
8. Na quenda de rogos e preguntas algúns veciños e veciñas reflicten o seu malestar coa antiga asociación e insisten sobre a necesidade do traspaso dos fondos desta a nova asociación. Algúns veciños/as comentan a preocupación pola actuación urbanística das Cancelas e a súa repercusión sobre o barrio e os veciños da rúa do Camiño Francés.
venres, 10 de xuño de 2011
Rexistro da asociación na Xunta de Galicia.
Xa temos asociación de veciños, agora xa podemos traballar todos os veciños e veciñas para mellorar o noso barrio.
mércores, 1 de xuño de 2011
Xa se constituiu a asociación veciñal "O Camiño das Fontiñas"
O día 31 de maio aprobáronse os estatutos e levantouse o acta de constitución.
Xa se iniciaron os trámites administrativos de alta da asociación e próximamente realizarase un asamblea para presentar a asociación a todos os veciños e momear a súa xunta directiva.
mércores, 4 de maio de 2011
Redacción dos estatutos
O borrador de estatutos está moi avanzado e neste mes de maio quedará rematada a súa redacción.
A próxima semana estes veciños e veciñas volverán a reunirse para continuar traballando no estatuto e na constitución desta asociación, a AV do barrio das Fontiñas.
luns, 2 de maio de 2011
A xestación dunha nova asociación
luns, 25 de abril de 2011
Nace unha nova asociación veciñal
martes, 19 de abril de 2011
Traballos para recuperar a actividade da AV
Todavía non se dispón de toda a documentación da AV. Falta o libro de actas, descoñecese o censo de socios e non existe unha contabilidade. Estes son os principias problemas que dificultan a recuperación da AV respectando a legislación vixente.
Neste momento estase valorando outras alternativas metres se está á espera de ter o libro de actas. Este grupo de persoas volverá a xuntarse o luns 25 para continuar coa analise dos documentos da AV e do libro de actas se por fin aperece.
luns, 21 de marzo de 2011
Xuntanza do 21 de marzo. O que se falou.
Acordouse, despois de distintas intervencións dos asistentes, que se constituíra una xunta xestora co fin de traballar para recuperar a actividade da AV e para que presentara nunha nova asamblea veciñal un proxecto de viabilidade e un equipo de dirección.
Esta xunta xestora deberá analizar a situación actual, propoñer os obxectivos da AV, revisar ou elaborar un borrador de estatutos e perfilar un equipo de personas que representen a AV e defendan os intereses de todos.
Para ilo, reunirase esta xunta xestora o próximo día 4 de abril ás 8 da tarde no Restaurante Monterrey.
Espero que engadades os vosos comentarios.
venres, 18 de marzo de 2011
Convocatoria 21 de marzo de 2011
Punto 1º: presentación de candidaturas á presidencia.
Punto 2º: elección de presidente "se procede"
Punto 3º: disolución da asociación "se procede"
sábado, 12 de marzo de 2011
Ámbito de influenza da AV as Fontiñas
As rúas incluídas son: Rúa Fonte dos Concheiros, Rúa das Fontiñas, Rúa Valiño, Rúa Altiboia, Rúa Jaca, Rúa Cotaredo, Rúa Coto, Rúa Belgrado, Rúa Monte dos Postes, Rúa Mónaco e Camiño Francés.
sábado, 26 de febreiro de 2011
O que non ten o barrio.
- Rúas e beirarúas adecudas e ben conservadas.
- Actividades para os veciños.
- Local social, parques infantis e zonas de lecer.
- O tráfico ordeado e señalización adecuada.
- Contedores do lixo soterrados.
O que ten o barrio.
- As beirarúas estreitas, destrozadas en moitos sitios e ocupadas polos coches.
- Suciedade na rúa e silvas nas súas beiras, contedores do lixo en mal estado.
- Zonas peligrosas para os veciños e barreiras arquitectónicas.
- Desmadre de tráfico, obras sen sinalizar, coches abandoados.
xoves, 24 de febreiro de 2011
Calendario de eventos de AV as Fontiñas
O obxecto desta xuntanza foi o intentar recuperar a actividade da AV, para elo é necesario elixir unha nova xunta directiva que recupere e impulse as actividades da asociación.
O día 21 de marzo, nunha nova xuntanza, elixirase a nova xunta directiva da AV.
domingo, 20 de febreiro de 2011
As Fontiñas
Nel todos poderemos ler as novas sobre que se vaian producindo na asociación e nel todos poderemos facer os nosos comentarios sobre o desenvolvemento da asociación.
