- Lectura e aprobación das actas das asembleas xerais extraordinarias do 24 de xuño e do 27 de outubro de 2011.
- Presentación memoria de actividade de 2011.
- Presentación memoria económica de 2011.
- Presentación da planificación de actividades para o 2012.
- Presentación da planificación económica para o 2012.
- Lectura e aprobación do regulamento de filiación de socios e socias.
- Lectura e aprobación do regulamento para a elección da xunta directiva.
- Información sobre as entrevistas cos grupos políticos municipais.
- Rogos e preguntas.
A Presidenta Marina López Prieto
Memoria de actividade de 2011.
A asociación desenvolveu durante o ano 2011 as seguintes actividades:
- Constitución da asociación “O Camiño das Fontiñas”: Acta de constitución e redacción dos estatutos de acordo á normativa vixente.
- Alta no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia e solicitude do NIF.
- Asemblea extraordinaria informativa en xuño.
- Campaña de captación de socios. Carteis e buzoneo de carta informativa en todas as rúas do ámbito de actuación da asociación.
- Elaboración do informe sobre o estado do barrio coas deficiencias das infraestruturas e nos servizos.
- Redacción dos regulamentos de elección da xunta directiva e da filiación de socios e socias.
- Solicitude de entrevistas aos grupos políticos municipais.
- Pincho do Nadal.
Memoria económica de 2011.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2011 é o que se presenta na seguinte táboa.
CC NOVACAIXAGALICIA BANCO | 4.485,48 € | ||
Caixa da Presidenta | 120,02 € | ||
SALDO a 31 de decembro | 4.605,50 € |
O balance económico do ano 2011 é o que se presenta na seguinte táboa.
Conceptos | Ingresos | Gastos | |
Cotas de socios | 624,00 € | ||
Traspaso conta antiga asociación | 4.345,88 € | ||
Taxas inscrición Xunta + Facenda | 39,68 € | ||
Papelería, imprenta e lotería | 134,68 € | ||
Pinchos de Nadal | 180,00 € | ||
Comisións + intereses da CC. | 10,02 € | ||
Totais | 4.969,88 € | 364,38 € | |
SALDO a 31 de decembro | 4.605,50 € |
As contas están a disposición de todos os socios e socias, para ilo debe chamar ao teléfono 609617566.
Proposta/planificación de actividades para o 2012.
A xunta directiva propón e ten a intención de desenvolver en 2012 as actividades que se relacionan a continuación:
- Sardiñada de San Xoan.
- Magosto.
- Excursións a pé, un fin de semana ao mes, na primavera e no outono.
- Xogos de nenos, unha edición na primavera e outra no outono.
- Campionatos de dominó e xadrez, (na primavera e no outono respectivamente)
- Pincho de Nadal.
O custos que se poidan derivar do desenvolvemento destas actividades serán atendidos coas subvencións que reciba a asociación das institucións públicas, os patrocinios de entidades privadas e si fóra preciso cos fondos propios da asociación.
Estas actividades serán desenvoltas de acordo ás suxestións que realicen os socios e socias e dependerán tamén do grao de implicación destes.
Proposta/planificación económica para o 2012.
A xunta directiva propón e prevé un orzamento para o ano 2012 de 2700€, segundo se especifica a continuación.
Ingresos:
- Cotas socios 900€
- Patrocinios e subvencións 1800€
Gastos:
- Actividades 2100€
- Administración e financeiros 600€
Ningún comentario:
Publicar un comentario