Data: Mércores
25 de febreiro de 2015.
Hora: ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e
as 20:00 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de
Fontiñas.
Orde do día:
·
Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio de
2014.
·
Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2014.
·
Presentación e aprobación da memoria económica de 2014.
·
Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2015.
·
Presentación e aprobación da planificación económica para o 2015.
·
Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros
grupos políticos.
·
Baixas de socios.
·
Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina López Prieto
¡¡¡ Asiste e
participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para
mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!
Memoria
de actividade de 2014.
A asociación desenvolveu durante o ano 2014 as
seguintes actividades:
·
Asemblea xeral ordinaria o 26 de febreiro de 2014.
·
Asemblea xeral extraordinaria de 7 de maio de 2014.
·
13 reunións da xunta directiva.
·
Entrevistas co Sr. Alcalde de Santiago, D. Agustín Hernández e os Srs.
concelleiros do grupo de goberno, Dª. María Pardo Valdés, D. Luís Meijide
Rodríguez e D. José María Rosende Rico.
·
Sardiñada de San Xoán.
·
Festa do Outono.
·
Pincho do Nadal.
Memoria
económica de 2014.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2014
é o que se presenta na seguinte táboa.
CC ABANCA
|
2.730,01
€
|
||
Subvencións Concello de Santiago
|
1.520,00
€
|
||
Tesourería
|
288,57
€
|
Efectivo
|
|
Camisetas
|
240,00
€
|
40 camisetas
|
|
Cuncas
|
106,00
€
|
53 cuncas
|
|
SALDO a 31 de decembro
|
4.884,58
€
|
O balance económico do ano 2014 é o que se
presenta na seguinte táboa.
Conceptos
|
Ingresos
|
Gastos
|
|
Saldo da AV a 31 de decembro de
2013
|
4.795,12
€
|
||
Cotas de socios
|
993,00
€
|
||
Financeiros (devolucións 2014)
|
40,20 €
|
||
Subvención 2014
|
1.520,00
€
|
||
Bebidas
|
138,00
€
|
||
Cuncas de barro
|
200,00
€
|
140,36
€
|
|
Camisetas
|
300,00
€
|
248,05
€
|
|
Camisetas socios menores
|
18,00 €
|
||
Administración
|
271,95
€
|
||
Actividades
|
2.147,03
€
|
||
Financeiros
|
71,50 €
|
||
Seguro actividades
|
204,85
€
|
||
Totais
|
7.986,32
€
|
3.101,74
€
|
|
SALDO a 31 de decembro
|
4.884,58
€
|
As contas están a
disposición de todos os socios e socias o día da asemblea ou cando se requira, solicitándoo
no teléfono 662 005 756.
Proposta/planificación
de actividades para o 2015.
A xunta directiva propón desenvolver en 2015
as actividades que se relacionan a continuación:
·
Sardiñada de San Xoán, 20 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 1.500 €)
·
Festa do outono, 17 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para
nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 1.500 €)
·
Pincho de Nadal. (300 €)
·
Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da
súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
O custos do desenvolvemento destas actividades serán atendidos cos
fondos propios da asociación e con subvencións. Os custos doutras actividades
deberán ser asumidos polos seus promotores.
Proposta/planificación
económica para o 2015.
A xunta directiva propón para o ano 2015 un
orzamento de 3.586,00 €, segundo se especifica na táboa.
Concepto
|
Ingresos
|
Gastos
|
Cotas socios
|
1.000,00 €
|
|
Subvencións
|
1.600,00 €
|
|
Inversións
|
300,00 €
|
|
Administración
|
250,00 €
|
|
Actividades
|
986,00 €
|
3.000,00 €
|
Financeiros
|
36,00 €
|
|
Totais
|
3.586,00 €
|
3.586,00 €
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario