Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

domingo, 1 de xullo de 2012

Éxito da sardiñada

A sardiñada de san Xoan xuntou a máis de sesenta veciños e veciñas que disfrutaron das sardiñas asadas, da cacharela e duns momentos de convivenza veciñal inolvidables.
Foi unha noite máxica para todos os asistentes. A seguinte foto reflicte este éxito.
Quedades convidados para a sardiñada do próximo ano e ás actividades que vai a organizar a AV no próximo outono.

mércores, 13 de xuño de 2012

Noite de San Xoán

Estimados socios e socias, a asociación ten previsto organizar a sardiñada e a cacharela de San Xoán o próximo sábado 23 de xuño, ás 21:00 horas.

Esta festa é gratis para todos aqueles socios e socias que teñan abonada a cota do ano en curso. A cada socio/a corresponderalle unha invitación para dúas persoas, que da dereito a sardiñas, pan e bebidas.

Co fin de estimar as sardiñas, o pan e as bebidas que se necesitan é necesario que todos os socios e socias se apunten chamando por teléfono ou escribindo un correo electrónico, antes do día 18 de xuño, indicando o número de persoas que van a asistir.

A sardiñada e a cacharela desenvolverase na rúa Cotaredo, á altura do Inen. As sardiñas empezaranse a asar ás 21:00 horas ata terminalas.

As persoas que non pertenzan á asociación e que queiran participar nesta festa deberán apuntarse igualmente e deberán pagar 3 € por persoa.

xoves, 3 de maio de 2012

Festa da primavera

A Festa da Primavera suspendeuse para outra data, aínda por determinar, por mor da choiva. Avisarase da nova data.

Actividades para o mes de maio e xuño


1. Festa da primavera. Con motivo do día da nai e coa colaboración do Concello a nosa Asociación organiza a Festa da Primavera. Esta de actividade desenvólvese o día 5 de maio entre as 17:00 e as 20:00 horas e está destinada aos máis pequenos do barrio. Haberá inchables, facilitados polo Concello e xogos tradicionais infantis. Non é necesario ser socio da Asociación para participar nesta actividade.
2.  Excursión á Ribeira Sacra. Esta excursión ten como principal actractivo a viaxe en catamarán polos cañóns do río Sil, visita a unha bodega da zona e ao castelo de Castro Caldelas. A duración e dun día e o custo aproximado por persoa é de 40 €, incluído o xantar. Está actividade desenvolverase se o número de persoas interesadas permite facer un grupo. Os interesados deberán apuntarse, por correo electrónico ou teléfono[1], antes do 14 de maio e pagar a excusión, de levarse a cabo, antes do 18 de maio. No caso de que a demanda sexa moi alta seguirase a orde de inscripción para a reserva da praza.
3.  Excusións a pé. A 1ª o sábado 19 de maio excursión ao Pedroso, saída ás 17:30, merenda e xogos para nenos na Finca do Sexto e volta. A 2ª o sábado 16 de xuño, excursión desde Arca a Santiago percorrendo o camiño de Santiago e xantando no camiño. Desplazarémonos en autobus ata Arca a media mañá e chegaremos ao noso barrio pola tarde. Os interesados deberán apuntarse ata dos días antes, por correo electrónico ou teléfono1, para poder establecer todo o necesario para o desprazamento e o xantar, que será con cargo a cada participante.
4. Sardiñada de San Xoan. A xunta directiva, ao non presententarse socios e socias voluntarios para participar no desenvolvemento desta actividade, está buscando alternativas que permitan levar a cabo a sardiñada e a cacharela. Pregamos a todas as persoas, que queiran arrimar o seu ombro para desenvolver esta actividade, comunique á xunta directiva a súa dispoñibilidade. 


venres, 2 de marzo de 2012

Entroido 2012

Socios e socias do barrio celebrando o Entroido.

martes, 21 de febreiro de 2012

Recepción no Concello


O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto cos concelleiros Francisco Noya e Juan de la Fuente, reuniuse coa Aociación de Veciños "O Camiño" das Fontiñas. Na xuntanza, os representantes veciñais puideron formularlle ao alcalde e aos concelleiros as súas principais demandas para o barrio.



mércores, 8 de febreiro de 2012

Entroido gastronómico

Con motivo do Entroido o Centro Sociocultural das Fontiñas organizou en colaboración coa AV O Camiño das Fontiñas unha degustación gastronómica de larpeiradas (filloas, orellas, buñuelos, etc.) o día 15 de febreiro.
Asistiron numerosos veciños e veciñas do barrio e do polígono das Fontiñas que disfrutaron duns momentos agradables saboreando as larpeiradas traídas por varios socios/as da nosa asociación e bebidas aportadas polo centro sociocultural das Fontiñas.

xoves, 2 de febreiro de 2012

Convocatoria asemblea xeral ordinaria

Data: Xoves, 23 de febreiro ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:00 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Sala de encontros xuvenís, 1º andar do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
  • Lectura e aprobación das actas das asembleas xerais extraordinarias do 24 de xuño e do 27 de outubro de 2011.
  • Presentación memoria de actividade de 2011.
  • Presentación memoria económica de 2011.
  • Presentación da planificación de actividades para o 2012.
  • Presentación da planificación económica para o 2012.
  • Lectura e aprobación do regulamento de filiación de socios e socias.
  • Lectura e aprobación do regulamento para a elección da xunta directiva.
  • Información sobre as entrevistas cos grupos políticos municipais.
  • Rogos e preguntas.

A Presidenta Marina López Prieto

Memoria de actividade de 2011.

A asociación desenvolveu durante o ano 2011 as seguintes actividades:

  • Constitución da asociación “O Camiño das Fontiñas”: Acta de constitución e redacción dos estatutos de acordo á normativa vixente.
  • Alta no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia e solicitude do NIF.
  • Asemblea extraordinaria informativa en xuño.
  • Campaña de captación de socios. Carteis e buzoneo de carta informativa en todas as rúas do ámbito de actuación da asociación.
  • Elaboración do informe sobre o estado do barrio coas deficiencias das infraestruturas e nos servizos.
  • Redacción dos regulamentos de elección da xunta directiva e da filiación de socios e socias.
  • Solicitude de entrevistas aos grupos políticos municipais.
  • Pincho do Nadal.

Memoria económica de 2011.

O saldo da asociación a 31 de decembro de 2011 é o que se presenta na seguinte táboa.

CC NOVACAIXAGALICIA BANCO

4.485,48 €

Caixa da Presidenta

120,02 €

SALDO a 31 de decembro

4.605,50 €

O balance económico do ano 2011 é o que se presenta na seguinte táboa.

Conceptos

Ingresos

Gastos

Cotas de socios

624,00 €

Traspaso conta antiga asociación

4.345,88 €

Taxas inscrición Xunta + Facenda

39,68 €

Papelería, imprenta e lotería

134,68 €

Pinchos de Nadal

180,00 €

Comisións + intereses da CC.

10,02 €

Totais

4.969,88 €

364,38 €

SALDO a 31 de decembro

4.605,50 €

As contas están a disposición de todos os socios e socias, para ilo debe chamar ao teléfono 609617566.

Proposta/planificación de actividades para o 2012.

A xunta directiva propón e ten a intención de desenvolver en 2012 as actividades que se relacionan a continuación:

  • Sardiñada de San Xoan.
  • Magosto.
  • Excursións a pé, un fin de semana ao mes, na primavera e no outono.
  • Xogos de nenos, unha edición na primavera e outra no outono.
  • Campionatos de dominó e xadrez, (na primavera e no outono respectivamente)
  • Pincho de Nadal.

O custos que se poidan derivar do desenvolvemento destas actividades serán atendidos coas subvencións que reciba a asociación das institucións públicas, os patrocinios de entidades privadas e si fóra preciso cos fondos propios da asociación.

Estas actividades serán desenvoltas de acordo ás suxestións que realicen os socios e socias e dependerán tamén do grao de implicación destes.

Proposta/planificación económica para o 2012.

A xunta directiva propón e prevé un orzamento para o ano 2012 de 2700€, segundo se especifica a continuación.

Ingresos:

  • Cotas socios 900€
  • Patrocinios e subvencións 1800€

Gastos:

  • Actividades 2100€
  • Administración e financeiros 600€

¡¡¡ Asiste e participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!

mércores, 30 de novembro de 2011

Pincho de Nadal

PINCHO DO NADAL 2011
Máis de 50 persoas estivemos celebrando a chegada do Nadal. Compartimos uns momentos entrañables e brindamos por un 2012 cheo de bos desexos e felicidad.
Boas festas a tod@s @s veciñ@s do barrio.

martes, 1 de novembro de 2011

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2011
Estimados veciños e veciñas:
O pasado día 27 de outubro de 2011 celebrouse a asemblea xeral extraordinaria para elexir a primeira xunta directiva da asociación. As persoas elexidas para formar esta primeira xunta son:
  • PRESIDENTA: Dª Marina López Prieto.
  • VICEPRESIDENTE: D. Manuel F. Quintás Ares
  • SECRETARIO: D. Jesús Manuel Castro Iglesias.
  • VICESECRETARIO: D. Antonio Liste López.
  • TESOUREIRO: D. Pablo Suárez Méndez.
  • VOCAIS: Dª. Concepción Tojo Viqueira, D. Nicanor Ramón Fuentes Laiño, D. Manuel Jesús Valle Ortiz e Dª. María José Mosquera Rodríguez.
No apartado de rogos e preguntas:
  • Preséntase e explicase o documento ”Memoria do barrio das Fontiñas” no que se fai un breve recorrido polas rúas, mostrando a súa situación e relacionando as deficiencias nas infraestructuras e nos servizos públicos.
  • Acordase solicitar entrevista coas autoridades locais e os grupos municipais para darlle a coñecer este documento e requirir unha intervención sobre as infraestructuras e servizos do barrio.
  • Aprobase por maioría, con cargo aos presupostos da AV, a celebración do “Pincho de Nadal” o día 17 de decembro e a distribución a todos os socios/as de dúas invitacións para esta actividade. Igualmente, douse o visto bo a que a AV promovera e facilitara, na medida do posible, a realización dunha comparsa de carnaval e dun ciclo de cine. Ambos proxectos non terán coste algún para a asociación.
  • Faise unha enquisa sobre a preferencia das actividades.

sábado, 25 de xuño de 2011

Asemblea extraordinaria informativa (24 de xuño de 2011)

Temas tratados:
1. A presidenta abre a asemblea ás 20:15.
2. A presidenta explica as razóns que xustifican a creación da AV.
3. O vicepresidente expón os pasos dados ata o momento e as principais realizacións: acta de constitución, estatutos, blog, correo electrónico, etc.
4. O secretario presenta brevemente os estatutos da asociación, subliñado os seus fins.
5. A vicesecretaria explica o que teñen que facer os veciños para ser socios e a planificación e pasos que vai a dar a AV ata a convocatoria da asemblea de setembro. Na asemblea de setembro está previsto a constitución da primeira xunta directiva elixida polos socios dados de alta ata 15 de setembro.
6. Exponse o significado da participación veciñal e a importancia das asociacións veciñais.
7. Pídeselle aos veciños que se fagan socios e socias para que na asemblea de setembro poidan elixir e ser elixidos como membros da primeira xunta directiva da AV “O Camiño das Fontiñas".
8. Na quenda de rogos e preguntas algúns veciños e veciñas reflicten o seu malestar coa antiga asociación e insisten sobre a necesidade do traspaso dos fondos desta a nova asociación. Algúns veciños/as comentan a preocupación pola actuación urbanística das Cancelas e a súa repercusión sobre o barrio e os veciños da rúa do Camiño Francés.
9. Ás 21:45 remata a asemblea.

venres, 10 de xuño de 2011

Rexistro da asociación na Xunta de Galicia.

Xa se presentou na Xunta de Galicia a documentación requerida para dar de alta a A.V. "O Camiño das Fontiñas". Con este trámite a asociación constitúese como tal e aparecerá no rexistro de asociación da Consellería de Presidencia e Administracións Públicas da Xunta de Galicia.
Xa temos asociación de veciños, agora xa podemos traballar todos os veciños e veciñas para mellorar o noso barrio.

mércores, 1 de xuño de 2011

Xa se constituiu a asociación veciñal "O Camiño das Fontiñas"

Xa está constituida a NOVA asociación de veciños do barrio das Fontiñas, Santiago de Compostela.
O día 31 de maio aprobáronse os estatutos e levantouse o acta de constitución.
Xa se iniciaron os trámites administrativos de alta da asociación e próximamente realizarase un asamblea para presentar a asociación a todos os veciños e momear a súa xunta directiva.

mércores, 4 de maio de 2011

Redacción dos estatutos

Hoxe varias persoas estiveron traballando na redacción dos estatutos da AV. Nova Fontiñas.
O borrador de estatutos está moi avanzado e neste mes de maio quedará rematada a súa redacción.
A próxima semana estes veciños e veciñas volverán a reunirse para continuar traballando no estatuto e na constitución desta asociación, a AV do barrio das Fontiñas.

luns, 2 de maio de 2011

A xestación dunha nova asociación

Os veciños e veciñas das Fontiñas necesitamos asociarnos para desenvolvernos e medrar como grupo social. 
Unhas poucas persoas con inquietudes estamos intentado arrancar a asociación co fin de que canalice os intereses xerais de todos os veciños e veciñas. 
A asociación nace coa idea de fomentar a vida social e cultural entre a vecindade e de promover as melloras nos servizos públicos e de infraestructuras do barrio.
Estas persoas van a formalizar a asociación nunha acta constitucional, redactarán os estatutos para o seu funcionamento e rexistrarán, na delegación provincial da Xefatura Territorial da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a nova asociación.
Posteriormente convocarán unha asemblea para dar a conocer a asociación, os seus fins e os seus estatutos.
Esperamos que os asociedes todos e todas e que particepedes activamente no desenvolvemento desta nova asociación, que é o proxecto dun barrio moi vivo.

luns, 25 de abril de 2011

Nace unha nova asociación veciñal

Na reunión mantida hoxe por uns veciñ@s acordouse iniciar os traballos para crear unha nova AV que intentará iniciar as súas actividades o antes posible. Esta decisión foi tomada cómo consecuencia das dificultades encontradas para a recuperación da actividade da AV das Fontiñas. 
Os pasos a dar son: constituír a asociación mediante acordo tomado polos socios fundadores que se formalizará mediante unha acta constitucional; dotar de estatutos para o seu funcionamento; solicitar o seu rexistro na delegación provincial da Xefatura Territorial da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
Formalizada a AV convocarase unha asamblea extraordinaria para dar a coñecer a tod@s @s veciñ@s a asociación e os seus estatutos.

martes, 19 de abril de 2011

Traballos para recuperar a actividade da AV

As persoas que están intentado recuperar a actidade da AV encóntrase con numerosas dificultades.
Todavía non se dispón de toda a documentación da AV. Falta o libro de actas, descoñecese o censo de socios e non existe unha contabilidade. Estes son os principias problemas que dificultan a recuperación da AV respectando a legislación vixente.
Neste momento estase valorando outras alternativas metres se está á espera de ter o libro de actas. Este grupo de persoas volverá a xuntarse o luns 25 para continuar coa analise dos documentos da AV e do libro de actas se por fin aperece.

luns, 21 de marzo de 2011

Xuntanza do 21 de marzo. O que se falou.

Hoxe xuntámonos unhas 30 persoas para tratar de recuperar a AV As Fontiñas.
Acordouse, despois de distintas intervencións dos asistentes, que se constituíra una xunta xestora co fin de traballar para recuperar a actividade da AV e para que presentara nunha nova asamblea veciñal un proxecto de viabilidade e un equipo de dirección.
Esta xunta xestora deberá analizar a situación actual, propoñer os obxectivos da AV, revisar ou elaborar un borrador de estatutos e perfilar un equipo de personas que representen a AV e defendan os intereses de todos.
Para ilo, reunirase esta xunta xestora o próximo día 4 de abril ás 8 da tarde no Restaurante Monterrey.
Espero que engadades os vosos comentarios.

venres, 18 de marzo de 2011

Convocatoria 21 de marzo de 2011

A asociación de veciños "As Fontes" convoca á reunión de veciños que terá lugar no Restaurante Monterrey o luns 21 de marzo ás 20:30 horas;  en convocatoria única para tratar da seguinte orde do día:
Punto 1º: presentación de candidaturas á presidencia.
Punto 2º: elección de presidente "se procede"
Punto 3º: disolución da asociación "se procede"

sábado, 12 de marzo de 2011

Ámbito de influenza da AV as Fontiñas

Pertencen a esta AV as rúas Fonte dos Concheiros, Fontiñas e Valiño e as situadas ás súas beiras, entre o cruce dos Concheiros e o cruce da rúa do Valiño coa rúa París.
As rúas incluídas son: Rúa Fonte dos Concheiros, Rúa das Fontiñas, Rúa Valiño, Rúa Altiboia, Rúa Jaca, Rúa Cotaredo, Rúa Coto, Rúa Belgrado, Rúa Monte dos Postes, Rúa Mónaco e Camiño Francés.