Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

xoves, 8 de maio de 2014

Información da ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA de maio 2014

Estimados socios e socias, remítese un resumo do tratado na asemblea xeral extraordinaria, celebrada o 7 de maio de 2014, e os acordo tomados.

Asistentes: 19 socios e socias.

Temas tratados:
1.    Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 26 de febreiro de 2014
2.    Aprobación da cota de 6€ para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
3.    Aprobación da modificación do Regulamento de filiación de socios/as na que se regulan as cotas dos socios/as.
4.    Información sobre a última entrevista mantida pola Asociación coa concelleira Dª María Pardo Valdés.
5.    Rogos e preguntas.

Acordos:
Por unanimidade apróbase:
1)    A acta da asemblea xeral ordinaria do 26 de febreiro de 2014.
2)    Manter unha cota de 12€ para os socios/as e establecer a cota de 6 € para segundos e sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar.
3)    A modificación do Regulamento de filiación de socios/as nos apartados no que se establecen as cotas coa seguinte redacción:
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio/a establécese en 12€ anuais, independentemente do mes do ano en que se inscriba. Co fin de favorecer a participación nas actividades da asociación das familias e incrementar o número de socios/as, establécese unha cota anual de 6€ para segundos ou sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar, que así o acrediten cando realicen a súa solicitude.
A cota resultante das unidades familiares abonarase nun recibo único e calcularase aplicando a seguinte formula: Cota anual familiar =12€+((S+M)*6€), sendo S o nº de sucesivos socios e M o nº de socios menores. As cotas familiares sempre terán un sumando de 12€ e outro de 6€*(S+M).
4)    Esta modificación entra en vigor o día 8 de maio de 2014.
5)    Aplicarase ás persoas que se fagan socios/as despois desta data.
6)    Aos socios/as actuais, que xa abonaran a cota de 2014, se lles aplicará a redución da cota para segundos e sucesivos socios/as a partir de 2015, debendo comunicar á Asociación os datos das persoas que integran a unidade familiar e quedan vinculados entre si.
7)    Os segundos e sucesivos socios/as de socios actuais que se dean de alta na Asociación a partir do 8 de maio abonarán unha cota de 6€, deberán indicar, ademais dos seus datos persoais, o socio/a ao que se vincularán. Poderán descargar o formulario na blog da Asociación.
8)    Continuar demandando ás autoridades locais, grupo de goberno e grupos da oposición, a mellora das infraestruturas e servizos do barrio.

Rogos e preguntas:
 
1)    Constituír unha comisión para levar a cabo as festas do San Xoán, sardiñada e cacharela, o 21 de xuño de 2014.
2)    Vaise a facer unha captación de novos socios mediante a venta de invitacións para a sardiñada de San Xoán.

Lembra:
O prazo para o pago da cota de 2014 rematou o día 31 de marzo. Se aínda non estás ao día coa túa cota e, para que a asociación poida facer as actividades previstas, debes facer o pago da mesma o antes posible na CC que ten a Asociación en NovaGalicia Banco ES15-2080-0392-2430-4000-4227.
É moi importante facer máis socios/as na nosa familia, agora é máis barato coa modificación aprobada para as persoas dunha unidade familiar, só 6€ por persoa ao ano.
Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan maiores, no que se refire á atención prestada polas autoridades e responsables de darnos servizos, e no que se refire á posibilidade de desenvolver actividades no barrio.
Este ano temos que ser máis de 100 socios/as, invita tamén aos teus amigos/as, veciños/as, a facerse socios/as e a participar para facer barrio.

A presidenta Marina López Prieto

Ningún comentario:

Publicar un comentario