Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

luns, 7 de decembro de 2015

Información sobre a asemblea xeral extraordinaria de 2 de decembro

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2015

Estimados socios e socias:

O pasado día 2 de decembro celebrouse a asemblea xeral extraordinaria coa seguinte orde do día:
·       Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
·             Elección de Xunta Directiva.
·             No caso de non ser elixida nova xunta acordar:
          A disolución da Asociación.
          Nomeamento de liquidadores
          O destino dos recursos.
          A data de cese de actividade.
·             Rogos e preguntas.

INFORME DA ASEMBLEA:
Ás 20:30 e en 2ª convocatoria e coa presenza de 19 socios e socias iniciase a asemblea.
Apróbase por unanimidade a acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
O secretario da Asociación informa que non se recibiron candidaturas para formar a xunta directiva. Pregúntanse se algún dos presentes quería ser candidato para formar unha nova xunta directiva e continuar co proceso de elección.
Ao non haber candidatos e por a imposibilidade de formar unha nova xunta directiva que represente á Asociación e tras valorar outras posibles opcións, coma a de declarar a asociación sen actividade, que permitiran a continuidade procedese a votar o destino da Asociación.
O resultado da votación foi o seguinte: a favor da disolución 14 socios/as, en contra 1 socio/a e abstencións 4 socios/as. 
Quedan como responsables do proceso a liquidación os membros a última xunta directiva.
Os recursos materiais e económicos da Asociación serán liquidados de acordo aos seguintes criterios:
·      Os medios materiais, parrilla, máquina de coser, impresora, camisetas e cuncas, serán repartidos entre os socios/as que mostraron interese por eles na asemblea.
·     Os fondos da Asociación serán repartidos, por partes iguais, entre tres organizacións sen ánimo de lucro da cidade. As tres organización elixidas polos asistentes foron a Cociña Económica, o Albergue de San Francisco e a Parroquia.
A Asociación desde o día 2 de decembro, ao entrar en fase liquidadora e de disolución, non realizará ningunha actividade, agás das xestións para a liquidación económica e a baixa definitiva no rexistro de Asociacións da Xunta e do Concello.
Todos os socios/as quedan eximidos das obrigas (cotas) coa Asociación desde a celebración desta asemblea extraordinaria.
Ás 21:30 horas remata esta asemblea extraordinaria.
Nota: Toda a información do proceso de liquidación e de baixa definitiva será remitida a todos os socios/as unha vez rematado o proceso. Igualmente, toda a documentación da Asociación quedará a disposición de todas as persoas que lles poida interesar no blog: http://barriofontinas.blogspot.com.es/


Felices festas.

sábado, 7 de novembro de 2015

Convocatoria asemblea extraordinaria 2 decembro

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Estimado socio-a, tal e como se acordou na asemblea xeral extraordinaria de 21 de outubro, convócase a asemblea xeral extraordinaria o mércores 2 de decembro de 2015 ás 20:00 hs en 1ª convocatoria, e as 20:30 hs en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día:
·       Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro de 2015.
·             Elección de Xunta Directiva.
·             No caso de non ser elixida nova xunta acordar:
          A disolución da Asociación.
          Nomeamento de liquidadores
          O destino dos recursos.
          A data de cese de actividade.
·             Rogos e preguntas.

Lugar: Salón de actos do Centro Socio-Cultural de Fontiñas.

mércores, 28 de outubro de 2015

Resumo asemblea xeral extraordinaria do 21 de outubro

O pasado día 21 de outubro celebrouse a asemblea xeral extraordinaria para elección de xunta directiva cos seguintes acordos:
  •  Aprobación da acta da asemblea xeral ordinaria do 25 de febreiro de 2015.
  • Informar a todos os socios e socias do desenvolvemento desta asemblea na que asistiron 13 persoas.
  • Convocar no prazo aproximado dun mes unha asemblea extraordinaria para elixir novamente xunta directiva ou, no caso de non haber candidatos, acordar cal será o futuro da Asociación.
  •  Declarar a xunta actual en funcións ata que se celebre a próxima asemblea extraordinaria.

INFORME DA ASEMBLEA:
Ás 20:30 e en 2ª convocatoria e coa presenza de 13 socios e socias iniciase a asemblea coa seguinte orde do día:
          Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de febreiro de 2015.
          Eleccións a Xunta Directiva.
          Rogos e preguntas.
Lese e apróbase por unanimidade a acta da asemblea xeral ordinaria do 25 de febreiro de 2015.
O secretario da Asociación informa que non se recibiron candidaturas para formar a xunta directiva. Pregúntanse se algún dos presentes quería ser candidato para formar unha nova xunta directiva e continuar co proceso de elección.
Ao non haber candidatos informase que os compoñentes da actual xunta directiva non teñen a intención de seguir. A non elección de xunta directiva xera un problema para a continuidade da Asociación xa que é un requisito legal.
Proponse, ante esta situación, informar a todos os socios e socias do acontecido nesta asemblea.
Proponse abrir un novo prazo, ata a próxima asemblea xeral extraordinaria, para a presentación de candidatos para constitución dunha nova xunta directiva, que releve a actual, xa en funcións desde esta asemblea.
Informase que a Asociación non pode continuar con unha xunta directiva en funcións indefinidamente, polo que, no caso de que na próxima asemblea xeral extraordinaria non se elixa unha xunta directiva, os socios e socias asistentes a esa asemblea terán que tomar unha decisión sobre o futuro da asociación, que pasa pola súa disolución.
No caso de chegar a este extremo, seguirase o establecido nos Estatutos da Asociación[1], os asistentes á asemblea terán que tomar o acordo de disolución voluntaria, nomear tres persoas liquidadoras e decidir sobre o destino dos recursos e haberes da Asociación.

[1][1] Artigo 43º.- Disolución da asociación.
A asociación disolverase voluntariamente por acordo da asemblea xeral extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado por maioría cualificada dos asociados asistentes.
Artigo 44º.- Nomeamento de liquidadores.
Acordada a disolución, a asemblea xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 45º.- Destinos dos haberes
O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita no concello de Santiago de Compostela que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.

domingo, 18 de outubro de 2015

Convocatoria asemblea extraordinaria 21 outubro

Estimado socio-a rematados os prazos para a presentación de candidaturas á xunta directiva, convócase, tal e como se estabrecia en dita convocatoria, a asemblea xeral extraordinaria para elección de nova xunta directiva o mércores 21 de outubro ás 20:00 hs en 1ª convocatoria, e as 20:30 hs en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día:
          Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de febreiro de 2015.
          Eleccións a Xunta Directiva.
          Rogos e preguntas.
Lugar: Salón de actos do Centro Socio-Cultural de Fontiñas.
A Presidenta Marina López Prieto

luns, 12 de outubro de 2015

Invitación á Festa do Outono 2015

A asociación de veciños organiza o sábado 17 de outubro, na rúa Coto, a Festa do Outono coas seguintes actividades:
Desde as 17:00 H.
INCHABLES (Cedidos polo Concello de Santiago)
Os nen@s deben vir acompañados por unha persoa adulta 
respectarán as normas da organización.
Desde as 18:00 h.
2º CONCURSO DE TORTILLAS
Haberá un agasallo para os participantes.
Premiaranse as mellores tortillas. Ver as bases ao pé da páxina.
Desde as 19:00 h.
ACTUACIÓN DA ASOCIACIÓN MUSICAL ALFAIA
Desde as 20:00 h.
MAGOSTO POPULAR E DEGUSTACIÓN DE TORTILLAS

Bases do 2º concurso de tortillas Camiño das Fontiñas
1.  Poden participar todos/as veciños/as de Santiago, sexan socios/as ou non da asociación veciñal “O Camiño das Fontiñas”, agás os membros do tribunal.
2.  As tortillas presentadas pasan a ser propiedade da organización para a súa degustación polos asistentes.
3.  Cada participante presentará unha sola tortilla a concurso. A tortilla terá un diámetro mínimo de 24 cm., e deberá ter os seguintes ingredientes mínimos: ovos, patacas, cebola, sal e aceite.
4.   Traerase a tortilla xa preparada da casa o día 17 de outubro e presentarase, entre as 18:00 e as 19:15 horas, na carpa da festa. Cada tortilla será identificada con un número e será exposta aos asistentes ata que o tribunal faga público o seu veredicto.
5.   As tortillas presentadas serán catadas e valoradas polo xurado do concurso entre as 19:15 e as 19:45 horas. O fallo do xurado será inapelable. Ao finalizar a cata e anunciadas as tortillas gañadoras, todas tortillas serán cortadas en tacos para a degustación polas persoas asistentes.
6.   Os elementos a valorar polo xurado serán:
·       A presentación xeral (ata 2 ptos.), Puntúase o seu aspecto externo.
·       O sabor (ata 5 ptos.) Terase en conta os ingredientes empregados e o punto de sal.
·       A elaboración (3 ptos.). Valorase o grado cocción dos ingredientes.
A puntuación máxima son 10 puntos.
7.   Haberá un total de 3 premios: 1º Premio: 30 €. 2º Premio: 20 €. 3º Premio: 10 €.
8.   O concurso será declarado deserto no caso que a concorrencia non acade 10 tortillas.
9.  Tortillas de exhibición. Os veciños/as que desexen participar nesta opción poden presentar cantas tortillas como queiran e sen límites no tamaño nin nos ingredientes.
10. A participación no concurso implica a aceptación destas bases e a cesión das tortillas á organización para su degustación pública, aínda que o concurso se declare deserto.

luns, 21 de setembro de 2015

Elección da Xunta Directiva 2015

Estimados socios/as:

Convócanse, para o 21 de outubro de 2015, as eleccións da Xunta Directiva da AV “O Camiño das Fontiñas”.
Este proceso celebrarase de acordo ao establecido nos estatutos e desenvolverase de acordo ao Regulamento para a elección da xunta directiva, aprobado o 23 de febreiro de 2012 . Ambos reformados na asemblea xeral extraordinaria o 2 de abril do 2013.
O proceso electoral comeza o día 21 de setembro e termina o día 21 de outubro coa asemblea xeral extraordinaria na que se elixe aos membros da Xunta Directiva. Desde o 21 de setembro ata as 24h. do 5 de outubro, todos os socios e socias poden presentar ante a Xunta Directiva actual, por correo certificado (Rúa de Jaca nº 5 – 1º B 15703 Santiago de Compostela) ou correo electrónico (o.camino.fontinas@gmail.com), a súa candidatura para formar parte da xunta directiva, segundo formulario que se xunta.
As candidaturas que se presenten poden ser:
·  Abertas (os socios presentan individualmente a súa candidatura para membro da xunta directiva).
·   Pechadas (grupo de 6 persoas que presentan a súa candidatura para todos os cargos da xunta).
A xunta directiva confirmará que todos os candidatos e candidatas cumpren os requisitos. Se non os reúnen, por escrito, seralles comunicada a falta de requisitos para que nun prazo de 3 días fagan as alegacións que correspondan a fin de ser validados como candidatos. A xunta directiva a vista das alegacións realizadas polos candidatos pronunciarase sobre as mesmas, como mínimo, 2 días antes da data da asemblea.
A presentación dos candidatos, votación e promulgación dos candidatos electos realizarase de acordo ao establecido nos artigos 31, 32, 33 e no Regulamento para a elección da xunta directiva.
A presidenta da Asociación. Marina López Prieto

"- - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Formulario de candidatura aberta:
D./Dª.                                                                                 Con DNI:                                   Socio nº:         Veciño/a da rúa:                                          Nº         Piso     Porta    CP:                   Localidade.E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             MóbilPresenta a súa candidatura para formar parte da Xunta Directiva da Asociación e declara que cumpre cos requisitos esixidos nos estatutos para participar no proceso electoral da AV “O Camiño das Fontiñas”.Santiago de Compostela a     de                  de 20


Sinatura


Formulario de candidatura pechada:

As persoas que se relacionan presentan a súa candidatura ao distintos cargos da Xunta Directiva da Asociación e declaran que cumpren cos requisitos esixidos nos estatutos para participar no proceso electoral da AV “O Camiño das Fontiñas”.

·       Cargo de presidente:
D./Dª.                                                                                 Con DNI:                                   Socio nº:         
Veciño/a da rúa:                                          Nº         Piso     Porta    CP:                   Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
·       Cargo de secretario:
D./Dª.                                                                                 Con DNI:                                   Socio nº:         
Veciño/a da rúa:                                          Nº         Piso     Porta    CP:                   Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
·       Cargo de tesoureiro:
D./Dª.                                                                                 Con DNI:                                   Socio nº:         
Veciño/a da rúa:                                          Nº         Piso     Porta    CP:                   Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
·       Cargo de vocal 1:
D./Dª.                                                                                 Con DNI:                                   Socio nº:         
Veciño/a da rúa:                                          Nº         Piso     Porta    CP:                   Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
·       Cargo de vocal 2:
D./Dª.                                                                                 Con DNI:                                   Socio nº:         
Veciño/a da rúa:                                          Nº         Piso     Porta    CP:                   Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
·       Cargo de vocal 3:
D./Dª.                                                                                 Con DNI:                                   Socio nº:         
Veciño/a da rúa:                                          Nº         Piso     Porta    CP:                   Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
Santiago de Compostela a     de                  de 20


Sinaturas dos candidatos

venres, 18 de setembro de 2015

Visita do Alcalde Martiño Noriega

17/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa Asociación de Veciños Camiño das Fontiñas, continuando así a rolda de contactos coas diferentes entidades veciñais do concello.
No encontro, celebrado no Centro Sociocultural de Fontiñas, o alcalde escoitou as demandas dos representantes veciñais para este barrio compostelán. Tamén participou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte. Logo, alcalde, concelleiro e veciños percorreron o barrio.

mércores, 2 de setembro de 2015

luns, 2 de marzo de 2015

Presentación do proxecto de urbanización das rúas Fonte dos Concheiros, Fontiñas e Valiño

Aviso moi importante
A A.V. “ O Camiño das Fontiñas” informa a todos os veciños e veciñas que o próximo mércores 4 de marzo, ás 20:00h, no CSC de Fontiñas, O CONCELLO DE SANTIAGO presentará a todos os que lle interese o proxecto para a urbanización das rúa Fonte dos Concheiros, Fontiñas e Valiño.

Asiste e expresa a túa opinión

xoves, 26 de febreiro de 2015

Información da asemblea xeral de febreiro de 2015

Estimados socios e socias, xúntase un resumo do tratado na asemblea xeral ordinaria, celebrada o 25 de febreiro de 2015, e os acordo tomados.

Asistentes: 10 personas.

Temas tratados:
  •  Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio de 2014.
  • Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2014.
  •  Presentación e aprobación da memoria económica de 2014.
  •  Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2015.
  •  Presentación e aprobación da planificación económica para o 2015.
  • Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
  • Baixas de socios.
  •  Rogos e preguntas.

Acordos:

Por unanimidade apróbase:
  •  A acta da asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio de 2014.
  •  A memoria de actividade e económica do 2014.
  • A planificación de actividades e económica para 2015.
  • Autorizar á xunta directiva para valorar a posibilidade de contratación de servizos de hostalería para as actividades previstas para este ano.
  •  Dar de baixa aos socios e socias que non ingresaron as cotas de 2014 despois de ser comunicada esta obriga legal varias veces.


Rogos e preguntas:
  • Solicitan varios veciños e veciñas que se solicite ao Concello unha actuación para ordenar o tráfico e o aparcamento nas rúas Cotaredo, Coto e Jaca.
  • Proponse redactar un documento para a recollida de sinaturas dos veciños e veciñas no que se denuncie, ante o Concello de Santiago, a situación do tráfico e dos aparcamentos nas rúas Cotaredo, Coto e Jaca.
  • Pídese que se reitere ao Concello a posta en marcha dos contedores de lixo soterrados das rúas Coto e Lisboa.
  • Pídese que se lle reitere ao Concello a solicitude de finalizar a urbanización dun tramo da rúa Coto e a súa apertura ao tráfico.


Non habendo máis temas a tratar remata a asemblea xeral ordinaria ás 21:35 horas do 25 de febreiro de 2015.

luns, 2 de febreiro de 2015

Convocatoria ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2015

Data: Mércores 25 de febreiro de 2015.
Hora: ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:00 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
·       Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 7 de maio de 2014.
·       Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2014.
·       Presentación e aprobación da memoria económica de 2014.
·       Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2015.
·       Presentación e aprobación da planificación económica para o 2015.
·       Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
·       Baixas de socios.
·       Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina López Prieto
¡¡¡ Asiste e participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!

Memoria de actividade de 2014.
A asociación desenvolveu durante o ano 2014 as seguintes actividades:
·       Asemblea xeral ordinaria o 26 de febreiro de 2014.
·       Asemblea xeral extraordinaria de 7 de maio de 2014.
·       13 reunións da xunta directiva.
·       Entrevistas co Sr. Alcalde de Santiago, D. Agustín Hernández e os Srs. concelleiros do grupo de goberno, Dª. María Pardo Valdés, D. Luís Meijide Rodríguez e D. José María Rosende Rico.
·       Sardiñada de San Xoán.
·       Festa do Outono.
·       Pincho do Nadal.

Memoria económica de 2014.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2014 é o que se presenta na seguinte táboa.
CC ABANCA
2.730,01 €
Subvencións Concello de Santiago
1.520,00 €

Tesourería
288,57 €
Efectivo
Camisetas
240,00 €

40 camisetas
Cuncas
106,00 €

53 cuncas
SALDO a 31 de decembro
4.884,58 €
 O balance económico do ano 2014 é o que se presenta na seguinte táboa.
Conceptos
Ingresos
Gastos
Saldo da AV a 31 de decembro de 2013
4.795,12 €

Cotas de socios
993,00 €


Financeiros (devolucións 2014)
40,20 €


Subvención 2014
1.520,00 €


Bebidas
138,00 €


Cuncas de barro
200,00 €
140,36 €

Camisetas
300,00 €
248,05 €

Camisetas socios menores

18,00 €
Administración

271,95 €
Actividades

2.147,03 €
Financeiros

71,50 €

Seguro actividades

204,85 €
Totais
7.986,32 €
3.101,74 €
SALDO a 31 de decembro


4.884,58 €
As contas están a disposición de todos os socios e socias o día da asemblea ou cando se requira, solicitándoo no teléfono 662 005 756.

Proposta/planificación de actividades para o 2015.
A xunta directiva propón desenvolver en 2015 as actividades que se relacionan a continuación:
·       Sardiñada de San Xoán, 20 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 1.500 €)
·       Festa do outono, 17 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 1.500 €)
·       Pincho de Nadal. (300 €)
·       Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
O custos do desenvolvemento destas actividades serán atendidos cos fondos propios da asociación e con subvencións. Os custos doutras actividades deberán ser asumidos polos seus promotores.

Proposta/planificación económica para o 2015.
A xunta directiva propón para o ano 2015 un orzamento de 3.586,00 €, segundo se especifica na táboa.

Concepto
Ingresos
Gastos
Cotas socios
1.000,00 €
Subvencións
1.600,00 €

Inversións

300,00 €
Administración

250,00 €
Actividades
986,00 €
3.000,00 €
Financeiros

36,00 €
Totais
3.586,00
3.586,00