AV O Camiño das Fontiñas
Rúa de Jaca nº 5 – 1º B 15703 Santiago de Compostela Teléfono: 609617566 E.mail: o.camino.fontinas@gmail.com Blog: http://barriofontinas.blogspot.com Nº de rexistro: 2011-015796-1
Benvida
martes, 15 de mayo de 2012
Actividades organizadas polo Concello de Santiago para os veciñ@s das Fontiñas
jueves, 3 de mayo de 2012
Festa da primavera
Actividades para o mes de maio e xuño
viernes, 2 de marzo de 2012
Entroido 2012
martes, 21 de febrero de 2012
Recepción no Concello
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto cos concelleiros Francisco Noya e Juan de la Fuente, reuniuse coa Aociación de Veciños "O Camiño" das Fontiñas. Na xuntanza, os representantes veciñais puideron formularlle ao alcalde e aos concelleiros as súas principais demandas para o barrio.


miércoles, 8 de febrero de 2012
Entroido gastronómico
jueves, 2 de febrero de 2012
Convocatoria asemblea xeral ordinaria
- Lectura e aprobación das actas das asembleas xerais extraordinarias do 24 de xuño e do 27 de outubro de 2011.
- Presentación memoria de actividade de 2011.
- Presentación memoria económica de 2011.
- Presentación da planificación de actividades para o 2012.
- Presentación da planificación económica para o 2012.
- Lectura e aprobación do regulamento de filiación de socios e socias.
- Lectura e aprobación do regulamento para a elección da xunta directiva.
- Información sobre as entrevistas cos grupos políticos municipais.
- Rogos e preguntas.
A Presidenta Marina López Prieto
Memoria de actividade de 2011.
A asociación desenvolveu durante o ano 2011 as seguintes actividades:
- Constitución da asociación “O Camiño das Fontiñas”: Acta de constitución e redacción dos estatutos de acordo á normativa vixente.
- Alta no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia e solicitude do NIF.
- Asemblea extraordinaria informativa en xuño.
- Campaña de captación de socios. Carteis e buzoneo de carta informativa en todas as rúas do ámbito de actuación da asociación.
- Elaboración do informe sobre o estado do barrio coas deficiencias das infraestruturas e nos servizos.
- Redacción dos regulamentos de elección da xunta directiva e da filiación de socios e socias.
- Solicitude de entrevistas aos grupos políticos municipais.
- Pincho do Nadal.
Memoria económica de 2011.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2011 é o que se presenta na seguinte táboa.
| CC NOVACAIXAGALICIA BANCO | 4.485,48 € | ||
| Caixa da Presidenta | 120,02 € | ||
| SALDO a 31 de decembro | 4.605,50 € |
O balance económico do ano 2011 é o que se presenta na seguinte táboa.
| Conceptos | Ingresos | Gastos | |
| Cotas de socios | 624,00 € | ||
| Traspaso conta antiga asociación | 4.345,88 € | ||
| Taxas inscrición Xunta + Facenda | 39,68 € | ||
| Papelería, imprenta e lotería | 134,68 € | ||
| Pinchos de Nadal | 180,00 € | ||
| Comisións + intereses da CC. | 10,02 € | ||
| Totais | 4.969,88 € | 364,38 € | |
| SALDO a 31 de decembro | 4.605,50 € |
As contas están a disposición de todos os socios e socias, para ilo debe chamar ao teléfono 609617566.
Proposta/planificación de actividades para o 2012.
A xunta directiva propón e ten a intención de desenvolver en 2012 as actividades que se relacionan a continuación:
- Sardiñada de San Xoan.
- Magosto.
- Excursións a pé, un fin de semana ao mes, na primavera e no outono.
- Xogos de nenos, unha edición na primavera e outra no outono.
- Campionatos de dominó e xadrez, (na primavera e no outono respectivamente)
- Pincho de Nadal.
O custos que se poidan derivar do desenvolvemento destas actividades serán atendidos coas subvencións que reciba a asociación das institucións públicas, os patrocinios de entidades privadas e si fóra preciso cos fondos propios da asociación.
Estas actividades serán desenvoltas de acordo ás suxestións que realicen os socios e socias e dependerán tamén do grao de implicación destes.
Proposta/planificación económica para o 2012.
A xunta directiva propón e prevé un orzamento para o ano 2012 de 2700€, segundo se especifica a continuación.
Ingresos:
- Cotas socios 900€
- Patrocinios e subvencións 1800€
Gastos:
- Actividades 2100€
- Administración e financeiros 600€
miércoles, 30 de noviembre de 2011
martes, 1 de noviembre de 2011
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Estimados veciños e veciñas:
O pasado día 27 de outubro de 2011 celebrouse a asemblea xeral extraordinaria para elexir a primeira xunta directiva da asociación. As persoas elexidas para formar esta primeira xunta son:
- PRESIDENTA: Dª Marina López Prieto.
- VICEPRESIDENTE: D. Manuel F. Quintás Ares
- SECRETARIO: D. Jesús Manuel Castro Iglesias.
- VICESECRETARIO: D. Antonio Liste López.
- TESOUREIRO: D. Pablo Suárez Méndez.
- VOCAIS: Dª. Concepción Tojo Viqueira, D. Nicanor Ramón Fuentes Laiño, D. Manuel Jesús Valle Ortiz e Dª. María José Mosquera Rodríguez.
No apartado de rogos e preguntas:
Preséntase e explicase o documento ”Memoria do barrio das Fontiñas” no que se fai un breve recorrido polas rúas, mostrando a súa situación e relacionando as deficiencias nas infraestructuras e nos servizos públicos.
Acordase solicitar entrevista coas autoridades locais e os grupos municipais para darlle a coñecer este documento e requirir unha intervención sobre as infraestructuras e servizos do barrio.
Aprobase por maioría, con cargo aos presupostos da AV, a celebración do “Pincho de Nadal” o día 17 de decembro e a distribución a todos os socios/as de dúas invitacións para esta actividade. Igualmente, douse o visto bo a que a AV promovera e facilitara, na medida do posible, a realización dunha comparsa de carnaval e dun ciclo de cine. Ambos proxectos non terán coste algún para a asociación.
Faise unha enquisa sobre a preferencia das actividades cos seguinte resultados:

sábado, 25 de junio de 2011
Asemblea extraordinaria informativa (24 de xuño de 2011)
1. A presidenta abre a asemblea ás 20:15.
4. O secretario presenta brevemente os estatutos da asociación, subliñado os seus fins.
5. A vicesecretaria explica o que teñen que facer os veciños para ser socios e a planificación e pasos que vai a dar a AV ata a convocatoria da asemblea de setembro. Na asemblea de setembro está previsto a constitución da primeira xunta directiva elixida polos socios dados de alta ata 15 de setembro.
6. Exponse o significado da participación veciñal e a importancia das asociacións veciñais.
7. Pídeselle aos veciños que se fagan socios e socias para que na asemblea de setembro poidan elixir e ser elixidos como membros da primeira xunta directiva da AV “O Camiño das Fontiñas".
8. Na quenda de rogos e preguntas algúns veciños e veciñas reflicten o seu malestar coa antiga asociación e insisten sobre a necesidade do traspaso dos fondos desta a nova asociación. Algúns veciños/as comentan a preocupación pola actuación urbanística das Cancelas e a súa repercusión sobre o barrio e os veciños da rúa do Camiño Francés.
viernes, 10 de junio de 2011
Rexistro da asociación na Xunta de Galicia.
Xa temos asociación de veciños, agora xa podemos traballar todos os veciños e veciñas para mellorar o noso barrio.