Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

luns, 12 de novembro de 2012

Visita do alcalde, D. Ángel Currás, ao barrio


O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polo concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, e polos integrantes da Asociación de Veciños O Camiño das Fontiñas, percorreu algunhas das rúas entre os Concheiros e San Lázaro e lindeiras co polígono das Fontiñas.

Esta visita fora un compromiso do alcalde adquirido nunha recente reunión en Raxoi coa asociación veciñal. Ángel Currás puido comprobar de primeira man as deficiencias formuladas polos veciños naquela xuntanza, que afectan fundamentalmente ao mal estado dalgunhas beirarrúas.
O alcalde puido constatar a existencia de zonas de beirarrúas non adaptadas para minusválidos. Así, a propósito dalgún obstáculo observado, referiuse a "actuacións incomprensibles en obras realizadas recentemente". Tamén comprobou a existencia dun tramo mesmo sen beirarrúas, malia terse realizado a cesión do terreo para as mesmas, e doutros tramos con lousado levantado. A situación agrávase máis aínda, dixo, tendo en conta que esta é a porta de entrada do Camiño Francés na cidade.
Á vista desta situación, o rexedor municipal apuntou a necesidade de abordar unha mellora integral das rúas nesta parte da cidade, que o Goberno municipal irá acometendo en función da dispoñibilidade orzamentaria.



Ver máis en:
Noticia en Web do Concello
Noticia en La Voz de Galicia
Noticia en El Correo Gallego

Ningún comentario:

Publicar un comentario