Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

luns, 5 de novembro de 2012

Recepción municipal; Comunicado

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012.
A AV "O Camiño das Fontiñas" ven de manter unha xuntanza co Sr. Alcalde de Santiago de Compostela. Os representantes da Asociación trasladáronlle as queixas dos veciños e veciñas sobre o estado das infraestruturas e dos servizos do barrio das Fontiñas.
O barrio de Fontiñas ven sufrindo de xeito permanente a indiferenza das últimas Corporacións municipais. Todas as rúas e beirarrúas do barrio presentan un importante deterioro e multitude de barreiras arquitectónicas; con moita frecuencia as rúas están a sufrir fallas na iluminación pública; o servizo de recollida de lixo e pouco frecuente e carece de contedores soterrados; todos os días, a falla de control do tráfico produce un caos de circulación con vehículos estacionados enriba das beirarrúas e zonas prohibidas; moitos espazos verdes están cheos de maleza e son un foco de contaminación.
Na devandita reunión o Sr. Alcalde, tras coñecer as reivindicacións presentadas, adquiriu o compromiso de estudar polo miúdo toda a documentación achegada sobre o estado do barrio e de visitar o barrio para comprobar persoalmente estas deficiencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario