Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

mércores, 12 de febreiro de 2014

Convocatoria asemblea xeral ordinaria 2014

Data: Mércores 26 de febreiro de 2014.
Hora: ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:00 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
  • Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 25 de outubro de 2013.
  • Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2013.
  • Presentación e aprobación da memoria económica de 2013.
  • Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2014.
  • Presentación e aprobación da planificación económica para o 2014.
  • Información das entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
  • Baixas de socios.
  • Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina López Prieto
¡¡¡ Asiste e participa no desenvolvemento da asociación, necesitamos traballar xuntos para mellorar o noso barrio, o barrio de todos e todas !!!

Memoria de actividade de 2013.
A asociación desenvolveu durante o ano 2013 as seguintes actividades:
  • Asemblea xeral ordinaria o 21 de febreiro de 2013.
  • Asemblea xeral extraordinaria de 2 de abril de 2013.
  •  Asemblea xeral extraordinaria de 25 de outubro de 2013.
  • 13 reunións da xunta directiva.
  • Entrevistas cos Srs. concelleiros do grupo de goberno (D. Luís García Bello, Dª. María Pardo Valdés, D. Luís Meijide Rodríguez.). Do PSdeG (D. Francisco Reyes, D. Bernardino Rama e D. Gonzalo Muiños). Do BNG (D. Rubén Cela e Dª. Elvira Cienfuegos).
  • Sardiñada de San Xoán.
  • Magosto.
  • Pincho do Nadal.
  • Outras actividades (Charlas de saúde, curso de cociña)

Memoria económica de 2013.
O saldo da asociación a 31 de decembro de 2013 é o que se presenta na seguinte táboa.
CC NOVAGALICIA BANCO
3.511,63 €
Subvencións Concello de Santiago
816,94 €

Tesourería
166,55 €
Efectivo
Camisetas
300,00 €

Especie 42€
SALDO a 31 de decembro
4.795,12 €
 O balance económico do ano 2013 é o que se presenta na seguinte táboa.
Conceptos
Ingresos
Gastos
Saldo da AV a 31 de decembro de 2012
4.544,94 €
Cotas de socios
864,00 €


Socio descoñecido
12,00 €


Financieiros (devolución 12)
4,80 €


Subvención 2013
816,94 €


Actividades (curso de cociña)
52,00 €

Devolución 14
Camisetas
300,00 €
272,25 €

Inversións
97,99 €
Administración
222,20 €
Actividades
1.154,32 €
Financeiros
52,80 €
Totais
6.594,68 €
1.799,56 €
SALDO a 31 de decembro
4.795,12 €
As contas están a disposición de todos os socios e socias o día da asemblea ou cando se requira, solicitándoo no teléfono 662 005 756.

Proposta/planificación de actividades para o 2014.
A xunta directiva propón desenvolver en 2014 as actividades que se relacionan a continuación:
  • Sardiñada de San Xoán, 21 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 900 €)
  • Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos e para adultos, magosto. (Custo estimado 800 €)
  • Pincho de Nadal. (300 €)
  • Outras actividades, máximo 4, sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que non superarán os 60 € por actividade.
O custos do desenvolvemento destas actividades serán atendidos cos fondos propios da asociación e con subvencións. Os custos doutras actividades deberán ser asumidos polos seus promotores.

Proposta/planificación económica para o 2014.
A xunta directiva propón para o ano 2014 un orzamento de 2.500 €, segundo se especifica na táboa.
Concepto
Ingresos
Gastos
Cotas socios (75)
900,00 €
Subvencións
1.600,00 €

Inversións

214,00 €
Administración

250,00 €
Actividades

2.000,00 €
Financeiros

36,00 €
Totais
2.500,00
2.500,00



xoves, 19 de decembro de 2013

Visita ao barrio do BNG

Hoxe visitaron As Fontiñas os representantes do grupo municipal BNG, Rubén Cela e Elvira Cienfuegos, para comprobar o estado de deterioro das infraestruturas e servizos do barrio. Comprometéronse cos representantes da Asociación en apoiar as reivindicacións realizadas polos veciños e veciñas e que foron achegadas a todos os grupos políticos do Concello de Santiago hai dous anos.

mércores, 18 de decembro de 2013

Visita o barrio o grupo municipal PS de G

Hoxe visitaron As Fontiñas os representantes do grupo municipal PS de G, Francisco Reyes, Bernardino Rama e Gonzalo Muiños, para comprobar o estado de deterioro das infraestruturas e servizos do barrio. Comprometéronse cos representantes da Asociación en apoiar as reivindicacións realizadas polos veciños e veciñas e que foron achegadas a todos os grupos políticos do Concello de Santiago hai dous anos.

xoves, 12 de decembro de 2013

xoves, 7 de novembro de 2013

Magosto 2013

A Asociación, se o tempo o permite, vai a organizar un magosto popular o próximo sábado 9 de novembro, desde ás 18:00 horas.
Haberá unha piñata para os nenos e nenas que veñan cos seus pais ao magosto.
LUGAR: Parque do Cotaredo – Rúa Coto

domingo, 27 de outubro de 2013

Asemblea xeral extraordinaria de 25 de outubro de 2013

Temas tratados:
1.    Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral extraordinaria do 2 de abril de 2013.
2.    Eleccións a Xunta Directiva.
3.    Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
1.    A acta da asemblea xeral extraordinaria do 2 de abril de 2013.
2.    Elíxese a única candidatura presentada a xunta directiva.
A nova xunta directiva está constituída por:
  • -       Presidenta: Dª. Marina López Prieto
  • -       Secretario: D. Jesús Manuel Castro Iglesias
  • -       Tesoreiro: D. Carlos Emilio Martínez Martíns
  • -       Vocal: D. Antonio Liste López
  • -       Vocal: D. Manuel Fernando Quintás Ares
  • -       Vocal: D. Nicanor Ramón Fuentes Laiño

Rogos e preguntas:
Infórmase que a Asociación dispón dun local no CSC de Fontiñas para reunirse e para recibir aos socios e socias os mércores a partir das 19:30. Tamén se dispón de correo electrónico e de teléfono para achegar as suxestións dos veciños e veciñas.
Infórmase a todos os socios e socias deben achegar as súas propostas de actividades antes do 31 de decembro, para poder ser estudadas pola xunta directiva e ser presentada para a súa aprobación na asemblea xeral ordinaria prevista para o mes de febreiro. Para desenvolver as actividades procederase a constituír comisións ou grupos de traballo, se así o considera a xunta directiva.
A proposta de varios socios e socias asistente e da propia xunta directiva, a asociación retomará a roda de contactos coas autoridades locais e grupos políticos para presentar as deficiencias nos servizos e infraestruturas do barrio e solicitar as oportunas solucións.
Nota importante

Lémbrase a todos/as que é moi importante facer máis socios/as. Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan maiores. Este ano temos que acadar 100 socios/as, fai socio/a ao teu veciño/a, verás como vai a quedar satisfeito. Prégase aos socios que non abonaron a cota do 2013 (12€) o fagan o antes posible na CC da Asociación en NovaGalicia Banco (2080-0392-24-3040004227).

venres, 18 de outubro de 2013

Suspéndese a festa do Outono 2013

Por mor do mal tempo, previsto para o sábado día 19, a xunta directiva decidiu suspender a festa e o magosto.

xoves, 10 de outubro de 2013

Festa do Outono 2013

Estimado socio/a:
A xunta directiva convídalle a participar na festa do outono 2013 que se celebrará, no novo parque do barrio preto do espazo de xogos infantís da rúa das Fontiñas, o día 19 de outubro.
A festa consistirá nunha serie de xogos para nenos e nenas e a degustación dunhas tapas e castañas, ao coincidir esta data co tempo dos magostos populares. Os nen@s deberán vir acompañados polos seus pais ou persoa adulta para participar nas actividades.
Programa da festa.
De 12 a 14 h.
XOGOS POPULARES INFANTÍS: Carreiras de sacos. Tiro de corda. O pano. A culler.
Haberá “chuches” para os nenos e nenas que participen.
De 14 a 16 h.
DEGUSTACIÓN PRATOS POPULARES: Os asistentes poderán gozar da degustación de pratos feitos polos veciñ@s, tortillas, empanadas, etc. As bebidas non envasadas serán gratis para todos os asistentes, as bebidas de lata custarán un 1€. As persoas que colaboren cos seus pratos terán todas as bebidas gratis.
Haberá premios para os mellores pratos dos veciñ@s.
De 16 a 20 h.
XOGOS POPULARES INFANTÍS: Continúan os xogos da mañá con unha Piñata e os inchables, cedidos polo Concello de Santiago.
A partir das 18 h.
MAGOSTO  POPULAR. Castañas e bebidas non envasadas gratis. As latas custarán un 1€.

luns, 7 de outubro de 2013

Melloras nas beirarrúas do barrio

Xa empezaron as obras de sustitución do pavimento das beirarrúas da Rúa Coto e Cotaredo.
As xestións da Asociación Veciñal está empezado a dar os seus froitos.

Camiseta da asociación

Estimados socios-as e simpatizantes da AV "O Camiño das Fontiñas"

Estamos confeccionando unhas camisetas que sirvan para identificarnos coa nosa asociación e que axunden a publicitala. Son de algodón 100%, cor celeste e o seu prezo é 6€. Todos os que estén interesados en adquirir algunha, deberán remitir a súa solicitude, o antes posible, ao correo electrónico o.camino.fontinas@gmail.com, indicando o nº de camisetas, a talla e o modelo.
As tallas son: S, M, L, XL, XXL. 
Modelo A                                                              Modelo B

Imágenes integradas 3                       Imágenes integradas 4

Contestarase a todas as solicitudes segundo disponibilidade. 

mércores, 25 de setembro de 2013

Convocatoria de eleccións xunta directiva

ELECCCIÓN DA XUNTA DIRECTIVA 2013
Estimados socios/as:
Convócanse, para o 25 de outubro, as eleccións da Xunta Directiva da AV “O Camiño das Fontiñas”.
Este proceso celebrarase de acordo ao establecido nos estatutos e desenvolverase de acordo ao Regulamento para a elección da xunta directiva, aprobado o 23 de febreiro de 2012 . Ambos reformados na asemblea xeral extraordinaria o 2 de abril do 2013.
O proceso electoral comeza o día 25 de setembro e termina o día 25 de outubro coa asemblea xeral extraordinaria na que se elixe aos membros da Xunta Directiva. Desde o 25 de setembro ata as 24h. do 10 de outubro, todos os socios e socias poden presentar ante a Xunta Directiva actual, por correo certificado (Rúa de Jaca nº 5 – 1º B 15703 Santiago de Compostela) ou correo electrónico (o.camino.fontinas@gmail.com), a súa candidatura para formar parte da xunta directiva, segundo formulario que se xunta.
As candidaturas que se presenten poden ser:
  • Abertas (os socios presentan individualmente a súa candidatura para membro da xunta directiva).
  • Pechadas (grupo de 6 persoas que presentan a súa candidatura para todos os cargos da xunta).
A xunta directiva confirmará que todos os candidatos e candidatas cumpren os requisitos. Se non os reúnen, por escrito, seralles comunicada a falta de requisitos para que nun prazo de 3 días fagan as alegacións que correspondan a fin de ser validados como candidatos. A xunta directiva a vista das alegacións realizadas polos candidatos pronunciarase sobre as mesmas, como mínimo, 2 días antes da data da asemblea.


A presentación dos candidatos, votación e promulgación dos candidatos electos realizarase de acordo ao establecido nos artigos 31, 32, 33 e no Regulamento para a elección da xunta directiva.
A presidenta da Asociación. Marina López Prieto


"- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Formulario de candidatura aberta:
D./Dª.                                                                                 Con DNI:                                   Socio nº:         
Veciño/a da rúa:                                          Nº         Piso     Porta    CP:                   Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
Presenta a súa candidatura para formar parte da Xunta Directiva da Asociación e declara que cumpre cos requisitos esixidos nos estatutos para participar no proceso electoral da AV “O Camiño das Fontiñas”.
Santiago de Compostela a     de                  de 20



Sinatura

"- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Formulario de candidatura pechada:

As persoas que se relacionan presentan a súa candidatura ao distintos cargos da Xunta Directiva da Asociación e declaran que cumpren cos requisitos esixidos nos estatutos para participar no proceso electoral da AV “O Camiño das Fontiñas”.
  • Cargo de presidente:
D./Dª.                                                                               Con DNI:                       Socio nº: 
Veciño/a da rúa:                                                  Piso     Porta    CP:          
Localidade:
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil.
  • Cargo de secretario:
D./Dª.                                                                             Con DNI:                        Socio nº: 
Veciño/a da rúa:                                                  Piso     Porta    CP:          
Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
  • Cargo de tesoureiro:
D./Dª.                                                                       Con DNI:                              Socio nº: 
Veciño/a da rúa:                                                  Piso     Porta    CP:          
Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
  • Cargo de vocal 1:
D./Dª.                                                                         Con DNI:                               Socio nº: 
Veciño/a da rúa:                                                  Piso     Porta    CP:          
Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
  • Cargo de vocal 2:
D./Dª.                                                                         Con DNI:                            Socio nº: 
Veciño/a da rúa:                                                  Piso     Porta    CP:          
Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil
  • Cargo de vocal 3:
D./Dª.                                                                        Con DNI:                             Socio nº: 
Veciño/a da rúa:                                                  Piso     Porta    CP:          
Localidade.
E-mail:                                                                    Teléfono fixo                             Móbil

Santiago de Compostela a     de                  de 20
Sinaturas dos candidatos