- - Rúa de Jaca nº 5 – 1º B - - 15703 Santiago de Compostela - - E.mail: o.camino.fontinas@gmail.com - - Esta asociación cesou a súa actividade e está disolta por acordo dos seu socios e socias
Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral
domingo, 23 de xuño de 2013
domingo, 16 de xuño de 2013
Cacharela de San Xoán 2013
Estimados socios e socias, a Asociación vai a organizar este ano a sardiñada e a cacharela de San Xoán o próximo venres 21 de xuño, ás 21:00 horas.
Esta festa é gratis para todos aqueles socios e socias que teñan abonada a cota do ano en curso.
Co fin de estimar as sardiñas, o pan e as bebidas que se necesitan é necesario que todos os socios e socias se apunten chamando por teléfono ou escribindo un correo electrónico, antes do día 18 de xuño, indicando o número de persoas que van a asistir.
A sardiñada e a cacharela desenvolverase na rúa Cotaredo, á altura do Inem. As sardiñas empezaranse a asar ás 21:00 horas ata terminalas.
Co fin de estimar as sardiñas, o pan e as bebidas que se necesitan é necesario que todos os socios e socias se apunten chamando por teléfono ou escribindo un correo electrónico, antes do día 18 de xuño, indicando o número de persoas que van a asistir.
A sardiñada e a cacharela desenvolverase na rúa Cotaredo, á altura do Inem. As sardiñas empezaranse a asar ás 21:00 horas ata terminalas.
mércores, 5 de xuño de 2013
Parque de Fontiñas (noticia Correo Gallego)
El parque compostelano de Fontiñas, como la obra del Escorial
Pese a que los vecinos ya lo han estrenado, aún se están dando los últimos retoques
ELVA OTERO. SANTIAGO
Pese a que los vecinos lo estrenaron hace meses, el nuevo parque de Fontiñas aún no está listo. Faltan pequeños retoques como reasfaltar el núcleo de Cotaredo, colocar unas barandillas o inutilizar las salidas de luces de la zona de juegos, explica la concelleira del ramo, María Pardo. Aunque el espacio tendría que estar inaugurado desde hace un año, Raxoi todavía no ha recibido la obra debido a un rifirrafe con la junta de compensación del polígono 4. "La urbanización carece de garantías porque el anterior equipo de gobierno no lo exigió", advierte la edil. El depósito tendría que haber llegado a las arcas municipales coincidiendo con la aprobación definitiva del plan parcial, algo que no sucedió. "Al no existir tal garantía no podemos amenazar con la ejecución subsidiaria", continúa Pardo.
sábado, 25 de maio de 2013
Sardiñada de San Xoán
Estimados socios e socias:
A Asociación ten previsto organizar a tradicional sardiñada de San Xoán. Ao cadrar este ano en domingo o día 23 e ser festivo autonómico o 24, esta actividade pode ter pouco éxito por estar moitos veciños fóra de Santiago nesta datas.
Por este motivo proponse outras datas alternativas co fin de poder reunir maior número de socios/as e veciños/as do barrio. As datas son o venres 14 e o 21 de xuño e non se faría cacharela.
Se tes pensado vir este ano á sardiñada indícanos, antes do 1 de xuño e por correo electrónico, que data prefires e cantas persoas van acompañarte.
Venres 14 de xuño
|
Venres 21 de xuño
|
Domingo 23 de xuño
| |
Nº de persoas
|
Igualmente, solicítanse voluntarios/as para facer os distintos traballos desta actividade, lembrade que esta actividade está feita por socios/as para socios/as e requírese a colaboración e participación de todos/as. As persoas que desexen axudar indíqueno tamén por correo electrónico.
O día 3 de xuño comunicarase a todos os socios/as o resultado da enquisa e a data da sardiñada.
luns, 25 de marzo de 2013
Convocatoria Asemblea xeral extraordinaria
Data: Martes, 2 de abril ás 20:30 h. en convocatoria única
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 21 de febreiro de 2013
- Presentación e aprobación da reforma dos artigos 21, 25, 26, 27 e 33 dos Estatutos da Asociación e o regulamento para a elección da xunta directiva
- Lectura e aprobación da nota de prensa sobre o estado do barrio.
- Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina
López Prieto
Proposta de reforma dos
estatutos (nova redacción)
Artigo 21º. Xunta directiva
1. A xunta directiva estará formada polo
presidente da asociación, un secretario, un tesoureiro e tres vocais.
Artigo 25º. O presidente
O presidente da asociación será designado na asemblea xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos ata un máximo de 6. Será asistido nas súas funcións polo primeiro vocal que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
O presidente da asociación será designado na asemblea xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos ata un máximo de 6. Será asistido nas súas funcións polo primeiro vocal
Artigo 26º.- O secretario.
4. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade
do secretario este será substituído por un vocal. O presidente designará entre
os vocais a unha persoa que desenvolva esta función.
Artigo 27º.- O tesoureiro.
3. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade
do tesoureiro este será substituído por un vocal. O presidente designará entre
os vocais a unha persoa que desenvolva esta función.
Artigo 33º.- Proclamación dos candidatos.
Finalizada a votación e efectuado o reconto, o presidente da asemblea proclamará os candidatos e candidatas electos. Os candidatos electos constituirán a nova xunta directiva una vez remate o mandato da actual.
Finalizada a votación e efectuado o reconto, o presidente da asemblea proclamará os candidatos e candidatas electos. Os candidatos electos constituirán a nova xunta directiva una vez remate o mandato da actual.
luns, 18 de marzo de 2013
Ciclo de charlas divulgativas de saúde
A diabetes
Relator: Dr. Manuel Quintas Ares
Datas: 2, 16 y 30 de abril
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas
Hora: 19:30
Entrada libre
Relator: Dr. Manuel Quintas Ares
Datas: 2, 16 y 30 de abril
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas
Hora: 19:30
Entrada libre
Información da ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2013
Resumo
do tratado na asemblea xeral ordinaria, celebrada o 21 de febreiro de 2013, e
os acordo tomados.
Temas tratados:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 23 de febreiro de 2012.
- Información sobre as entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
- Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2012.
- Presentación e aprobación da memoria económica de 2012.
- Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2013.
- Presentación e aprobación da planificación económica para o 2013.
- Baixas de socios e socias.
- Proposta de reforma dos estatutos e do Regulamento para a elección da xunta directiva.
- Proposta de explotación da horta da Asociación.
- Rogos e preguntas.
Acordos:
Por unanimidade apróbase:
- A memoria de actividade, memoria económica e contas de 2012.
- A planificación de actividades a planificación económica para o 2013.
- Comunicar a baixa aos socios que non abonaron a cota de 2012.
- Requirir ao Concello para que arranxe as deficiencias no barrio relacionadas coas beirarrúas, pasos de peóns, rúas, alumeado, parques, etc.
- Informar aos grupos municipais sobre estas deficiencias e do esquecemento a que está sometido o barrio por parte do Goberno Municipal
- Denunciar a saída de augas fecais detrás do Mesón Os Concheiros.
- Convocar unha asemblea extraordinaria para a aprobación:
- Do escrito de reclamación de deficiencias do barrio.
- Da reforma dos estatutos no que re refire á composición da xunta directiva e o regulamento da súa elección.
Nota importante
Para facilitar o normal funcionamento da asociación e
desenvolvemento de actividades, todos os socios/as debemos abonar a cota anual
(12€) antes do 31 de marzo na CC que ten a Asociación en NovaGalicia Banco (2080-0392-24-3040004227).
Lémbrase a todos/as que é moi importante facer máis
socios/as. Unha masa social numerosa permite que os logros da Asociación sexan
maiores, no que se refire á atención prestada polas autoridades e responsables
de darnos servizos, e no que se refire á posibilidade de desenvolver actividades
no barrio. Este ano temos que ser 100 socios/as, fai socio/a ao teu veciño/a,
verás como vai a quedar satisfeito.
A
presidenta Marina López Prieto
sábado, 16 de febreiro de 2013
Convocatoria asemblea xeral ordinaria 2013
Data: Xoves, 21 de febreiro de 2013 ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:00 h. en
2ª convocatoria
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta da asemblea xeral do 23 de febreiro de 2012
- Información sobre as entrevistas co grupo de goberno municipal e cos outros grupos políticos.
- Presentación e aprobación da memoria de actividade de 2012.
- Presentación e aprobación da memoria económica de 2012.
- Presentación e aprobación da planificación de actividades para o 2013.
- Presentación e aprobación da planificación económica para o 2013.
- Baixas de socios e socias.
- Proposta de reforma dos estatutos e do Regulamento para a elección da xunta directiva.
- Proposta de explotación da horta da Asociación.
- Rogos e preguntas.
A Presidenta: Marina
López Prieto
Memoria de actividade de 2012.
A asociación desenvolveu durante o ano 2012
as seguintes actividades:
- Asemblea xeral ordinaria o 23 de febreiro de 2012.
- Entrevistas co Sr. Alcalde e con distintos concelleiros.
- Sardiñada de San Xoán.
- Magosto.
- Pincho do Nadal.
- Outras actividades (Colaboración co Centro Sociocultural de Fontiñas na Festa gastronómica do Entroido, excursións Vive, Vivamos, Vivenzas)
Memoria económica de 2012.
O saldo da asociación a 31 de decembro de
2012 é o que se presenta na seguinte táboa.
|
CC NOVACAIXAGALICIA BANCO
|
3.486,68 €
|
||
|
Subvencións Concello de Santiago
|
952,42 €
|
|
|
|
Caixa da Presidenta
|
105,84 €
|
||
|
SALDO a 31 de decembro
|
4.544,94 €
|
||
O balance económico do ano 2012 é o que se
presenta na seguinte táboa.
|
Conceptos
|
Ingresos
|
Gastos
|
|
|
Saldo da AV a 31 de decembro de
2011
|
4.605,50 €
|
||
|
Cotas de socios
|
637,00 €
|
|
|
|
Subvención Concello
|
952,42 €
|
|
|
|
Inversións
|
474,29 €
|
||
|
Administración
|
120,79 €
|
||
|
Actividades
|
1.019,10 €
|
||
|
Financeiros
|
35,80 €
|
||
|
Totais
|
6.194,92 €
|
1.649,98 €
|
|
|
SALDO a 31 de decembro
|
4.544,94 €
|
As contas están a disposición de todos os socios e socias o día da
asemblea ou cando se requira, solicitándoo no teléfono 609617566.
Proposta/planificación de actividades para o 2013.
A xunta directiva propón desenvolver en 2013
as actividades que se relacionan a continuación:
- Sardiñada de San Xoán, 23 de xuño, rúa Cotaredo. (Custo estimado 450 €)
- Festa da primavera, 4 ou 18 de maio no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos, de chave para adultos, concurso de tortillas de patacas. (Custo estimado 275 €)
- Festa do outono, 19 de outubro no parque de Fontiñas. Festa de xogos para nenos, de chave para adultos, magosto. (Custo estimado 275 €)
- Pincho de Nadal. (200 €)
- Ciclo de charlas sanitarias. Periodicidade trimestral sobre temas de saúde pública e comunitaria. (Sen custo para a AV, agás os que deriven da súa organización e que se imputarán ao capítulo de administración)
O custos do desenvolvemento destas actividades serán atendidos cos
fondos propios da asociación e con subvencións. Os custos doutras actividades
deberán ser asumidos polos seus promotores.
Proposta/planificación económica para o 2013.
A xunta
directiva propón e prevé un orzamento para o ano 2013 de 1.920 €, segundo se
especifica a continuación.
|
Concepto
|
Ingresos
|
Gastos
|
|
Cotas socios (60)
|
720,00 €
|
|
|
Subvencións
|
1.200,00 €
|
|
|
Inversións
|
|
400,00 €
|
|
Administración
|
|
284,00 €
|
|
Actividades
|
|
1.200,00 €
|
|
Financeiros
|
|
36,00 €
|
|
Totais
|
1.920,00 €
|
1.920,00 €
|
|
|
|
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
