Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

Regulamento de filiación de socios e socias

Introdución:
Este regulamento describe os requisitos, deberes e dereitos de filiación dos socios e socias da AV “O Camiño das Fontiñas”, así como o procedemento para darse de alta e de baixa na asociación.
Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:
       Ser maior de idade e identificarse cos fins da asociación.
       Maior de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade (titores) e identificarse cos fins da asociación.
 
Afiliación de socios/as:
Calquera persoa que cumpra cos requisitos indicados anteriormente poderá afiliarse á asociación de acordo ao seguinte procedemento.
       Presentar por escrito a solicitude de ingreso na asociación.
       Xunta directiva toma o acordo de admisión ou non admisión da persoa solicitante nun prazo máximo de 30 días, a non contestación neste prazo non significa que fóra admitida a súa solicitude. Todas as solicitudes deberán ser contestadas.
       Comunicación ao solicitante da resolución da xunta directiva. A resolución positiva será comunicada ao interesado/a, indicándose que ten un prazo de un mes para realizar o pago da cota anual. A resolución negativa será tamén comunicada ao interesado/a xustificándose o motivo da non admisión da solicitude, e contra a cal con cabe recurso algún por parte do solicitante.
       Recibida na asociación a confirmación do abono da cota anual, o socio/a será inscrito no libro de socios e socias da asociación e a partir dese momento poderá participar de pleno dereito en todas as actividades, asembleas, etc. da asociación.
       Comunicación ao socio da súa inscrición no libro de socios así como dos seus datos de identificación e de número de socio.
 
Desafiliación de socios/as:
Calquera socio ou socia pode causar baixa voluntaria ou por decisión da xunta directiva, debidamente xustificada. Pérdese a condición de asociado/a por:
       Por vontade propia comunicada por escrito á asociación.
       Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
       Por expulsión do asociado ou asociada:
-       Por incumprimento do establecido nos estatutos.
-       Pertencer a outra asociación cos mesmos ou similares obxectivos e ámbito territorial.
-       Por non pago da cota anual, tralo previo requirimento e aviso da xunta directiva, e de acordo ao establecido no apartado de cota anual de socio/a deste regulamento.
-       Por expediente de expulsión, polo incumprimento das obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da asociación. O interesado/a será informado sobre a apertura en contra súa do correspondente expediente, poderá este realizar as alegacións que considere oportunas no prazo de un mes, antes de que a xunta directiva resolva definitivamente o expediente de expulsión.
-       O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola asemblea xeral extraordinaria e contra a súa resolución non cabe recurso algún no ámbito da asociación.
 
Dereitos dos asociados/as:
Os contemplados no artigo 9 dos estatutos da asociación.
 
Obrigas dos asociados/as:
Os contemplados no artigo 10 dos estatutos da asociación.
 
Cota anual de socio/a:
As cotas teñen sempre carácter anual (ano natural). A cota por socio/a establécese en 12€ anuais, independentemente do mes do ano en que se inscriba. Co fin de favorecer a participación nas actividades da asociación das familias e incrementar o número de socios/as, establécese unha cota anual de 6€ para segundos ou sucesivos socios/as e menores dunha unidade familiar, que así o acrediten cando realicen a súa solicitude.
A cota resultante das unidades familiares abonarase nun recibo único e calcularase aplicando a seguinte formula: Cota anual familiar =12€+((S+M)*6€), sendo S o nº de sucesivos socios e M o nº de socios menores. As cotas familiares sempre terán un sumando de 12€ e outro de 6€*(S+M).
Co fin de facilitar o normal funcionamento da asociación, a cota será abonada antes do 31 de marzo do ano en curso.
Todas as persoas que non abonen a cota, no primeiro trimestre de cada ano, serán avisadas do incumprimento de este importante deber e que, de acordo a este regulamento, non poderán participar nas actividades da asociación ata que abonen a cota, aínda que sí nas asembleas.
Se o socio/a non abona a cota, correspondente a un ano natural, será dado de baixa na asociación e esta seralle comunicada ao interesado/a e á asemblea de socios/as.
A baixa de calquera socio/a por calquera das causas contempladas nos estatutos e neste regulamento non dá dereito a recibir contraprestación económica ou material da asociación. Contra esta resolución da xunta directiva e a súa ratificación pola asemblea xeral non cabe recurso algún.

Aprobado en asamblea xeral extraordinaria de 7 de maio de 2014