Asociación

Asociación
Este blog permanecerá aberto para o interese xeral

Convocatoria de asemblea xeral ordinaria

Data: Xoves, 23 de febreiro ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e as 20:00 h. en 2ª convocatoria
Lugar: Sala de encontros xuvenís, 1º andar do Centro Sociocultural de Fontiñas.
Orde do día:
  • Lectura e aprobación das actas das asembleas xerais extraordinarias do 24 de xuño e do 27 de outubro de 2011.
  • Presentación memoria de actividade de 2011.
  • Presentación memoria económica de 2011.
  • Presentación da planificación de actividades para o 2012.
  • Presentación da planificación económica para o 2012.
  • Lectura e aprobación do regulamento de filiación de socios e socias.
  • Lectura e aprobación do regulamento para a elección da xunta directiva.
  • Información sobre as entrevistas cos grupos políticos municipais.
  • Rogos e preguntas.
A Presidenta Marina López Prieto